Club de Ciencia
O Club de Ciencias do noso centro presenta os seus estudios de investigación...
O Club de Ciencias presenta os resultados dos seus primeiros Proxectos de Investigación Científicos. No seu segundo ano de traballo, coordinado pola compañeira Concha Villar Moure, publicar os resultados e conclusións dos seus estudios científicos...
FINALISTAS nos desafíos sobre Economía Circular de GALICIENCIA

ELAS PODEN, TI PODES!
O alumnado de 4º ESO participou no programa ‘CONÓCELAS’, unha iniciativa da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (ASEICA), que reúne a cerca de 150 científicas en colexios de toda España para visibilizar ás investigadoras que hai "detrás da bata" e conmemora o Día da Muller e a Nena na Ciencia.
A través dunha conexión virtual e en directo, o alumnado puido descubrir e falar directamente con unha das “detectives do cancro”: a científica Antonia Tomás Loba, que traballa actualmente nun proxecto que investiga a influencia dos ritmos circadianos no desenvolvemento de tumores. Toñi non só redactou a súa traxectoria como científica senón que transmitiu optimismo e motivación, destacando o poder das mulleres na ciencia e a importancia de soñar e atreverse.
Coa participación neste evento, visibilizamos a labor das mulleres investigadoras, fomentamos novas vocacións científicas e animamos ao alumnado e, en particular, ás nenas do noso centro a que se interesen pola Ciencia.
III Concurso Luis Gustavo - convocatoria 2021-2022
Xa temos en marcha a terceira edición o III Concurso de Ciencias na honra do noso "principiño" Luis Gustavo Rodríguez Taboada.
O noso centro IES Laxeiro (Lalín) convoca o: III Concurso De Ciencia Luís Gustavo Rodríguez Taboada
O obxectivo do concurso é promover o espírito crítico, a curiosidade e a busca do coñecemento para contribuír a desenvolver a sostibilidade ambiental, económica e social, a través da innovación e a solución de problemas individuais e globais.
Este ano o concurso será fotográfico e o tema: ECONOMÍA CIRCULAR
O III Concurso de Ciencia "Luis Gustavo Rodríguez Taboada" recollerá os traballos ata o 30 de maio de 2022.
Para saber mais >> Acceder a Páxina Web do Concurso Luis Gustavo.
Noticia publicada no Faro de Vigo -> https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2021/12/18/uxia-rapado-gana-segunda-edicion-60802748.html
Noticia publicada na Voz de Galicia -> https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2021/12/18/uxia-rapado-ganadora-premio-luis-gustavo-rodriguez/0003_202112D18C2991.htm
Decoración de Nadal con Ciencia!
Felicitamos as festas con símbolos químicos da táboa periódica e montamos a árbore de nadal empregando material de laboratorio: soporte metálico, pinzas e matraces esféricos.
Fe - Li - Ce - S Fe - S - Ta - S
Para obter os diferentes líquidos de cores realizamos a práctica de medición do pH con col lombarda. A experiencia mostrou como a lombarda pode ser empregada como un indicador de pH natural e permitiu construír unha escala de pH segundo as cores obtidas para as substancias analizadas.
MES DA CIENCIA EN GALEGO
O club de ciencia do IES Laxeiro celebra o mes da Ciencia en Galego coa realización dunha serie de actividades que permiten divulgar o coñecemento dun xeito diferente e accesible a toda a comunidade educativa. A programación inclúe proxeccións audividuais, elaboración de carteis en honor aos homenaxeados, exposicións científicas e talleres para experimentar.
- Preparación e montaxe da exposición de minerais e rochas.
- Exposición recursos naturais de Galicia e xogos vinculados.
- Elaboración de carteis en honor aos homenaxeados.
- Exposición albúms ilustrados e outros libros de ciencia
- Snack experiments- efecto invernadoiro.
- Cine e debate - The Imitation Game e Ex Machina.
- Criptografía e construción de aparellos de encriptación-desencriptación.
INFLUENCIA DA COVID-19 EN PARÁMETROS DA VIDA DOS ADOLESCENTES
Estudio complementario ao de Seguridade nas Aulas en tempos de COVID
Presentamos a memoria informe do estudio científico que fomos desenvolvendo ao longo de este curso 2020-2021 como proxecto complementario ao estudio de Seguridade nas Aulas en tempos de Covid.
Nesta parte fíxose mais caso a deseñar e fabricar un medidor de CO2, dende unha perspectiva do "hardware libre" coñecido como unha extensión do proxecto ARDUINO. O Medidor da calidade do aire das nosas aulas resultou económico, unha solución baseada no ESP32 conectado con dous sensores de tipo analóxico MQ-135 e de tipo dixital CSS811.
O "plus" de este estudio, realmente, foi o de experimentar unha das aplicacións do IoT (Internet of Things), o Internet das cousas e o servizo da nube, Cloud Computing (ThingSpeak), para un ámbito científico escolar.
Un éxito!
Acceso ao Documento --> Memoria Informe do Estudio complementario ao de Seguridade nas Aulas en tempos de Covid.
Acceso a unha Carpeta compartida onde está todos os recursos e materiais do estudio. Memoria Informe, documentos, gráficos, programas...
Tabla periódica tridimensional terminada.
Este ano terminouse o proxecto da táboa periódica tridimensional. O ano pasado fixemos tres caras: o símbolo, as propiedades e as aplicacións. Este ano completamos con mulleres científicas galegas, e algunha internacional. Na cuarta cara está un código QR en cada científica que vos leva á información que buscastes o ano pasado, e que o departamento de galego axudou a pulir. Moitas gracias a tod@s por participar. Ide a ver como quedou o voso traballo.
ROMPECOCOS
Ante a situación de crise ocasionada pola COVID-19, este curso decidimos facer actividades individuais en lugar das de grupo coas que traballamos estes últimos anos.
A finais do primeiro trimestre decidimos facer un concurso no que os alumnos deberán resolver retos matemáticos coa finalidade de que desenvolvan os conceptos aprendidos aplicando razoamentos lóxico-matemáticos, espaciais e lingüísticos; que melloren a capacidade de reflexión, a análise, a exploración de alternativas e a precisión na linguaxe á hora de expoñer conclusións. Parabéns aos gañadores!!!
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »
