Reconto dos traballos científicos do noso Club de Ciencias - Curso 2022-2023
Dende o Club de Ciencias do IES Laxeiro, recollemos e publicamos os resultados das investigacións e outras actividades realizadas neste curso 2022-2023.
Fai Click en cada ligazón para acceder ao documento adxunto.
TÍTULO | Descrición |
Profesor Coordinador Departamento |
|
I. | A CAIXA SOSTIBLE | A Caixa Sostible é un proxecto de divulgación da Ciencia e Tecnoloxía levado a cabo por 12 docentes e investigadores da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo e dirixido ao alumnado dos Centros de Ensinanza Secundaria de Galicia. O alumnado do club de ciencia realizou as actividades propostas e o profesorado participou nas diferentes reunións para a coordinación e execución das dinámicas propostas, resultando un proxecto de colaboración entre os investigadores da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, o profesorado e o alumnado participante do noso IES. O obxectivo principal é fomentar ou despertar vocacións científico-técnicas mediante a implicación do alumnado no desenvolvemento de diferentes actividades guiadas, de tipo experimental, relacionadas con: i) a sostibilidade e eficiencia enerxética do instituto, ii) a eficiencia luminosa do instituto e municipio, iii) a calidade das augas, iv) a xestión sostible dos recursos mineiros da entidade local e v) a posta en valor do patrimonio xeoloógico-arqueolóxico. Estas temáticas están estreitamente relacionadas cos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible (ODS) da Axenda 2030 |
Juan J. Rodríguez Siaba / Tecnoloxía Cristina Iglesias Iglesias / Física e Química Concepción Villar Moure / Bioloxía |
II. | XESTIÓN DOS RESIDUOS NO IES - ECOPLAN II | Os galegos e galegas xeramos aproximadamente 1 quilogramo de lixo por persoa e día nos nosos fogares, pero os residuos urbanos inclúen tamén os lodos de depuración e os residuos da construcción e derrubo (mal chamados entullos), de forma que, sumados todos eles, chegamos aos 3 kg por persoa e día... OBXECTIVOS ● Extraer conclusións sobre cuestións ambientais a partir de distintas fontes de información. ● Relacionar o consumo dalgúns produtos e a deterioración do medio. ● Coñecer os tipos de residuos e as opcións de xestión dos mesmos. ● Argumentar a orixe dos residuos valorando a súa xestión. ● Actuar no entorno máis próximo para reducir a xeración de residuos, optar por produtos máis sostibles e a separar en orixe os residuos para a súa reciclaxe. ● Realizar procedemenos sinxelos de reciclaxe de residuos. | Concepción Villar Moure / Bioloxía |
III. | ACUAPONÍA CON ENERXÍA SOLAR | A acuaponía pode definirse como a combinación dun sistema de acuicultura recirculante coa hidroponía, definindo acuicultura como o cultivo de animais e plantas acuáticas en sistemas controlados, e hidroponía como o cultivo de plantas colocando as raíces en solucións con nutrientes. Neste traballo pretendimos fusionar acuicultura, hidroponía e instalación de panel solar para comprobar se é posible falar de simbiose entre o cultivo de plantas e a cría de peixes e se ademais é viable e pode considerarse unha alternativa orientada ao desenvolvemento sostible. |
José Antonio Fernández Casal Concepción Villar Moure / Bioloxía
|
IV. | A MALETA CIENTÍFICA | Construir unha maleta científica que conteña os elementos necesarios para a realización de diferentes experimentos e as súas correspondentes fichas descritivas, como un instrumento para a introdución, o aprendizaxe e a ensinanza de cultura científica. Desenvolver a creatividade para o deseño da maleta, a iniciativa persoal e toma de decisións para a selección dos pequenos experimentos e a capacidade de organización para a planificación de actividades demostrativas. |
Cristina Iglesias Iglesias / Física e Química Concepción Villar Moure M.ª Pilar Rodríguez Sanmartín / Bioloxía |
V. | CIENCIA COTIÁ | A ciencia está presente en multitude de actividades da vida cotiá sen que os alumnos e alumnas sexan conscientes dos cambios químicos que se producen. Un exemplo son as reaccións químicas que teñen lugar empregando como reactivos, algúns produtos que empregamos para o mantemento e a limpeza do fogar ou para o noso coidado persoal e que, se non se empregan de maneira correcta e coidadosa, a súa manipulación pode ter efectos nocivos na saúde (Mancías, 2003). Por outra banda, a experimentación permite que o alumnado desenvolva a súa curiosidade podendo aumentar a súa motivación cara ao coñecemento, mellorar o traballo en equipo e conciencialos das súas capacidades e habilidades (Flores, Moreira, & Caballero, 2009). |
Tamara Rodríguez Cabo / Física e Química |
VI. | IMOS DE VIAXE | Neste proxecto, que se levou a cabo entre os máis pequenos do noso clube de Ciencia, preténdense reflexar e integran todas as competencias clave. Este proxecto incorpora un plantexamento didáctico en torno ás TIC, pretendendo enriquecer os recursos traballados previamente nas aulas, mellorando a aprendizaxe do alumnado, vinculando a mesma co mundo real e máis próximo. Para isto decidimos levar a cabo a organización dunha viaxe de como máximo 5 días, que consideramos unha actividade motivadora, que axuda a alcanzar os niveles congnitivos desexados con maior facilidade. |
Cristina Cuñarro Jácome Mª del Carmen González Faílde / Matemáticas |
VII. | NÓS TAMÉN NOS COIDAMOS | Na sociedade actual , o ritmo de vida marcado pola situación laboral, nuns casos, e pola falta de referencias, noutros, fai que os hábitos alimentarios non sexan os máis axeitados no noso alumnado, de aí a necesidade de facer este estudo para insistir e tratar de mellorar a súa alimentación |
Edita Astrar Martínez |
VIII. | O AZUCRE NOS ALIMENTOS | Cremos que é fundamental facer conscientes aos nenos e nenas desde que son pequeños da importancia dun consumo moderado do azucre. Non coñecemos, en xeral, a cantidade de alimentos que conteñen azucre e as elevadas cantidades que estes posúen. Parécenos que só a bollería e o doce son alimentos ricos en azucres e non é así, xa que son moitos os alimentos que consumimos a diario que teñen un elevado nivel desta substancia. | Cristina Cuñarro Jácome Edita Astrar Martínez / Matemáticas |
IX. | CIENCIA EN GALEGO | Con este proxecto baseado na divulgación científica, principalmente por parte do alumnado, pretendemos, non só dar valor ao traballo dos estudantes, que con pequenos experimentos explican a base científica de moitas situacións da vida diaria ou de fenómenos que podemos observar ao noso redor senón tamén, favorecer o achegamento á ciencia doutros alumnos e alumnas do centro e potenciar o interese por aprender, por investigar e por difundir ciencia na nosa lingua, en galego. | Profesorado de bioloxía, física e química e matemáticas do club de ciencia: Cristina Iglesias Iglesias, Helena Pérez Alvarez, Edita Astrar Martínez e Susana Guerreiro. Pilar Rodríguez Sanmartín. |
X. | ÁRBORES CIENTÍFICAS | A xeometría forma parte da nosa vida cotiá. Permítenos coñecer formas, orientarnos no espazo e resúltanos útil para observar e desenvolvernos mellor na realidade que nos rodea, o noso entorno. Ademais axuda a mellorar o pensamento e o sentido espacial. A ensinanza da mesma ao igual que a súa aprendizaxe non consiste tan só en recoñecer as formas e os seus elementos, senón en observar, manipular, explorar, comparar, experimentar, imaxinar e desenvolver o pensamento creativo. | Profesorado de bioloxía, física e química e matemáticas do club de ciencia. |
XI. | CONCURSO EFICIENCIA E AFORRO ENERXÉTICO | Este ano o concurso foi fotográfico e o tema: eficiencia e aforro enerxético. O obxectivo da IV edición do concurso foi promover un uso racional da enerxía tanto nos fogares como nos espazos públicos concienciando á xuventude e comunidade educativa sobre os beneficios do aforro enerxético e a importancia de eficiencia enerxética en base á sostibilidade ambiental, económica e social. | Profesorado do club de ciencia: Cristina Iglesias Iglesias, Edita Astrar Martínez, Mª del Carmen González Faílde, Concepción Villar Moure, Juan J. Rodríguez Siaba |
XII. | COÑÉCEAS | Con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o alumnado do IES participou no programa ‘CONÓCELAS’, unha iniciativa da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (ASEICA), que reúne a cerca de 150 científicas en colexios de toda España para visibilizar ás investigadoras que hai ‘detrás da bata’. |
Profesorado de Bioloxía |
Enorme traballo, Parabéns!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
I. A CAIXA SOSTIBLE.pdf | 35.04 MB |
II. XESTIÓN DOS RESIDUOS NO IES - ECOPLAN II.pdf | 30.72 MB |
III. ACUAPONÍA CON ENERXÍA SOLAR.pdf | 11.92 MB |
IV. A MALETA CIENTÍFICA.pdf | 14.26 MB |
V. CIENCIA COTIÁ.pdf | 4.21 MB |
VI. IMOS DE VIAXE.pdf | 90.5 KB |
VII. NÓS TAMÉN NOS COIDAMOS.pdf | 1.59 MB |
VIII. O AZUCRE NOS ALIMENTOS.pdf | 372.22 KB |
IX. CIENCIA EN GALEGO.pdf | 3.19 MB |
X. ÁRBORES CIENTÍFICAS.pdf | 1.88 MB |
XI. CONCURSO EFICIENCIA E AFORRO ENERXÉTICO.pdf | 3.04 MB |
XII. COÑÉCEAS.pdf | 1.18 MB |
»