Matemáticas
O Club de Ciencias do noso centro presenta os seus estudios de investigación...
O Club de Ciencias presenta os resultados dos seus primeiros Proxectos de Investigación Científicos. No seu segundo ano de traballo, coordinado pola compañeira Concha Villar Moure, publicar os resultados e conclusións dos seus estudios científicos...
Profesorado Matemáticas
Nome e Apelidos | Cargo / Titoría |
Beatriz Boan Fernández | Xefe de Departamento |
Susana Guerreiro Paz | |
Marina Pardal Varela | Secretaria |
Esther Virtudez Ruiz Lineros | Titora 4º ESO C |
Paula Fuciños Asorey | |
Lidia Margarita López-Ron Martínez | Titora 1º ESO C |
Mª Carmen González Faílde Cristina Cuñarro Jácome |
Titora 1º ESO A Titora 3º ESO PMAR
|
Reconto dos traballos científicos do noso Club de Ciencias - Curso 2022-2023
Dende o Club de Ciencias do IES Laxeiro, recollemos e publicamos os resultados das investigacións e outras actividades realizadas neste curso 2022-2023.
Fai Click en cada ligazón para acceder ao documento adxunto.
Mes da Ciencia no IES Laxeiro
Como cada ano, celebramos o mes de novembro como da Ciencia en Galego. Dende o noso centron dende o Club de Ciencias e do Equipo de Normalización Lingüística, están a planificar un conxunto de actividades para disfrutar da Ciencia en Galego. A Proposta de actividades é moi diversa e conta coas seguintes, e moito máis...
Propostas de actividades para o mes da Ciencia Novembro | |
|
Departamento de Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía |
|
Departamento de Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía |
|
Departamento de Física e Química |
Temática: Eficiencia enerxética |
Xa temos testimonios de Boas Prácticas no noso centro, aquí tendes unha mostra no seguinte vídeo:
Vídeo realizado por Cristina Iglesias Iglesias - Profesora de Física y Química
Proxectos do Club de Ciencias 2022
Xa estamos a finais do curso escolar 2021-2022, e outro ano máis recollemos os Proxectos do noso Club de Ciencias:
MES DA CIENCIA EN GALEGO
O club de ciencia do IES Laxeiro celebra o mes da Ciencia en Galego coa realización dunha serie de actividades que permiten divulgar o coñecemento dun xeito diferente e accesible a toda a comunidade educativa. A programación inclúe proxeccións audividuais, elaboración de carteis en honor aos homenaxeados, exposicións científicas e talleres para experimentar.
- Preparación e montaxe da exposición de minerais e rochas.
- Exposición recursos naturais de Galicia e xogos vinculados.
- Elaboración de carteis en honor aos homenaxeados.
- Exposición albúms ilustrados e outros libros de ciencia
- Snack experiments- efecto invernadoiro.
- Cine e debate - The Imitation Game e Ex Machina.
- Criptografía e construción de aparellos de encriptación-desencriptación.
DÍA DE PI
Para celebrar o día de PI fixemos varias actividades con un resultado moi positivo. As actividades mais salientables foron:
• Unha exposición na que se recollía a evolución do número PI ao longo da historia e as súas aplicacións.
• Obtivemos aproximacións ao número PI medindo as lonxitudes de circunferencias que os alumnos debuxaban en folios e dividíndoas entre o diámetro. As lonxitudes das circunferencias medímolas con anacos de lá. Algunhas aproximacións foron realmente boas!
• O alumnado decorou cifras do 0 ao 9 e logo construímos o número PI sobre as paredes do instituto.
• Fixemos un concurso de isoPIas no que os alumnos fixeron frases coas cifras do número PI. Parabéns aos gañadores!!!
Impresión 3D, creatividade e diversión con xenomas.
Como se chega dende as largas secuencias con só catro letras (A, C, G, e T) á expresión de características e funcións biolóxicas? Que é o código xenético? A resposta atopámola empregando unha ferramenta orixinal e estimulante que permite aos estudantes investigar os pasos na síntese de proteínas: un puzzle elaborado con madeira e pintado polo alumnado empregando as plantillas que obtiveron por impresión 3D.
Acceder ao documento --> estudio científico
Seguridade nas aulas en tempos de COVID.
O alumnado do Club de Ciencia realizou unha exhaustiva investigación e análise estadístico para contrastar se co protocolo establecido a media de CO2 en aulas piloto podía considerarse por debaixo do umbral de 800 ppm e se as diferenzas en canto as características físicas da aula e número de alumnos e alumnas no grupo non influían nos niveles de CO2.
Documento adxunto ---> Seguridade nas aulas en tempos de COVID .pdf
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
