Actividades
2º CSAF: MASTERCLASS DE "MOVEMENTOS OLÍMPICOS" CON CARLOS FERNÁNDEZ (XIMNASIO Ferro´S)
O alumnado de 2º curso do CSAF realizou a pasada semana unha actividade complementaria con Carlos Fernández, técnico do Ximnasio Ferro´S de Lalín. A formación centrouse no desenvolvemento de progresións para a aprendizaxe dos "movementos olímpicos", exercicios especificos para o adestramento de forza con pesos libres. A actividade desenvolveuse en 3 horas lectivas na aula de prácticas do CSAF no Lalín Arena, dentro da programación do módulo "Fitness en sala de adestramento polivalente".
Esforzo e superación
O IES. Laxeiro seleccionado para participar no programa de inmersión lingüística "OUTONO 2013"
Un grupo de 25 alumnos/as de 3º ESO do IES.Laxeiro participarán entre o 24 e o 30 de novembro nas actividades de inmersión lingüística que terán lugar no Centro de Excelencia para a Formación en Inglés dos Peares. Os Peares. Pena. Carballedo(Lugo).
Xunto co IES. Laxeiro estarán na mesma quenda os seguintes centros:
IES Plurilingüe Fontem Albei da Fonsagrada
IES Manuel Murguía de Arteixo
CPI As Revoltas de A Cabana
IES Canido de Ferrol
Trátase dun curso residencial de lingua inglesa, non dun campamento de verán,O alumnado recibirá cinco horas de clase diarias de luns a venres e onde realizarán actividades comunicativas reais en inglés, nun ambiente angloparlante.
Para máis información consultar o seguinte enlace
Toda estas actividades ademais terán lugar nun marco incomparable do noso interior galego: Pena . Os Peares
De toda actividade os pais/nais do alunnado participante terá cumplida información nos próximos días , comenzando por unha circular que recibirán proximamente
Un grupo de alumnos do IES Laxeiro, gañador da primeira edición Parlamento xove de debate
Coordinados polo profesor Manuel Igrexas, os alumnos de Bacharelato do IES Laxeiro Yolanda Gordedo, Marcos Vilas, Lucía Riádigos, Fátima Mosteiro e Roi Gallego, resultaron gañadores da primeira edición do Parlamento Xove, anteriormente denominado Liga de Debate, tras superar na final ao centro SEK Atlántico de Pontevedra.
3º ESO B participou no RALLY MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS 2010
O grupo 3º ESO B do IES LAXEIRO participou no XVII RALLY MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS.
O RALLY celébrase desde 1991 a iniciativa do IREM (Institute pour la Recherche et L'Enseignement des Mathématiques) de Aquitaine. Participan grupos de alumnos de 3º e 4º de ESO de distintas comunidades (Cataluña, Baleares, Aragón, Galicia) e doutros países como Portugal, Andorra e Francia.
Todas as clases inscritas resolveron o mesmo día, 22 de marzo, e á mesma hora os problemas propostos polo IREM de Toulouse.
Os gañadores de cada unha das zonas participarán na Fase Internacional o día 7 de maio en Toulouse.
Xornadas de Orientación Laboral no IES.Laxeiro
Os días 23, 24 e 25 do mes de marzo terá lugar no IES. Laxeiro de Lalín unha nova edición das Xornadas de Orientación Laboral, nas que o eido agrario, as enerxías renovables , os procesos de selección e o futuro do automóbil serán algúns dos temas destacados .
Programa Semanas Brancas 2010 na estación de esquí de San Isidro
Alumnos e alumnas de 1º da ESO do IES Laxeiro participarán entre o 22 e o 26 de marzo na estación San Isidro (León), no programa Semanas Brancas. Os escolares conxugarán a práctica do esquí na estación situada na comarca do Alto Porma, no municipio de Puebla de Lillo, con actividades como a práctica de sendeirismo ou a visita á cidade de León.
Liga Fútbol Sala
O xoves 11 de xuño, no pavillón municipal de Lalín, xogouse a Final da Liga de Fútbol Sala 08/09 do IES Laxeiro. Os equipos que disputaron este partido foron "Entendes" e "Castigadores" cun resultado de 7-4 a favor de "Entendes". O equipo que acadou o 3º posto foi "Unión Penosa".
Obradoiro de papiroflexia
O pasado día 4 de xuño anticipamos a celebración do día do medioambiente dunha forma moi especial. O alumnado de primeiro ciclo da ESO que forma parte do comité ambiental asistiu a un obradoiro de papiroflexia, onde coñeceron a historia de Sadako Sasaki e fixeron grúas de papel.
II Festival das Letras Galegas
O pasado 29 de maio tivo lugar no patio do centro o II Festival das Letras Galegas. Foi unha xornada na que participou toda a comunidade escolar do instituto con moito interés e respecto polas actuacións desenvolvidas polo alumnado.
Nestas actuacións houbo dende danzas renacentistas ata hip-hop con algunha que outra pincelada de música barroca, de canción tradicional e canción pop. Tamén contamos con grupos de percusión corporal, charanga, monólogos, demostracións de parkour e con unha exhibición de taqueos.
Como colofón ao festival púxose en marcha o proxecto "Os ciclos xeran enerxía" consistente en producir electricidade para alimentar unha emisora de radioafeccionado a través das pedaladas de tres bicicletas.
