Inglés
Profesorado Inglés
Nome e Apelidos | Cargo / Titoría |
Xosé Manuel López Fernández Mª Dolores Rúa Barca |
Xefe Estudios Nocturno Xefa do Departamento |
Raquel López Rodríguez | Titora 3º ESO B |
Xurxo Feijoo García | Titor 2ºBAC B |
Mónica Fondevila Samartín |
Titora 4º ESO B
|
Carme Sampedro Miranda | 2º ESO B |
Programación de Inglés curso 2020-2021
Nos aruivos adxuntos podedes consultar a programación de inglés de Bacharelato, ESO, e de CUALE
Intercambio co Auguste Viktoria Schule de Itzehoe (Alemaña)
Un grupo de dezaseis estudantes de 3º de ESO participa no intercambio co Auguste Viktoria Schule (AVS), situado na localidade alemá de Itzehoe, no estado federado de Schleswig-Holstein. Esta pequena cidade duns 30.000 habitantes atópase a 50 km de Hamburgo e acolle aos estudantes dezaos do 2 ao 9 de marzo. Alí conviven coas familias e asisten a clase no Gymnasium AVS, o equivalente aos nosos institutos pero que só acolle estudantes que optan á universidade ou outros estudos superiores. A escola conta coa materia de español como optativa e son estes estudantes acollen aos do Laxeiro. Esta experiencia educativa permite a inmersión na cultura e vida diaria das familias alemás pois conviven con elas e asisten ás clases cos seus anfitrións. O programa tamén contempla actividades culturais e deportivas e a visita á cidade de Hamburgo. O alumnado da Auguste Viktoria Schule (AVS) estará no IES Laxeiro do 11 ao 17 de maio.
Programación de Inglés curso 2019-2020
Nos aruivos adxuntos podedes consultar a programación de inglés de Bacharelato, ESO, e de CUALE
Caderno do proxecto Tunnel of Time
No caderno do proxecto podemos ollar o resultado das tarefas realizadas polos estudantes dos catro países socios. A versión impresa do caderno está dispoñible nos centros escolares da comarca, biblioteca así como nas institucións colaboradoras.
O filme do proxecto Tunnel of Time
O filme do proxecto Tunnel of Time, epítome do desenvolvemento do mesmo.
A vida escolar nos centros participantes no proxecto Tunnel of Time
Un filme que mostra a vida durante o curso nas escolas socias no proxecto Erasmus+ 2017-19 Tunnel of Time.
Charla de difusión da visita ao Jynkänlahden koulu (Kuopio, Finlandia)
O alumnado participante na cuarta actividade de ensino, aprendizaxe e formación do proxecto Tunnel of Time difunden a súa experiencia entre as e os compañeiras/os.
Participación do IES Laxeiro no encontro internacional en Kuopio (Finlandia)
O IES Laxeiro participa, no marco do proxecto Erasmus+ Tunnel of Time, nun encontro internacional na cidade finesa de Kuopio xunto con delegacións do centro escolar Şehit Mehmet Şengül Ortaokulu, sito na cidade turca de Tekirdağ, do Collège Marthe Dupeyron, da vila francesa de Langogne e os seus correspondentes do Jynkänlahden koulu na cidade nórdica. Un total de 20 estudantes, 6 deles lalinenses de 4º de ESO, son acollidos por outras tantas familias de Kuopio, mergullándose deste xeito na vida local de modo completo e mesmo na escolar pois participan de boa parte das súas actividades, xa derradeiras ao remataren o curso escolar no mes de maio.
