Relixión
Profesorado Relixión
Nome e Apelidos | Cargo / Título |
Pilar Valladares García |
Xefa de Departamento Titora 3º ESO C |
Colaboramos coa Residencia de Maiores de Campolongo
O IES Laxeiro afánase elaborando postais e cartas para a residencia de maiores de Campolongo, Pontevedra. Neste caso foi o alumnado de Relixión que, en colaboración co Departamento de Orientación, traballou arreo para facerlles un Nadal máis ameno e inesquecible. Toda unha lección de vida para o noso alumnado que se enriqueceu de valores e vínculos sociais tan fundamentais e necesarios na nosa sociedade.
![]() |
|
Xa van aparecendo referencias desta fermosa e fantástica iniciativa na prensa:
- https://cadenaser.com/galicia/2022/12/21/la-residencia-de-mayores-de-campolongo-supera-ya-las-10000-cartas-radio-pontevedra/
- https://www.eldiario.es/galicia/ancianos-residencia-pontevedra-reciben-miles-cartas-iniciativa-denuncia-soledad_1_9806312.html
Programación e contidos mínimos 2020-2021
Na ligazón que seguen pódese descargara a programación do departamento cos criterios de avaliación e cualificación para o curso 2020/21.
Día da Paz
Os departamentos de Relixión, Orientación e Plástica conmemoraron o 30 de Xaneiro , Día da Paz, con dúas exposicións tituladas: "A paz nas distintas relixións" e " A Paz: do A ao Z".
Na primeira o alumnado buscou frases célebres de persoaxes representativos de cada relixión , co obxectivo de mostrar que todas elas perseguen o mesmo fin: A Paz, un punto máis no logro da harmonía.
Coas distintas letras do alfabeto o alumnado e titores de ESO eleboraron tamén listados de palabras para conmemorar este día.
Aquí tes algunhas fotos.
