Equipo de Normalización, Grupo TIC, Grupo Convivencia, Axenda 21, Información xeral, Integrantes e grupos , Actividades, Recursos, Información xeral, Recursos, Funcións, Plan de convivencia, Recursos, Actividades, Actividades, Igualdade de xénero, Información xeral, Actividades
Integrantes do grupo de Dinamización das TIC
Nome e Apelidos | Función | Área |
D. Eugenio Grande Sierra | Asesor Externo | Lingua Castelá |
D. Samuel Antonio Malvar Mouco | Dinamizador - responsable Google APPs | Francés |
D. Juan José Rodríguez Siaba | Dinamizador | Tecnoloxía |
D. Xosé Manuel García García | Dinamizador en comisión de servizos - Asesor externo | Educación Física |
D. Jorge Fuentes Montoto | Coordinador TIC/ABALAR/E-DixGal | Tecnoloxía |
D. Javier López Fernández | Asesor Externo | Inxeñeiro Telecomunicacións |
D. Xosé Manuel López Fernández | Dinamizador - Director do centro | Inglés |
Axenda 21 escolar Galega
"A Axenda 21 Escolar permite ao alumnado analizar e comprender a problemática medioambiental do seu entorno e prepararse para o exercicio cidadán responsable en pro dunha sociedade máis xusta e ecolóxicamente sostible"
É un compromiso da comunidade educativa para traballar pola calidade ambiental e social do centro educativo.
Implica interese polo descubrimento do entorno, desexo de transformación do inxusto e gañas de traballar e comprometerse polo presente e futuro de todos.
Ten tres compoñentes básicos:
- Sostibilidade ambiental do centro educativo e do entorno
- Innovación curricular
- Participación da comunidade
Os obxectivos e as actividades do Comité Ambiental pretenden:
- Habituar ao alumnado a participar, cooperar, tomar decisións e implicarse nos asuntos que afectan á calidade ambiental do seu entorno.
- Facer do centro educativo un exemplo de práctica responsable e respetuosa entre os seus membros e co medio ambiente.
- Reforzar os mecanismos de convivencia entre todos os axentes da comunidade educativa.
- Adecuar o currículo para dar resposta ás esixencias que comporta o desenrolo sostible.
- Formar nos aspectos centíficos e desenvolver destrezas no manexo de medios de comunicación.
- Incentivar ao debate para concienciar acerca da importancia d planificar a evolución do noso centro cara un desenvolvemento sostible
Proba de Competencia Dixital alumnado de 4º ESO - Curso 2022-2023
COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO
4º ESO - PROBA DE PILOTAXE
O noso centro educativo foi seleccionado para a realización dunha proba piloto coa que se pretende analizar a competencia dixital do alumnado de 4º de ESO.
A competencia dixital enténdese a combinación de coñecementos, habilidades e aptitudes para o uso seguro, crítico e responsable das TIC na aprendizaxe, o traballo, o lecer, a participación na sociedade e a interacción con ditas tecnoloxías. A nivel práctico estrutúrase en cinco grandes áreas (Información e datos, Comunicación e colaboración, Creación de contido dixital, Seguridade e privacidade e Contorna dixital e solución de problemas). Pódese acceder na seguinte Ligazón ao portal para realizar a proba de demostración ---> Fai Click!
Mediante esta proba piloto obterase información de gran valor de cara ás decisións executivas que a CCEFPU tomará nos vindeiros cursos en relación ás accións de impacto definidas na Estratexia Educación Dixital 2030, as cales están enfocadas a unha maior presenza da educación dixital nas aulas co fin de acadar, entre outros obxectivos, a cidadanía dixital plena (convivencia dixital pacífica, alfabetización informacional e loita contra a desinformación, pensamento crítico) e atallar a fenda dixital.
Dita proba realizarase de xeito online a través da plataforma deseñada pola Axencia para a Modernización de Galicia (AMTEGA), a cal garante en todo momento a privacidade dos datos dos participantes. ComDix: Plataforma de certificación en el Marco Gallego de Competencias Digitales (xunta.gal)
Esta pilotaxe non terá como consecuencia ningún tipo de acreditación para o alumnado. Servirá para valorar a oportunidade, viabilidade e funcionamento das ferramentas que
permitirán facelo no futuro.
DÍA DA PROBA - Mércores 31 de maio de 2023
08:55 - 09:45 | 4 ESO B A23 |
4 ESO C A26 |
12:05 - 12:55 | 4 ESO A (APLICADAS) A29 |
4 ESO A (ACADÉMICAS) A22 |
LUGAR & PROCEDEMENTO: NAS PROPIAS AULAS DO ALUMNADO COS SEUS EQUIPOS EDIXGAL
REALIZARÁN A PROBA SUPERVISADOS POLO EQUIPO ADIX E PROFESORADO DO CENTRO
Agradecer a tod@s, o tempo e a vosa participación!
Probas Libres ACCESO a Ciclos: Proceso de ADMISIÓN E MATRÍCULA 2023-2024
CALENDARIO DE ADMISIÓN PARA AS PROBAS LIBRES PARA OBTENCIÓN DOS TÍTULOS DE TÉCNICO E DE TÉCNICO SUPERIOR DE CICLOS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL
Período ordinario de admisión |
|
Presentación de solicitudes |
17 de abril ás 9:00 horas ata o 28 de abril ás 13:00 horas |
Listaxe provisional de solicitudes |
3 de maio |
Reclamación contra a listaxe provisional |
3 de maio ás 9:00 horas ata o 5 de maio ás 13:00 horas |
Listaxe definitiva de solicitudes |
10 de maio |
Admisión e matrícula |
|
Listaxe de persoas adxudicadas |
10 de maio |
Matriculación |
10 de maio ás 9:00 horas ata o 19 de maio ás 13:00 horas |
Liberados e adxudicación continuada |
23 de maio ás 9:00horas ata o 31 de maio ás 13:00horas |
Para máis información: http://www.edu.xunta.gal/fp
Coñecendo ás Detectives do Cancro
Con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o alumnado do noso IES participou no programa ‘CONÓCELAS’, unha iniciativa da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (ASEICA), que reúne a cerca de 150 científicas en colexios de toda España para visibilizar ás investigadoras que hai ‘detrás da bata’.
A través dunha conexión en directo, o alumnado puido descubrir e falar directamente con unha das “detectives do cancro”: a científica Clotilde Costa Nogueira. Clotilde reflexionou sobre a labor das mulleres científicas e das dificultades que tiveron ao longo da historia, e que seguen a ter, para que sexan recoñecidos os seus méritos e cheguen a ocupar postos de maior relevancia no mundo da ciencia. Compartiu a experiencia e traxectoria como científica dende a súa Moaña natal para rematar explicando en que centra actualmente a súa investigación en Santiago de Compostela, a biopsia líquida.
Clotilde transmitiu optimismo e animou ao alumnado e, en particular, ás nenas do noso centro a que se interesen pola ciencia.
Soña, atrévete!
2º CSAF: MASTERCLASS DE "MOVEMENTOS OLÍMPICOS" CON CARLOS FERNÁNDEZ (XIMNASIO Ferro´S)
O alumnado de 2º curso do CSAF realizou a pasada semana unha actividade complementaria con Carlos Fernández, técnico do Ximnasio Ferro´S de Lalín. A formación centrouse no desenvolvemento de progresións para a aprendizaxe dos "movementos olímpicos", exercicios especificos para o adestramento de forza con pesos libres. A actividade desenvolveuse en 3 horas lectivas na aula de prácticas do CSAF no Lalín Arena, dentro da programación do módulo "Fitness en sala de adestramento polivalente".
Por unha vida sen violencia
[By María Elsa Martínez Vázquez]
25 de novembro de 2022
Plan Dixital - Curso 2021 - 2022
No curso 2021-2022, o noso centro incorporouse a Rede Dixital Galega de Centros DixitalGal.
Toda a Normativa está ligada ao Portal Educativo sobre a Competencia Dixital.
Fai Click na icona para acceder -->
Ao longo do curso 2021-2022, realizouse a Fase I de Diagnose e de Análise da situación de Partida, e logo, realizouse a Fase II a de Deseño e Elaboración do Plan de Acción na concreción de obxectivos...
No curso 2022-2023 realizarase a Fase III, na implantación, seguimento e avaliación do Plan Dixital.
O Plan Dixital é un instrumento para a mellora da Competencia Dixital de toda a nosa Comunidade Educativa, evidentemente, sempre na procura da mellora educativa ao noso alumnado. Un mecanismo accionado polo modelo de centro educativo dixital e enmarcado no Plan Estratéxico Europeo do Centro Común de Investigación | Comisión Europea .
O documento foi presentado ao Claustro e aprobado polo Consello Escolar.
Mes da Ciencia no IES Laxeiro
Como cada ano, celebramos o mes de novembro como da Ciencia en Galego. Dende o noso centron dende o Club de Ciencias e do Equipo de Normalización Lingüística, están a planificar un conxunto de actividades para disfrutar da Ciencia en Galego. A Proposta de actividades é moi diversa e conta coas seguintes, e moito máis...
Propostas de actividades para o mes da Ciencia Novembro | |
|
Departamento de Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía |
|
Departamento de Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía |
|
Departamento de Física e Química |
Temática: Eficiencia enerxética |
Xa temos testimonios de Boas Prácticas no noso centro, aquí tendes unha mostra no seguinte vídeo:
Vídeo realizado por Cristina Iglesias Iglesias - Profesora de Física y Química
XOGOS TRADICIONAIS
Un ano máis dentro das actividades do ERASMUS+ " "21st Century Skills through Traditional Outdoor Games" contamos coa colaboración de Luis Iglesias "Luchi" para desenvolver unha xornada de Xogos Tradicionais no IES Laxeiro.
Deixamos unha pequena mostra gráfica dalgúns dos xogos realizados.
