Equipo de Normalización, Grupo TIC, Grupo Convivencia, Axenda 21, Información xeral, Integrantes e grupos , Actividades, Recursos, Información xeral, Recursos, Funcións, Plan de convivencia, Recursos, Actividades, Actividades, Igualdade de xénero, Información xeral, Actividades

Acto contra a violencia de xénero

O 22 de novembro participamos nun acto contra a violencia de xénero no Concello de Lalín. O alumnado de 2º e 4º ESO, coordinados polas profesoras Manuela García e Mar García, elaboraron paneis, pancartas e figuras humanas, dende as asignaturas de E. Plástica e E. para a Cidadanía.

As alumnas e o alumno, Libertad Echevarría, María Jácome, Brais García e Olalla Vales foron os encargados de ler as súas emocionantes cartas.

Xornada de Convivencia co alumnado de 1º ESO

O venres 5 de outubro, 88 alumnos de 1º da ESO e oito profesores participamos nunha xornada de xogos cooperativos, castañas e refrescos á sombra da carballeira do Rodo. A actividade, promovida desde a Comisión da Convivencia, ocupou un recreo e as tres últimas sesións de clase. Con ela perseguíase un mellor coñecemento e achegamento entre alumnos e docentes de 1º da ESO. Fixemos moitas fotos.

Xornada de Convivencia

Os equipos de 1ºESO B e 3ºESO B gañaron as finais de CIFRAS E LETRAS

 

O venres 25 de maio celebráronse as finais do concurso de Cifras e Letras que organizaron os departamentos de Matemáticas dos dous Institutos de Lalín, “Ramón Mª Aller” e “Laxeiro”. Houbo dúas finais, unha para 1º e 2º de ESO e outra para 3º e 4º de ESO.

Á final de 1º e 2º de ESO, que se celebrou no salón de actos do IES “Ramón Mª Aller”, chegaron os catro equipos gañadores das finais por cursos que se celebraron nos seus respectivos centros. Nela participaron os alumnos:  

 

1º ESO IES “LAXEIRO: JACOBO JORGE HERMIDA / JUAN MANUEL PÉREZ PEDROUZO

1ºESO IES “RAMÓN Mª ALLER”: RUBÉN FERREIRO ARIAS / RUBÉN NOGUEIRA TABOADA

 2º ESO IES “LAXEIRO:  XABIER GARCÍA ANDRADE / ADRIÁN OURO MIGUÉLEZ

2º  ESO “RAMÓN Mª ALLER”:  DANIEL CAGIDE RIVAS /  SANTIAGO BUJÁN FERREIRA

 

 Á final de 3º e 4º de ESO, que se celebrou no salón de actos do IES “Laxeiro”, chegaron os catro equipos gañadores das finais por cursos que se celebraron nos seus respectivos centros. Nela participaron os alumnos e alumnas:  

 

3º ESO IES “LAXEIRO:   BELÉN FERNÁNDEZ LÓPEZ  / NOELIA FERNÁNDEZ VÁZQUEZ

3º ESO “RAMÓN Mª ALLER”: GABRIEL VÁZQUEZ FREIJEIRO / BRAIS PARDO AREÁN

4º ESO IES “LAXEIRO:  MARCOS OTERO VÁZQUEZ/ JUAN CARLOS ORO VIDAL 

4º  ESO “RAMÓN Mª ALLER”:  BRYAN TREJOS RESTREPO /  NICOLÁS VARELA GARCÍA

 

As finais estiveron moi competidas, na de 1º e 2º resolveuse na última rolda e na de 3º e 4º tivo que recurrirse a unha rolda adicional de cifras para resolver o empate entre o 2º e 3º clasifcado.

Gañaros as respectivas finais os alumnos de 1ºESO B do IES “Laxeiro”: JACOBO JORGE HERMIDA  e  JUAN MANUEL PÉREZ PEDROUZO e as alumnas de 3ºESO B do IES “Laxeiro”: BELÉN FERNÁNDEZ LÓPEZ  e  NOELIA FERNÁNDEZ VÁZQUEZ

Todos os alumnos participantes recibiron agasallos e camisetas deseñadas expresamente para esta final.

 

  



Revista escolar: Kcharela 9 --> Edición dixital

Nova edición, estreamos novo número, o número 9 da nosa revista escolar "Kcharela"

aquí tendes a edición dixital:

Premede na ligazón --->>> https://sites.google.com/site/kcharela9

Concurso de Blog´s do IES Laxeiro: Blogalízate!

BloGalízate! Este é o ´slogan´ a prol do Galego dende o IES Laxeiro de Lalín. Dende o principio deste curso, estivemos comprobando como moitos alumnos traballaron a prol do Galego  e das TIC´... agora e cando anunciamos: 

         Xa temos os nosos tres primeiros gañadores do I Concurso de Blog´s en galego!

1º premio: eoquepensoeninguenovaicambiar.blogspot.com ---->> Mónica Jacobo Torres (4º ESO )

2º premio: maiscercadacompeticion.blogspot.com ---->> Iván Álvarez Portela (4º ESO )

3º premio: belicgames.wordpress.com ---->> Miguel Castaño Gómez (1º Bacharelato)

 

aínda que estes foron os tres mellores, tamén chegaron a ser finalistas...

odiariodenayara.wordpress.com/ ---> Jasmín ( 4º ESO )

unsorrisonanenez.wordpress.com/ ---> Ana Belén ( 1º BAC )

lugaresfermosos.wordpress.com/ ---> Antía ( 1º BAC )

un saúdo, e vémonos para a entrega de premios!

O IES Laxeiro gaña de novo! Campeón do Parlamento Xove 2012.

O equipo do IES Laxeiro formado por Celia Varela, Alba Vázquez, Nerea Vila e Daniel Sousa, coordinado polo profesor Manuel Igrexas, son de novo campións no concurso de debate Parlamento xove 2012 organizado pola Subdirección xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.

Campeóns 2012

fotos e video

BloGalízate!

BloGalízate! Este é o ´slogan´ a prol do Galego dende o IES Laxeiro de Lalín.

Xa podedes participar no concurso de blog´s, só se precisa empregar o noso galego!

Ata pronto e un saúdo,

Cartel_Blog

Concurso de carteis: "Un decreto contra o galego"

Os departamentos de Plástica e Normalización Lingüística convocaron un concurso de carteis para concienciar ao alumnado do centro sobre a negativa incidencia que ten o decreto de plurilingüismo no ensino.

A Escola Cooperativa Móbil no IES Laxeiro de Lalín

A semana do 16 ao 20 de maio, os alumnos do IES Laxeiro de Lalín asistirán ás sesións da Escola Cooperativa Móbil, dentro da programación da campaña de divulgación das cooperativas promovida pola Consellería de Traballo e Benestar. Os monitores especializados na materia exporán a alternativa do cooperativismo como vía de acceso ao mercado laboral e guiarán aos estudantes no desenvolvemento de proxectos cooperativos, a través de charlas e obradoiros

Distribuir contido