Matrícula

Calendario de matrícula para ESO e Bacharelato 2018-2019 no IES Laxeiro

O período de matricula comezará oficialmente o día 25 de xuño, unha vez entregadas as notas finais, e rematará o día 10 de xullo. No arquivo adxunto podedes consultar o calendario estabrecido para os diferentes cursos da ESO e Bacharelato:

 

Calendario da ESO e Bacharelato

Admisión FP Básica 2017-2018 no IES Laxeiro

Desde o 1 de setembro ata as 13:00 horas dop día 12 está aberto o prazo de admisión para cursar FP Básica . Nos arquivos adxuntos aparece toda a ionformación relativa a este proceso .

- Orde que regula o proceso

- Instrucións para o proceso de admisión

- Oferta de prazas para o curso 2017-2018

- Calendario do proceso de admisión

- Solicitude de admisión

- Conformidade familiar

- Consello orientador

- Comunicación de incorporación

- Relación de admitidos

Calendario de matrícula para ESO e Bacharelato 2017-2018 no IES Laxeiro

O período de matricula comezará oficialmente o día 27 de xuño, unha vez entregadas as notas finais, e rematará o día 10 de xullo. Nos arquivos adxuntos podedes consultar o calendario estabrecido para os diferentes cursos da ESO e Bacharelato:

Calendario da ESO

Calendario de Bacharelato

Proceso de admisión e matrícula de ESO e Bacharelato para o curso 2013/2014

A partires do vindeiro 18 de marzo comeza o procedemento de admisión e matrícula na ESO e Bacharelato para o curso escolar 2013/2014. Podedes consultar o novo Decreto e a orde que o desenvolve ,así como o calendario de todo o proceso. Nas seguintes ligazóns podedes atopar os impresos que debedes rellenar para solicitar praza no centro.

-Reserva de praza para centros adscritos

-Anexos admisión alumnado

Información académica importante para alumnos/as de Ciclos Grao Medio e Superior. Aspectos lexislativos

Ao comezo dun novo curso é importante recordar aspectos lexislativos relacionados tanto coa matrícula coma o proceso do curso en xeral.Por ese motivo no seguinte esquema-resumo podes consultar algunhas consideracións de interese para o alumnado de Formación Profesional. Todos elas son situacións contempladas na lexislación relacionadas coa matricula e coa marcha do curso académico.Nos taboleiros das aulas tendes á vosa diposición esta información e para calquer dúbida acudide aos vosos titores/as ou á Secretaría do Centro.

Calendarios de admisión e matrículas setembro Curso 2012-2013

Nos enlaces seguintes podes consultar os calendarios de admisión e matrículas no IES:Laxeiro para o curso escolar 2012-2013

ESO e BACHARELATO

CICLOS

PCPI

ADULTOS

Admisión 2012 - 2013 : Ciclos liberados

A Consellería de Educación da Xunta de Galicia ven de autorizar a liberación das prazas dos ciclos formativos de formación profesional nos que existen vacantes e non existen persoas en listaxe de espera. Ata finais de xullo , nos ciclos formativos onde queden prazas, todos/as os/as interesados/as, que cumpran as condicións de acceso, poderán matricularse por orde de chegada na secretaría do centro ata fin de mes,  permanecendo logo pechada  ata setembro , mes no que se iniciará un novo proceso de admisión.

Neste intre , no IES. Laxeiro restan aínda  prazas vacanates no seguintes ciclos:

C.S. Administración e Finanzas

C.S. Mecatrónica Industrial

C.M. Xestión Administrativa

C.M. Instalacións Eléctricas e Automáticas

C.M. Electromecánica de Vehículos Automóbiles 

Distribuir contido