Secretaría

Calendario de exames de setembro 2017 modificados

Publícase de novo nos seguintes arquivos o calendario de exames de setembro do curso 16-17 no IES Laxeiro coas modificacións de aulas debido ás obras do centro.

 

Calendario de exames da ESO e FP Básica

Calendario de exames de Bacharelato

Calendario de exames de Adultos

Admisión Ciclos Medios e Superiores para o curso 2013-2014

De acordo coa Resolución do 10 de xuño de 2013, desde o 17 de xuño ao 2 de xullo estará aberto o prazo para solicitar reserva de admisión para cursar Ciclos Formativos tanto medios coma superiores. O calendario de admisión e matrícula pecharase o día 26 de setembro, tras os diferentes prazos que se irán ofertando. A oferta educativa do IES. Laxeiro non sofre variación con respecto ao curso pasado e a oferta da Consellería para o curso 2013-2014 xa está actualizada. Nos arquivos adxuntos podes acadar os diferentes impresos de solicitude de 1º e 2º ano de cada ciclo formativo, recordando que este ano xa é posible realizar a solicitude web a través do portal de Formación Profesional www.edu.xunta.es/fp seguindo as instruccións correspondentes.

Proceso de admisión e matrícula de ESO e Bacharelato para o curso 2013/2014

A partires do vindeiro 18 de marzo comeza o procedemento de admisión e matrícula na ESO e Bacharelato para o curso escolar 2013/2014. Podedes consultar o novo Decreto e a orde que o desenvolve ,así como o calendario de todo o proceso. Nas seguintes ligazóns podedes atopar os impresos que debedes rellenar para solicitar praza no centro.

-Reserva de praza para centros adscritos

-Anexos admisión alumnado

Convocatoria de probas de acceso a ciclos medios e superiores Ano 2013

Convocadas as probas para acceso a ciclos medios e superiores según a resolución publicada no DOGA do 21 de xaneiro de 2013. Dirección,Xefatura de estudios e Orientación informarán ao alumnado interesado nestas probas que terán o seguinte calendario

Para máis información consultade a resolución e nos seguintes arquivos adxuntos podedes formalizar a correspondente solicitude para presentarse ás probas.Lembrade que debedes facelo por duplicado.

- Impreso inscripción proba acceso ciclo medio

- Impreso inscripción proba acceso ciclo superior

Información académica importante para alumnos/as de Ciclos Grao Medio e Superior. Aspectos lexislativos

Ao comezo dun novo curso é importante recordar aspectos lexislativos relacionados tanto coa matrícula coma o proceso do curso en xeral.Por ese motivo no seguinte esquema-resumo podes consultar algunhas consideracións de interese para o alumnado de Formación Profesional. Todos elas son situacións contempladas na lexislación relacionadas coa matricula e coa marcha do curso académico.Nos taboleiros das aulas tendes á vosa diposición esta información e para calquer dúbida acudide aos vosos titores/as ou á Secretaría do Centro.

Información Becas para estudios postobrigatorios

A Resolución do 2 de agosto de 2012 (BOE do 14 de agosto)  ven de convocar becas e axudas ao estudo para o curso académico 2012-2013 para alumnado que curse estudos postobrigatorios e superiores non universitarios.

Máis concretamente convócanse becas para os seguintes estudos:

- 1º e 2º cursos de bacharelato

- Formación Profesional de Grao Medio e Grao Superior

- Ensinanzas artísiticas profesionais

- Ensinanzas deportivas

- Estudos de idiomas en Escolas Oficiais

- Ensinanzas artísiticas superiores

- Estudos relixiosos superiores

- Estudos militares superiores

Convócanse axudas para os seguintes estudos:

- Cursos de preparación para as probas de acceso

- Programas de Cualificación Profesiona Inicial

Requisitos , cuantías, tipos de becas, procedemento de presentación e demais cuestións podes consultalo no resumo da Resolución antes mencionada.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 1 de outubro de 2012.

Admisión 2012 - 2013 : Ciclos liberados

A Consellería de Educación da Xunta de Galicia ven de autorizar a liberación das prazas dos ciclos formativos de formación profesional nos que existen vacantes e non existen persoas en listaxe de espera. Ata finais de xullo , nos ciclos formativos onde queden prazas, todos/as os/as interesados/as, que cumpran as condicións de acceso, poderán matricularse por orde de chegada na secretaría do centro ata fin de mes,  permanecendo logo pechada  ata setembro , mes no que se iniciará un novo proceso de admisión.

Neste intre , no IES. Laxeiro restan aínda  prazas vacanates no seguintes ciclos:

C.S. Administración e Finanzas

C.S. Mecatrónica Industrial

C.M. Xestión Administrativa

C.M. Instalacións Eléctricas e Automáticas

C.M. Electromecánica de Vehículos Automóbiles 

Distribuir contido