Oferta Educativa
Oferta Educativa do IES Laxeiro
- Educación Secundaria Obrigatoria:
- Primeiro ciclo da ESO
- 1º ESO
- 2º ESO
- 3º ESO
- 4º ESO
- Programa de Mellora do Aprendemento e o Rendemento
- Programa de Diversificación Curricular
- Primeiro ciclo da ESO
- Educación Básica para Adultos
- Educación Secundaria para Adultos (ESA). Equivalente a 3º e 4º de ESO
- Nivel II. Módulos III e IV
- Educación Secundaria para Adultos (ESA). Equivalente a 3º e 4º de ESO
- Bacharelatos en réxime ordinario
- Modalidade Xeral.
- Modalidade Ciencia e Tecnoloxía.- Vías de acceso á universidade Científico-tecnolóxica e Ciencias da saúde.
- Modalidade Humanidades e Ciencias Sociais
- Itinerario de Humanidades.- Vía de acceso á universidade Humanidades.
- Itinerario de Ciencias Sociais.- Vía de acceso á universidade Ciencias Sociais.
- Bacharelatos en réxime de adultos
- Modalidade Ciencia e Tecnoloxía.- Vías de acceso á universidade Científico-tecnolóxica e Ciencias da saúde.
- Modalidade Humanidades e Ciencias Sociais
- Itinerario de Ciencias Sociais.- Vía de acceso á universidade Ciencias Sociais.
- Ciclos formativos de Grao Básico
- Ciclo Formativo Básico de Equipos e Instalacións Electrotécnicas.- Familia profesional Electricidade e Electrónica.
- Ciclos formativos de Grado Medio
- Ciclo Formativo Medio de Xestión Administrativa.- Familia profesional Administración.
- Ciclo Formativo Medio de Equipos e Instalacións Electrotécnicas.- Familia profesional Electricidade e Electrónica.
- Ciclo Formativo Medio de Electromecánica de Vehículos Automóbiles.- Familia profesional Mantemento de Vehículos Autopropulsados.
- Ciclos formativos de Grao Superior
- Ciclo Formativo Superior de Administración e Finanzas.- Familia profesional Administración.
- Ciclo Formativo Superior de Mantemento de Equipo Industrial.- Familia profesional Mantemento e servizos á produción.
- Ciclo Formativo Superior de Acondicionamento Físico.- Familia Profesional Actividades físicas e deportivas
- Ciclo Formativo FP Dual de Construcións Metálicas .- Familia Profesional Fabricación Mecánica.
IMPORTANTE: Información a familias e alumnado - Concrecións curriculares da ESO e Bacharelato adaptadas á LOMLOE
Información a familias e alumnado
As Concrecións Curriculares de ESO e Bacharelato están adaptadas á LOMLOE e á Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación de Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato no sistema educativo de Galicia (DOG 11/02/2022)
- MODIFICACIÓN DOS APARTADOS DE AVALIACIÓN CURSO 2021/22.
ADENDAS ás programacións didácticas no apartado de avaliación consecuencia da ORDE 25 xaneiro 2022.
- MODIFICACIÓNS NA CONCRECIÓN CURRICULAR DO CENTRO. ORDE 25 xaneiro 2022.
Equipo Directivo
IES Laxeiro
Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas - Oferta Educativa do IES Laxeiro
Xa temos imaxe renovada e vídeo explicativo sobre o Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas da Familia Profesional de Electricidade. Seguimos actualizando a Oferta Educativa do noso centro.
Podedes descargar o Tríptico Informativo! [Ficheiro adxunto].
Ademais, contamos cun vídeo cortiño, explicativo e resumido...
Probas de acceso a Ciclos Medios e Superiores 2021
Convocadas as probas de acceso a Ciclos Medios e Superiores do ano 2021. No portal www.edu.xunta.es/fp pódese consultar toda a información relativa a esta convocatoria. Nos arquivos adxuntos podedes informarvos de todo o relativo ao proceso desta convocatoria.
Na convocatoria de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior para o ano 2021 as persoas solicitantes soamente poderán cubrir a solicitude de admisión ás probas a través da
aplicación informática "Ciclosprobas" , que funcionará como asistente, desde a opción dispoñible na páxina www.edu.xunta.gal/fp/probas ou ben directamente na desde a seguinte ligazón:
(https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do). Polo tanto, os centros de inscrición soamente deberán recoller aquelas solicitudes que foran realizadas a través da aplicación "Ciclosprobas".
A aplicación informática Ciclosprobas para a convocatoria 2021 estará dispoñible desde o día 18 de febreiro.
O prazo de presentación de solicitudes para a inscrición as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior comenzará o 18 de febreiro e finalizará o 3 de marzo de 2021.
O prazo de presentación de solicitudes para a inscrición as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio comenzará o 15 de marzo e finalizará o 26 de marzo de 2021.
- Orde do 21de xaneiro de 2021 que regula a convocatoria
- Información Probas de acceso a Ciclos Superiores
- Información Probas de acceso a Ciclos Medios
_ Guía do asistente informático grado superior
- Guía do asistente informático grado medio
Aberto o prazo para cursar estudos de adultos tanto na ESA como Bacharelato no IES Laxeiro
Ata o 15 de setembro está aberto o prazo para inscribirse e matricularse en estudos de ESA e Bacharelato nas modalidades de Ciencias e Ciencias Sociais no IES Laxeiro de Lalín.
Os/as intersados/as poden acudir tanto a Xefatura de Estudos coma Secretaría e Dirección para informarse das diferentes ofertas que poden solicitar para o curso escolar 2016-2017.
Tanto a circular 4/2016 que regula o Bacharelato de adultos como a Circular 5/2016 que desenvolve a ESA explican o funcionamento destes estudos.
- Impreso de inscrición e matrícula na ESA
- Impreso de inscricción en Bacharelato
A Escola Cooperativa Móbil no IES Laxeiro de Lalín
A semana do 16 ao 20 de maio, os alumnos do IES Laxeiro de Lalín asistirán ás sesións da Escola Cooperativa Móbil, dentro da programación da campaña de divulgación das cooperativas promovida pola Consellería de Traballo e Benestar. Os monitores especializados na materia exporán a alternativa do cooperativismo como vía de acceso ao mercado laboral e guiarán aos estudantes no desenvolvemento de proxectos cooperativos, a través de charlas e obradoiros
