C.M. Electromecánica de vehículos

Ciclo formativo de grao medio

Duración: 2000 horas

  Que se aprende a facer?

Realizar operacións de mantemento, montaxe de accesorios e transformacións do vehículo na área de mecánica, hidráulica, pneumática e electricidade axustándose a procedementos e tempos establecidos, conseguindo a calidade requirida e en condicións de seguridade.

  En qué ámbitos se traballa?

Mantemento preventivo (control de niveis, cambio de filtros e aceites, etc.), diagnose de avarías e mantemento substitutivo (reparación de avarías e substitución de compoñentes, etc.).

  Que ocupacións se desempeñan?

Mecánico de automóbiles. Electricista de automóbiles. Mecánico de equipos diésel. Instalador de accesorios. Mecánico electricista de maquinaria agrícola e de obras públicas. Mecánico electricita de motocicletas. Mecánico de vehículos pesados. Electricista de vehículos pesados.

Módulos Horas
 Administración, xestión e comercialización na pequena empresa 80
 Circuítos de fluídos. Suspensión e dirección 210
 Circuítos eléctricos auxiliares do vehículo 145
 Circuítos electrotécnicos básicos. Sistemas de carga e arrincada do vehículo 210
 Formación e orientación laboral 55
 Formación en centros de traballo 380
 Motores 160
 Seguridade no mantemento de vehículos 55
 Sistemas auxiliares do motor 220
 Sistemas de seguridade e de confortabilidade  130
 Sistemas de transmisión e freado  165
 Técnicas de mecanizado para o mantemento de vehículos  110

  Que título se obtén?

Técnico en electromecánica de vehículos.

  A que outros estudos se pode aceder?

Bacharelatos.