Alberto Garrido diserta no IES Laxeiro sobre os perigos da dopaxe

O pasado venres 22 tivemos a oportunidade de escoitar a experiencia vital dun exculturista, Alberto Garrido, ferrolán de 44 anos que tivo a valentía de dar a coñecer, de primeira man, cales son as consecuencias do consumo de sustancias prohibidas e perigosas,  co fin de mellorar o rendemento ou, como no seu caso, acadar un corpo acorde as esixencias do modelo de competición da súa disciplina.
Alberto deixou claro que todo adolescente que se inicie nunha sala de musculación e lle guste unha disciplina como o culturismo, debe ter moi presente que o consumo deste tipo de sustancias ten un efecto devastador no organismo, como el mesmo puido comprobar.
A saúde debe estar por riba de calquera afán competitivo e a loita contra o dopaxe debería estar moito máis presente nesta disciplina, pois segundo as palabras de Alberto, practicamente o 100% dos e das culturistas que acoden a competicións de certo nivel, o fan sen pasar controis de dopaxe e coa sombra da sospeita enriba deles.

Entrevista no Faro de Vigo

 

albertogarrido

 


 

TORNEO DE BÁDMINTON IES LAXEIRO 2019

Calendario do torneo de bádminton

Image by nwrsdesign on Pixabay

               

Clasificación individuais 1º - 2º ESO

       Grupos

 

Clasificación individuais 3º - 4º ESO_1º BAC

               

Clasificación dobres

Image by nwrsdesign on Pixabay

               

 

    

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Para acceder aos documentos debes entrar coa túa conta de @ieslaxeiro.com


 

Visita a Santiago

Visita a SantiagoO luns 18 de febreiro o alumnado de Xeografía e Arte de 2º de Bacharelato visitaron Santiago de Compostela, recorrendo as rúas que discorren por onde iba a muralla e as diferentes portas ( nunha foto podedes contemplar a única que se conserva, Porta de Mazarelos).

Recorremos o casco antiguo e nos paramos no Convento de Santa Clara, para disfrutar da súa magnífica fachada barroca, exemplo do Barroco de placas compostelá.

 

Visitamos a Catedral, admirando as súas impresionantes naves, a xirola, o sepulcro do Apóstolo e disfrutamos do Pórtico da Gloria recién restaurado, vendo a súa espectacular policromía. No exterior disfrutamos da Praza da Quintana, a Torre do Reloxio de Domingo de Andrade e por suposto da magnífica Fachada do Obradoiro.

 

Sen dúbida un día para recordar e repetir o próximo curso.

 

 Ver el Vídeo

 

 


 

Charla no IES Laxeiro do colexiado da 1ª División na Liga de Fútbol Ignacio Iglesias Villanueva

 O pasado martes 12 celebrouse no salón de actos do noso centro unha charla organizada pola subdelegación de árbitros de Lalín e na que contamos coa presenza de Ignacio Iglesias Villanueva, o único árbitro galego, entre un selecto grupo de 20, que arbitran na 1ª división da Liga de Fútbol Profesional. Tamén nos acompañou Bernardino González, ex­-árbitro internacional e actual presidente do Comité Técnico Galego de árbitros, así como membros do colectivo arbitral da Lalín e comarca.

A charla asistiu o alumnado de 2ª da ESO, e tratou sobre as posibilidade que ofrece a arbitraxe como saída profesional, incidindo nos requisitos formativos e nas posibilidades de enriquecemento persoal, exemplificadas polas experiencias que Ignacio Villanueva nos foi relatando de forma amena e distendida.

Desde o colectivo de árbitros animaron a alumnos e alumnas do centro a iniciarse nesta disciplina, invitándoos a contactar con eles na súa oficina situada no Lalín Arena.

Queremos felicitar ao alumnado polo seu comportamento e agradecer aos poñentes a súa visita, e a posibilidade que nos ofreceron para coñecer de primeira man a realidade da labor arbitral no fútbol.

 

 

Visita á Sede do Parlamento de Galicia

Visita ao Parlamento 2019O 7 de febreiro as alumnas e  alumnos de 3º de ESO do IES Laxeiro  participaron nunha visita á sede do Parlamento de Galicia, sita no Pazo do Hórreo, en Santiago de Compostela. A actividade, organizada polo Departamento de Ciencias Sociais permitiulles achegarse e coñecer esta entidade, que representa o pobo de Galicia e constitúe a primeira das institucións da nosa  Comunidade Autónoma.


Alí aprenderon as funcións do Parlamento, coñeceron os principais órganos e procedementos lexislativos e de control,  visitaron as diversas dependencias nas que desenvolven o seu traballo as deputadas e deputados,  e mesmo practicaron as labores parlamentariasocupando os asentos do Salón de Plenos, debatendo propostas e facendo intervencións no hemiciclo ante os compañeiros.


Ademais gozaron  dos espazos que ofrece o impresionante edificio e da ampla colección de arte galega contemporánea exposta nas diversas dependencias, onde debemos destacar a vidreira de Laxeiro que ilumina a entrada pola que dá inicio a visita.

 

Visita Virtual do Parlamento de Galicia


 Fai Click Aquí para ver mais fotos...

 

 

Estadía en Langogne (Francia) de alumnado do IES Laxeiro

Do 7 ao 13 de febreiro unha delegación do IES Laxeiro atópase visitando a localidade francesa de Langogne, no departamento de Lozère, onde se atopa o Collège Marthe Dupeyron, a escola de acollida. Esta vila, medieval duns 3200 habitantes, constitúe a porta nordeste da rexión Languedoc-Rosellón. Esta visita enmárcase no proxecto Erasmus+ “Tunnel of Time”, cofinanciado pola Comisión Europea, no que o noso instituto participa xunto con centros de Finlandia, Turquía e Francia. Tras unha primeira presentación á comunidade escolar, a delegación internacional foi recibida polo alcalde do comuna, o equivalente ao noso concello.
No intercambio participan seis estudantes de 4º de ESO e os profesores Loli F. Villanueva e Xosé M. García. Ademais de convivir coas familias anfitrioas e integrarse na vida escolar do centro de acollida, comparten os resultados das actividades relacionadas co proxecto. Nesta ocasión 30 estudantes dos países socios poñen en común unha visión interxeracional sobre a vida laboral de avós, pais e responsables de negocios ou empresas, a través de entrevistas a estes colectivos nos diferentes países. Así, dentro das visitas do programa, inclúese a visita á residencia de anciáns da pequena localidade occitana e a unha das escolas de Educación Infantil. A anterior reunión tivo lugar en maio pasado en Lalin e a temática versou sobre a perspectiva de xénero en diferentes grupos de idade, desde preescolar a avós.
A historia e cultura da área que acolle aos estudantes tamén forman parte do programa, incluíndo varias visitas como a da cidade próxima de Le Puy-en-Velay onde comeza unha das grandes vías francesas de peregrinación a Compostela, a que pasaba por Conques en dirección a Roncesvalles.
A experiencia está a resultar altamente enriquecedora desde o punto de vista  da interculturalidade, da aprendizase de linguas e das habilidades de vida.

 

Probas de acceso a Ciclos Medios e Superiores 2019

Convocadas as probas de acceso a Ciclos Medios e Superiores do ano 2019. No portal www.edu.xunta.es/fp pódese consultar toda a información relativa a esta convocatoria. Nos arquivos adxuntos podedes informarvos de todo o relativo ao proceso desta convocatoria.

 

- Orde do 8 de xaneiro que regula a convocatoria

- Calendario do proceso

- Información Probas de acceso a Ciclos Superiores

- Información Probas de acceso a Ciclos Medios

- Impreso de inscrición a Ciclos Superiores (ED312D)

- Impreso de inscrición a Ciclos Medios (ED312C)

 

TORNEO DE BÁDMINTON IES LAXEIRO 2019

Arranca o torneo de bádminton do IES Laxeiro cunha nutrida participación das alumnas e alumnos do centro. A competición ocupará unha boa parte dos recreos e contará con modalidade de individual feminino, individual masculino, dobres feminino e dobres masculino (en realidade mixto pois algunha das parellas é mixta). Ao torneo tamén se sumaron algunhas profesoras do centro.
Os dezaoito grupos xogarán durante este trimestre unha primeira fase de liguiña para rematar posteriormente cunha fase eliminatoria. O calendario de partidos e toda a información relativa ao torneo atópase exposta no taboleiro do ximnasio así como na pantalla informativa do vestíbulo do paviln B.

badm

 

 

A árbore de Nadal con máis ciencia!

 

O IES Laxeiro elabora unha vistosa peza con balóns de cores creadas no seu laboratorio.

Orixinal e desde logo, moi científica é a árbore elaborada do Nadal 2018/2019.

Foto: Bernabé / Javier Lalín

A vistosa peza está composta de balóns de diferentes cores resultado de experimentos docentes.

Neste curso 2018/2019, naceu o Club de Ciencia "oficial", programa concedido pola Cosellería de Educación e conxunto a outras activades STEM, e coas actividades do Día da Ciencia en galego do pasado 6 de novembro. A dea surxiu da Práctica de Medición do PH cuns indicadores naturais, empregando os balóns do Laboratorio. O alumnado de 2º Bacharelato realizaron o experimento usando col lombarda, no que consiste en preparar o estrato cortando e fervendo a hortaliza e logo filtrando o líquido e obtería o indicador de PH natural. Logo, estudaron o seu comportamento ao enfrontalo a diferente substancias, que toman diferentes cores en función do seu PH. Asi´, os ácidos (zume de limón e vinagre) teminan en vermellose rosas; os básicos (bicarbonatos sódicos e amoníaco) converten o indicador en azul e verde; e un neutro( augua destilada) pásao a violeta. Tamén fixeron algúns balóns con indicadores de PH químicos, como verde de metilo, no laboratorio de Física e Química. Para darlle un pouco de decoración de Natividade coroouse a árbore cunha estrela feita coa técnica de papiroflexia e a mesa cun papel vermello cheo de anotacións das diferentes ciencias.

A coordinadorado Clube de Ciencia, Marina Pardela Varela, en nome de tod@s, aproveitou para felicitar as festas cunhas mensaxe codificada empregando os elementos químicos da táboa periódica, gardando o rigor ao elixir as cores para cada grupo de elementos: 

"Fe li Ce S   Fe S Ta S  I Es La Xe I Rh O "

O obxectivo principal de esta decoración é facerlle ver ao alumnado que a Ciencia está presente no noso entorno e que, aínda que ten unha parte árida no seu estudo, tamén ten outra divertida e atraínte que compensa o esforzo!

Participaron na actividade os departamentos de Bioloxía, Física e Química, Tecnoloxía e Matemáticas e outros Profesores doutras especialidades que aportaron ideas e puxeron o seu grao de area axudando a colocar a peza ou valorando o traballo feito.

Publicado martes 18 de decembro de 2018 no Faro de Vigo - DEZA

Distribuir contido