Calendario de exames de setembro 2018
Publícanse nos seguintes arquivos os calendarios de exames de setembro do curso 2017-2018 no IES Laxeiro
Calendario de exames da ESO e FP Básica
Admisión a Ciclos Medios e Superiores para o curso 2018-2019
Desde o luns, día 25 de xuño, ata o martes , día 3 de xullo, ás 13:00 horas, estará aberto o prazo para realizar a inscrición de admisión a ciclos medios e superiores para o curso 2018-2019. A Orde que regula este proceso de admisión é a do 15 de xuño de 2016 (DOG do 27 de xuño). Os prazos para todo o proceso abranguen desde o día 27 de xuño ata o 7 de outubro.
Para calquer información podedes dirixirvos a páxina da xunta www.edu.xunta.es/fp ou nesta propia pweb www.ieslaxeiro.com, onde tendes os seguintes arquivos:
Oferta de ciclos e prazas asignadas no IES Laxeiro curso 2018-2019
Anexo I Impreso solicitude admisión(só para 2º curso)
Anexo II Impreso solicitude para FCT/Proxecto para adultos ou módulos liberados
Calendario de matrícula para ESO e Bacharelato 2018-2019 no IES Laxeiro
O período de matricula comezará oficialmente o día 25 de xuño, unha vez entregadas as notas finais, e rematará o día 10 de xullo. No arquivo adxunto podedes consultar o calendario estabrecido para os diferentes cursos da ESO e Bacharelato:
Calendario de Fin de Curso 2017 - 2018
- DIAS 19, 20 e 21 entrega de Libros de Texto ( ESO ) e Ordenadores DIXGAL ( 1º e 2º ESO)
- DÍA 21 DE XUÑO: Remate de clases
- DÍAS 21 e 22 DE XUÑO: Avaliacións . Entrega de notas : Adultos ( 20:00 - 20:30 horas)
- DÍA 25 DE XUÑO: Entrega cualificacións de ESO, Bacharelato, CICLOS e FP Básica (10:00 a 11:00 horas)(Non haberá transporte escolar)
- DIAS 25 E 26 : Reclamacións ás cualificacións en ESO, BACH. CICLOS , Adultos e FP Básica.
Epítome da reunión transnacional en Lalín Erasmus+
Logo duns intensos días, o meeting in Lalín rematou. Velaquí unha síntese:
<
Estadía de alumnas e alumnos do IES Laxeiro en Rho (Milán)
Un grupo de quince alumnas e alumnos de cuarto da ESO, xunto cos profesores Socorro Goldar e Xosé Manuel López, atópanse estes días en Rho, cidade da rexión da Lombardía, a uns 14 km de Milán. A estadía encádrase no intercambio con estudantes do instituto técnico Enrico Mattei, os cales visitaron o noso centro a principios de marzo. Unha etapa máis na internacionalización do IES Laxeiro e no fomento da interculturalidade e da competencia lingüística dos membros da nosa comunidade educativa.
![]() |
Reunión transnacional Erasmus+ no IES Laxeiro
Do xoves 24 de maio ao mércores 30 recibiremos a visita de estudantes e profesoras dos países socios no proxecto Erasmus+ Tunnel of Time, no que participa o IES Laxeiro. Un total de 15 alumnas e alumnos procedentes de Finlandia, Francia e Turquía, acompañadas por seis profesoras, dúas por cada país socio, convivirán con familias lalinenses e participarán nas actividades escolares dos estudantes do IES Laxeiro. O proxecto implica a realización de obradoiros, actividades culturais e a integración nalgunhas horas lectivas por parte de estudantes e profesores visitantes.
No IES Laxeiro sentímonos moi honrados de participar no proxecto coa escolas:
- Jynkänlahden Koulu (Kuopio, Finlandia)
- Collège Marthe Dupeyron (Langogne, Francia)
- Şehit Mehmet Şengül Ortaokulu(Tekirdağ, Turquía)
- IES Laxeiro (Lalín, España)
![]() |
![]() |
Londres 2018
Londres foi o destino das nosas alumnas e alumnos de 4º de ESO na súa viaxe de fin de etapa, neste curso 2017-18. A experiencia abrangueu as visitas aos recoñecidos museos londinenses (Natural History Museum, Science Museum, British Museum, Tate Modern, National Gallery) e o ruar polos seus populosos barrios, rúas e mercados como Camden Tow, Borough Market, Leadenhall Market, Picadilly Circus, Leiscester Square, Whitehall St., Trafalgar Square ou The Mall avenue. Tampouco deixaron de visitar sitios emblemáticos como Westminster Abbey, Houses of Parliament, Big Ben, Buckingham Palace, London Tower, Shakespeare Globe, catedral de St. Paul... Unha panorámica xeral que puideron condensar desde as cápsulas do London Eye. Densa experiencia que, de seguro, pervivirá nas memorias.
![]() |
![]() |
Expo na residencia As Dores
Os traballos realizados polo alumnado do IES Laxeiro, nomeadamente as fotos de One day in my life - Un día na miña vida, expóñense na residencia As Dores, con cuxa valiosa colaboración contamos para o desenvolvemento do proxecto Tunnel of Time.
![]() |
|
O programa RCP nas aulas no IES Laxeiro
O IES Laxeiro, por medio do departamento de Educación Física, participa, por segundo ano, da experiencia RCP na Aula, froito do convenio entre as consellarías de Sanidade e Educación. Este convenio, impulsado pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia 061, trata de estender a experiencia RCP na Aula da provincia de Lugo, permitindo espallar a formación en soporte vital a todos os nenos e nenas de Galicia ao longo da Educación Secundaria Obrigatoria.
O devandito convenio contempla a formación polo FPUS de Galicia 061 dos profesores de Educación Física (e todos aqueles que voluntariamente queiran participar na experiencia) como provedores de RCP DEA e que estes á súa vez formen aos alumnos e alumnas como provedores de soporte vital básico. O ensino da reanimación cardiopulmonar (RCP-B) na escola nos niveis obrigatorios representa a oportunidade de instruír a un gran número de cidadáns. En Europa, a RCP- B está incluída no currículo escolar en Noruega, Dinamarca, Francia, Reino Unido e España. RCP na aula é un sistema no que persoal sanitario do 061 de Galicia forma como instrutores de RCP-B e desfibrilador externo semiautomático (DESA) aos profesores de educación física dos institutos, e estes a outros profesores e alumnos/as.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »
