Felices festas e bo descanso dende o IES LAXEIRO.

Compartimos convosco esta imaxe elaborada polo noso alumno CRISTIAN BRUGUERA PEREIRO coa inestimábel axuda da súa profesora ELSA MARTÍNEZ.

Saúdos e moita saúde.


 

Decoración de Nadal con Ciencia!

Felicitamos as festas con símbolos químicos da táboa periódica e montamos a árbore de nadal empregando material de laboratorio: soporte metálico, pinzas e matraces esféricos.

Fe - Li - Ce - S    Fe - S - Ta - S

Para obter os diferentes líquidos de cores realizamos a práctica de medición do pH con col lombarda. A experiencia mostrou como a lombarda pode ser empregada como un indicador de pH natural  e permitiu construír unha escala de pH segundo as cores obtidas para as substancias analizadas. 

Ligazón Cuestionario SELFIE alumnado - Plan Dixital

Animámos a todo o noso alumnado a realizar o cuestionario SELFIE para colaborar co noso Plan Dixital de Centro.

 

https://schools-go-digital.jrc.ec.europa.eu/self-assessment?s=SIUO6ns&lang=gl

 

Graciñas

A día 16/11/2021, os resultados...

 

Programacións Didácticas e contidos mínimos - Curso 2021-2022

Nas seguintes ligazóns, pódese descargar ás Programacións Didácticas de cada Departamento/Área do curso escolar 2021 / 2022. Igualmente se pode consultar a través do apartado Documentación de cada Departamento ou Área.

 

Fai Click na icona da carpeta para acceder a todas as Programacións didácticas.

Icono De La Carpeta Vectores, Iconos, Gráficos y Fondos para Descargar  Gratis

 

 

Proxecto E-DixGal - Curso 2021 2022

Na semana do 27 de setembro, procedemos a entrega dos equipos portátiles para o noso alumnado, en réxime de cesión para este curso 2021-2022.

Aconsellamos as familias que revisen toda a información que está "centralizada" no espazo Abalar :
https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/

...e mais aínda no recuncho "específico" para as familias:
https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/e-dixgal/informacion-para-familias
Están dispoñible uns vídeos explicativos, cortiños a modo de videotitoriais.

Adxuntamos o folleto informativo sobre o Proxecto E-DixGal --> Descarga/ver folleto sobre o Proxecto E-DixGal 

Adxuntamos o folleto informativo sobre as condicións do seguro --> Descarga/ver folleto sobre o Seguro do Portátil 

A maiores, este ano, hai unha novidade para contratar o seguro anual para os equipos cedidos...
A Empresa PLEXUS habilitou unha páxina Web para contratar o seguro e centralizar as avarías/incidencias con relación aos equipos.
Existe un correo electrónico para contactar e pedir información sobre cobertura e demais condicións legais...
Correo electrónico: coberturasir@plexus.es
Páxina Web: https://coberturasir.plexus.es/

15 de setembro - Comeza o Curso Escolar 2021-2022

Comeza o curso escolar 2021-2022, aportamos a seguinte información do Acto de Presentación; para cada curso, grupo, horario e en canto ao acceso ao centro.

Calendario setembro - Curso 2021-2022

Publicamos información relativa a actividades no noso centro propias de comezo do mes de setembro...

Abre o prazo para solicitar as Bolsas MEC - Ano 2021-2022

Abre o prazo para solicitar as Bolsas MEC [Ano 2021-2022], para os alumnos de Bacharelato, Ciclos Formativos de Formación Profesional e o alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo.

O prazo comeza dende o 3 de Agosto ata o 30 de Setembro de 2021.

 

Para presentar a solicitude de xeito ON-LINE en https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

 

Aviso: Xa se poden recoller os Vales para adquirir material escolar

 

Xa se poden recoller os Vales para a compra de Material Escolar na secretaría do noso centro.

O horario de atención ao público será de luns a venres de 10:00 a 13:00. 

 

Equipo Directivo

IES Laxeiro

Distribuir contido