Proxecto E-DixGal - Curso 2021 2022
Na semana do 27 de setembro, procedemos a entrega dos equipos portátiles para o noso alumnado, en réxime de cesión para este curso 2021-2022.
Aconsellamos as familias que revisen toda a información que está "centralizada" no espazo Abalar :
https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/
...e mais aínda no recuncho "específico" para as familias:
https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/e-dixgal/informacion-para-familias
Están dispoñible uns vídeos explicativos, cortiños a modo de videotitoriais.
Adxuntamos o folleto informativo sobre o Proxecto E-DixGal --> Descarga/ver folleto sobre o Proxecto E-DixGal
Adxuntamos o folleto informativo sobre as condicións do seguro --> Descarga/ver folleto sobre o Seguro do Portátil
A maiores, este ano, hai unha novidade para contratar o seguro anual para os equipos cedidos...
A Empresa PLEXUS habilitou unha páxina Web para contratar o seguro e centralizar as avarías/incidencias con relación aos equipos.
Existe un correo electrónico para contactar e pedir información sobre cobertura e demais condicións legais...
Correo electrónico: coberturasir@plexus.es
Páxina Web: https://coberturasir.plexus.es/
15 de setembro - Comeza o Curso Escolar 2021-2022
Comeza o curso escolar 2021-2022, aportamos a seguinte información do Acto de Presentación; para cada curso, grupo, horario e en canto ao acceso ao centro.
Calendario setembro - Curso 2021-2022
Publicamos información relativa a actividades no noso centro propias de comezo do mes de setembro...
Abre o prazo para solicitar as Bolsas MEC - Ano 2021-2022
Abre o prazo para solicitar as Bolsas MEC [Ano 2021-2022], para os alumnos de Bacharelato, Ciclos Formativos de Formación Profesional e o alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo.
O prazo comeza dende o 3 de Agosto ata o 30 de Setembro de 2021.
Para presentar a solicitude de xeito ON-LINE en https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html
Aviso: Xa se poden recoller os Vales para adquirir material escolar
Xa se poden recoller os Vales para a compra de Material Escolar na secretaría do noso centro.
O horario de atención ao público será de luns a venres de 10:00 a 13:00.
Equipo Directivo
IES Laxeiro
Procedemento de reclamación das cualificacións obtidas en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato para o curso 2020-2021
Publicamos información relativa aos procedementos para a reclamación das cualificacións. Igualmente sobre os prazos e datas segundo os niveis que se adoitan.
Para acceder aos documentos adxuntos facer click!
Orde do 2 de marzo de 2021 procedemento de reclamación das cualificacións
Datas do procedemento nas reclamacións de 2º bacharelato curso 2020-2021
Calendario de exames de setembro 2021
Publícanse nos seguintes arquivos os calendarios de exames de setembro do curso 2020-2021 no IES Laxeiro( Proximamente)
Calendario bacharelato e adultos
Relación de Libros de texto para o curso 21-22 no IES Laxeiro
Nos arquivos adxuntos aparece a relación de Libros de Texto para o curso 2021-2022. Calquer dúbida consulten na secretaría do centro.
-Relación de Libros Bacharelato
-Relación de libros de adultos
-Relación de libros Ciclos F.P
Despedida do curso con actividade de SURF
Despois dun ano escolar difícil puidemos desfrutar dunha actividade física no medio natural a partir dun traballo desenvolto polo alumnado de 1º de BAC e con personal docente da empresa Son do mar Surf School.
Toca vivir as vacacións. Podemos aproveitar para facer aquelas actividades que como o surf nos achegan ao medio natural a través do exercicio físico.
Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas - Oferta Educativa do IES Laxeiro
Xa temos imaxe renovada e vídeo explicativo sobre o Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas da Familia Profesional de Electricidade. Seguimos actualizando a Oferta Educativa do noso centro.
Podedes descargar o Tríptico Informativo! [Ficheiro adxunto].
Ademais, contamos cun vídeo cortiño, explicativo e resumido...
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »
