Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
![]() IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
ELAS PODEN, TI PODES!O alumnado de 4º ESO participou no programa ‘CONÓCELAS’, unha iniciativa da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (ASEICA), que reúne a cerca de 150 científicas en colexios de toda España para visibilizar ás investigadoras que hai "detrás da bata" e conmemora o Día da Muller e a Nena na Ciencia. A través dunha conexión virtual e en directo, o alumnado puido descubrir e falar directamente con unha das “detectives do cancro”: a científica Antonia Tomás Loba, que traballa actualmente nun proxecto que investiga a influencia dos ritmos circadianos no desenvolvemento de tumores. Toñi non só redactou a súa traxectoria como científica senón que transmitiu optimismo e motivación, destacando o poder das mulleres na ciencia e a importancia de soñar e atreverse. Coa participación neste evento, visibilizamos a labor das mulleres investigadoras, fomentamos novas vocacións científicas e animamos ao alumnado e, en particular, ás nenas do noso centro a que se interesen pola Ciencia.
» |
Novos números
|