Organización interna, Titorías, Matrícula, Regulamento de Réxime Interno, Avaliacións e Exames
Procedemento de reclamación das cualificacións obtidas en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato para o curso 2020-2021
Publicamos información relativa aos procedementos para a reclamación das cualificacións. Igualmente sobre os prazos e datas segundo os niveis que se adoitan.
Para acceder aos documentos adxuntos facer click!
Orde do 2 de marzo de 2021 procedemento de reclamación das cualificacións
Datas do procedemento nas reclamacións de 2º bacharelato curso 2020-2021
Probas libres bacharel para maiores de 20 anos
Probas para a obtención do título de bacharel
(Resolución do 15 de febreiro DOG do 24 febreiro 2021)
CONVOCATORIAS 2021
Data da Proba : 23 de abril de 2021.
Período de inscrición: 03 ao 10 de marzo.
Información en :
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/1238
Calendario de exames de setembro 2020
Publícanse nos seguintes arquivos os calendarios de exames de setembro do curso 2019-2020 no IES Laxeiro
Calendario de exames da ESO e FP Básica
Plan Programa Alerta Escolar
¿Qué é?
É un programa posto en marcha dende o 2007-08 pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación 061, que ten como obxectivo a atención inmediata e eficiente do alumnado que presente unha patoloxía crónica e pode desenvolver en calquera momento unha crise.
Este programa posibilitará a súa asistencia e que o profesorado teña cobertura de persoal médico queconte con coñecementos do alumnado con esta problemática.
¿A quen afecta?
A alumnado que presente:
-alerxias -epilepsia -diabetes
Dado que no centro existen estas patoloxías, informamos ao conxunto da comunidade educativa e especialmente ás familias, para que coñezan o programa e o soliciten, se o desexan.
¿Cómo inscribirse?
1.-Aportar informe médico co diagnóstico e recomendacións asistenciais.
2.-Cubrir o formulario de Alerta Escolar coa declaración de conformidade de rexistro dos datos do menor.
3.-O centro tramitará o expediente con Urxencias Sanitarias 061.
¿Cómo procede o 061?
1.-Contacta co centro para confirmar o rexistro do menor.
2.-No caso de que o menor precise algunha especialidade farmaceútica (adrenalina, prednisona….), deberá ser aportada pola familia co nome do alumno/a rotulado e renovala cada curso.
3.-No caso de emerxencia, crise… o centro contactará co 061, facilitará o estado do menor e o persoal médico fará indicacións de cómo atender a emerxencia ademáis de movilizar o recurso preciso (ambulancia…) e indicar canto tardará en chegar ao centro.
Este documento é informativo polo que as familias ou membros da comunidade educativa interesados, deben comunicarse con orientación (886 15 19 45).
Dado que se trata de información sensible (datos médicos de menores), manterase o debido sixilio e confidencialidade dos datos (protocolo de protección de datos en educación).Este documento está incluído no PAT dentro do apartado de ámbitos de actuación: familias e consúltase en http://www.edu.xunta.gal/centros/ieslaxeiro/ no apartado pais/nais
Regulamento de Réxime Interno ( NOF)
Regulamento de Réxime Interno (NOF) do noso centro (PDF adxunto), revisión 2021
Regulamento de Réxime Interno (NOF) do noso centro (PDF adxunto), actualizado coa segunda revisión 2016
Información académica importante para alumnos/as de Ciclos Grao Medio e Superior. Aspectos lexislativos
Ao comezo dun novo curso é importante recordar aspectos lexislativos relacionados tanto coa matrícula coma o proceso do curso en xeral.Por ese motivo no seguinte esquema-resumo podes consultar algunhas consideracións de interese para o alumnado de Formación Profesional. Todos elas son situacións contempladas na lexislación relacionadas coa matricula e coa marcha do curso académico.Nos taboleiros das aulas tendes á vosa diposición esta información e para calquer dúbida acudide aos vosos titores/as ou á Secretaría do Centro.
Calendario de exames de setembro IES.Laxeiro
Nas seguintes ligazóns podedes consultar os calendarios de exames da ESO, Bacharelato e Adultos correspondentes ao mes de setembro no IES.Laxeiro.
1º ESO A: gañadores dun premio en "Clases sen fume"
Felicitamos ao alumnado de 1º ESO A e a súa titora Mar García polo accesit conseguido co proxecto "Reoca sen fumes" hoxe en Santiago. Para que vos fagades unha idea, en Galicia participaron uns 6000 alumnos e 115 centros, sendo 12 os preseleccionados para os premios.
Animar tamén a 1º ESO B, C e 2º ESO B que tamén participaron, e a todos para que o próximo ano se poida repetir esta xornada. Enviamos un saúdo aos compañeiros do IES Val do Asma de Chantada cos que compartimos bus e xornada.
Así pois, esperamos que 1º ESO A pase unha divertida e mollada xornada no Aquapark de Cerceda e a todo o IES Laxeiro para que desfrute e xogue á Reoca que está situada no patio interior da cafeteria (instruccións de xogo na porta acristalada).
Normativa de Actividades do Centro
No arquivo adxunto podedes consultar a Normativa de Actividades extraescolares do Centro
