Titorías

Plan Programa Alerta Escolar

1442856164310_860_1000_U_74d4fbce1979ff83995a5dd5d558732b.jpg

¿Qué é?

É un programa posto en marcha dende o 2007-08 pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación 061, que ten como obxectivo a atención inmediata e eficiente do alumnado que presente unha patoloxía crónica e pode desenvolver en calquera momento unha crise.

 

Este programa posibilitará a súa asistencia e que o profesorado teña cobertura de persoal médico queconte con coñecementos do alumnado con esta problemática.

 

 

¿A quen afecta?

A alumnado que presente:

-alerxias         -epilepsia -diabetes

Dado que no centro  existen estas patoloxías, informamos ao conxunto da comunidade educativa e especialmente ás familias, para que coñezan o programa e o soliciten, se o desexan.

 

¿Cómo inscribirse?

1.-Aportar informe médico co diagnóstico e recomendacións asistenciais.

2.-Cubrir o formulario de Alerta Escolar coa declaración de conformidade de rexistro dos datos  do menor.

3.-O centro tramitará o expediente con Urxencias Sanitarias 061.

¿Cómo procede o 061?

1.-Contacta co centro para confirmar o rexistro do menor.

2.-No caso de que o menor precise algunha especialidade farmaceútica (adrenalina, prednisona….), deberá ser aportada pola familia co nome do alumno/a rotulado e renovala cada curso.

3.-No caso de emerxencia, crise… o centro contactará co 061, facilitará o estado do menor e o persoal médico fará indicacións de cómo atender a emerxencia ademáis de movilizar o recurso preciso (ambulancia…) e indicar canto tardará en chegar ao centro.

 

alerta escolar.jpg

 

Este documento é informativo polo que as familias ou membros da comunidade educativa interesados, deben comunicarse con orientación (886 15 19 45).

Dado que se trata de información sensible (datos médicos de menores), manterase o debido sixilio e confidencialidade dos datos (protocolo de protección de datos en educación).Este documento está incluído no PAT dentro do apartado de ámbitos de actuación: familias e consúltase en http://www.edu.xunta.gal/centros/ieslaxeiro/ no apartado pais/nais

TITORES E HORARIO DE ATENCIÓN A PAIS - CURSO 2014/15

Curso
 
 
Titor
 
Horario
     
1º ESO A Sara Castro Quintás Luns 16:50 - 17:40
1º ESO B Manuel Busto Galego Martes 10:55 - 11:45
1º ESO C Mª José Rey López

Xoves 12:55 - 13:45

     
2º ESO A Manuela García Dafonte Xoves 10:55 - 11:45
2º ESO B Noelia Míguez Martínes Mércores 9:45 - 10:35
2º ESO C Esteban Alcaide Corral Martes 10:55 - 11:45
     
3º ESO A Xusto Calvo Peña Luns 11:45 - 12:35
3º ESO B Xosé Manuel García García Venres 11:45 - 12:35
3º ESO C Manuel Mella Pallares Venres 9:45 - 10:35
3º DIVER Mª Dolores Rúa Barca Venres 12:55 - 13:45
     
4º ESO A Diego Flores Ríos Luns 13:45 - 14:35
4º ESO B Manuel Pena Framiñán Xoves 9:45 - 10:35
4º ESO C José Noche Agras Martes 11:45 - 12:35
4º DIVER Domingo Facal Méndez Venres 10:55 - 11:45
     
ESA Xabier Quiroda Díaz  Martes 19:15 - 20:00
     
1º FP BÁSICA Jorge Fuentes Montoto Luns 12:55 - 13:45 
2º PCPI Consuelo Osorio Fernández Venres 19:15 - 20:00
     
1º BAC A Luís G. Rodríguez Taboada  Venres 10:55 - 11:45
1º BAC B Mª Ascensión Rodríguez Casanova Martes 10:55 - 11:45
2º BAC A Lidia M. López-Ron Martínez Mércores 10:55 - 11:45 
2º BAC B Soraya Fernández Méndez Luns 11:45 - 12:35
     
1º BAC ADULT. Mª Jesús Pato Díaz Mércores 20:15-21:00
2º BAC ADULT. Mª José Varela Pérez Venres 21:00-21:45
     
1º C.M. ADM. Luísa Rodríguez Rodríguez Luns 17:40 - 18:30
2º C.M. ADM. Mercedes Guzmán García Mércores 10:55 - 11:45
1º C.S. ADM. Xesús Mª Jubón Salgado Xoves 11:45 - 12:35
2º C.S. ADM. Pedro Regueira Castro Venres 11:45 - 12:35
1º C.M. ELECT. José Luís Sánchez Sarandeses Luns 18:30 - 19:15
2º C.M. ELECT. José Ramón Silva Torres Venres 9:45 -10:35
1º C.M. AUTO. José Luís González Pereiras Xoves 9:45 - 10:35
2º C.M. AUTO. Manuel Eduardo Varela Iglesias Venres 9:45 - 10:35
1º C.S. MANT. IND. José Manuel Fernández González Martes 11:45 - 12:35
2º C.S. MANTEMENTO
Nieves Otero Salgado  Luns  18:30 - 19:15

1º ESO A: gañadores dun premio en "Clases sen fume"

Felicitamos ao alumnado de 1º ESO A e a súa titora Mar García polo accesit conseguido co proxecto "Reoca sen fumes" hoxe en Santiago. Para que vos fagades unha idea, en Galicia participaron uns 6000 alumnos e 115 centros, sendo 12 os preseleccionados para os premios.

Animar tamén a 1º ESO B, C e 2º ESO B que tamén participaron, e a todos para que o próximo ano se poida repetir esta xornada. Enviamos un saúdo aos compañeiros do IES Val do Asma de Chantada cos que compartimos bus e xornada.

Así pois, esperamos que 1º ESO A pase unha divertida e mollada xornada no Aquapark de Cerceda e a todo o IES Laxeiro para que desfrute e xogue á Reoca que está situada no patio interior da cafeteria (instruccións de xogo na porta acristalada).

Distribuir contido