Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
![]() IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Loco Festival ACNUR no IES Laxeiro
Entrada [21/06/2022] do Faro de Vigo ---> "En el instituto Laxeiro de Lalín organizaron ayer el denominado Loco Festival para colaborar con Acnur y apoyar a los refugiados, en esta ocasión con el trasfondo de la guerra en Ucrania. Distintos departamentos didácticos y alumnos de varios cursos protagonizaron actividades diversas, desde un mosaico a cartelería, desde instalaciones reivindicativas y poemas a actuaciones musicales, percusión corporal, hucha solidaria y venta de pulseras y chapas ". Entrada [21/06/2022] da Voz de Galicia ---> "Estudiantes de Secundaria, Bachillerato y Educación Secundaria de Adultos del instituto Laxeiro participan ayer y hoy en distintas actividades del Loco Festival, una iniciativa con la que desea dar a conocer la labor del Alto Comisionado de las Naciones Unidas para los Refugiados y Refugiadas (Acnur). Un equipo de esta entidad estuvo ayer filmando las distintas actividades que acoge el centro lalinense durante los recreos, como animación musical, venta de material, o distintas exposiciones para conocer además la situación de las personas desplazadas".
» Convocatoria Extrordinaria: Datas das Probas - Bacharelato e FP BásicaPublicamos as Datas das Probas da Convocatoria Extraordinaria de Formación Profesional Básica e de Bacharelato. Nos documentos PDF Adxuntos tendes os horarios das probas de cada Curso, de cada Módulo de cada familia profesional FP Básica.
» Datas Probas Finais Ciclos Formación ProfesionalPublicamos as Datas das Probas Finais de cada unha das Familias dos Ciclos Formativos do noso centro: Nos documentos PDF Adxuntos tendes os horarios das probas de cada Ciclo, de cada Curso, de cada Módulo de cada familia profesional. Para calquera dúbida ou mais información acudide a Xefatura de Estudos, Facer Click nos iconos de cada Familia ou ben desplegar a lista de documentos adxuntos seguintes:
» Procedemento de Reclamación ás Cualificacións Finais 18/05/2022 11:09
01/07/2022 11:09
Europe/Madrid
2º BACHARELATO - MAIO & XUÑO
ESO e BAC - XUÑO
FP
NORMATIVA APLICÁBEL: No relativo aos Ciclos Formativos de FP -ORDE12xul2011, pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial - A45 (Reclamacións sobre as cualificacións). No relativo ao resto de ensinos do centro -ORDE2mar2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en EInfantil, EPrimaria, ESO e BAC -Circular 1/2022, SXEFP, pola que se precisan aspectos da ORDE2mar2021 ... para o curso 2021-2022. -ORDE25xan2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de EPrimaria, de ESO e BAC no sistema educativo de GZ.
FINALISTAS nos desafíos sobre Economía Circular de GALICIENCIAOs "Pitufos Científicos", equipo formado por Nuria Jar de la Fuente, África López Díaz e Samuel Núñez Grove, quedaron entre os 9 equipos finalistas dos 600 centros participantes para defender a súa proposta sobre economía circular no último reto final que tivo lugar, de xeito presencial, durante a celebración de Galiciencia. Competiron cos representantes doutros centros e aínda que non acadaron o premio defenderon con decisión e orixinalidade a súa idea.
Uníronse á visita das instalacións de Tecnópole os seus compañeiros e compañeiras de 4º ESO e todos/as tiveron a oportunidade de visitar a maior feira científica de Galicia. A temática deste ano, Economía circular, coincide coa do noso concurso de fotografía Luis Gustavo, no que ata o 30 de maio vos animamos a participar!
Ademais de visitar os stands, nos que alumnado de distintos centros galegos de primaria e secundaria presentaron os seus interesantes proxectos, o alumnado asistiu ao taller "Da liña ao círculo" no que se ofreceu unha perspectiva diferente do consumo potenciando o pensamento crítico e reflexivo de cada un de nós ante a necesidade de mudar a nosa actual economía lineal por unha economía circular baseada na planificación do deseño e vida dos produtos para lograr o máximo aproveitamento e reducir o consumo de recursos naturais.
![]() » Datas Probas Libres Ciclos de Formación ProfesionalPublicamos as Datas das Probas Libres de cada unha das Familias dos Ciclos Formativos do noso centro: Nos documentos PDF Adxuntos tendes os horarios das probas de cada Ciclo, de cada Curso, de cada Módulo de cada familia profesional. Para calquera dúbida ou mais información acudide a Xefatura de Estudos, Facer Click nos iconos de cada Familia ou ben desplegar a lista de documentos adxuntos seguintes: » IMPORTANTE: Información a familias e alumnado - Concrecións curriculares da ESO e Bacharelato adaptadas á LOMLOEInformación a familias e alumnado As Concrecións Curriculares de ESO e Bacharelato están adaptadas á LOMLOE e á Orde do 25 de xaneiro de 2022 pola que se actualiza a normativa de avaliación de Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato no sistema educativo de Galicia (DOG 11/02/2022)
ADENDAS ás programacións didácticas no apartado de avaliación consecuencia da ORDE 25 xaneiro 2022.
» VISITA Á CATEDRAL DE SANTIAGO E PÓRTICO DA GLORIAAlumnado Historia Da Arte de 2º BAC.Curso 2021-22
O día 28 de xaneiro o alumnado de Arte acompañado pola súa profesora, María Soledad Milmanda Cajaraville e polo profesor Jorge Fuentes Montoto visitaron a impresionante Catedral de Santiago e o Pórtico da Gloria. Admiramos a magnífica restauración levada a cabo, desfrutando da policromía do Pórtico do Mestre Mateo.
Contemplamos a impoñente fachada do Obradoiro e bordeamos a Catedral descubrindo a cabeceira e a única fachada románica, a de Praterías.
Tras o parón da pandemia que nos impediu o curso pasado realizar esta actividade, foi un enorme pracer retomala, nun curso onde contamos cun numeroso grupo de Arte. ELAS PODEN, TI PODES!O alumnado de 4º ESO participou no programa ‘CONÓCELAS’, unha iniciativa da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (ASEICA), que reúne a cerca de 150 científicas en colexios de toda España para visibilizar ás investigadoras que hai "detrás da bata" e conmemora o Día da Muller e a Nena na Ciencia. A través dunha conexión virtual e en directo, o alumnado puido descubrir e falar directamente con unha das “detectives do cancro”: a científica Antonia Tomás Loba, que traballa actualmente nun proxecto que investiga a influencia dos ritmos circadianos no desenvolvemento de tumores. Toñi non só redactou a súa traxectoria como científica senón que transmitiu optimismo e motivación, destacando o poder das mulleres na ciencia e a importancia de soñar e atreverse. Coa participación neste evento, visibilizamos a labor das mulleres investigadoras, fomentamos novas vocacións científicas e animamos ao alumnado e, en particular, ás nenas do noso centro a que se interesen pola Ciencia. » III Concurso Luis Gustavo - convocatoria 2021-2022
Para saber mais >> Acceder a Páxina Web do Concurso Luis Gustavo.
Noticia publicada no Faro de Vigo -> https://www.farodevigo.es/deza-tabeiros-montes/2021/12/18/uxia-rapado-gana-segunda-edicion-60802748.html Noticia publicada na Voz de Galicia -> https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2021/12/18/uxia-rapado-ganadora-premio-luis-gustavo-rodriguez/0003_202112D18C2991.htm
![]() |
Novos números
|