Correspondentes xuvenís 3.0, antena informativa do IES Laxeiro
A maioría do alumnado de 3º ESO – A exerce este curso de “Correspondentes Xuvenís”. Manteñen un blogue para informar a toda acomunidade educativa, pero sobre todo a compañeiros e compañeiras de canto se lles envía dende a OMIX do noso concello e dende a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado sobre bolsas, programas europeos, concursos...
Asemade, no corredor que vai cara á Cafetería do noso centro, hai dous taboleiros que tamén informan e que se revisan periodicamente.
Inicio do proceso de admisión de alumnado para o curso 2019-2020
Aberto o proceso de admisión para o alumnado de centros públicos e privados non universitarios que desexen reservar praza para o curso 2019-2020 nos centros de primaria e secundaria da nosa comunidade.
Os prazos son os seguintes:
a) Reserva interna para centros adscritos e alumnado que non cambien de centro: 1 a 15 de febreiro
b) Admisión de alumnado que desexe cambiar de centro ou incorporarse a un centro non adscrito: 1 a 20 de marzo
Emprego da aplicación para este proceso: "admisión de alumnado". Desde esa aplicación se pode realizar a petición da seguinte maneira:
1º.- Electrónicamente a través da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado para os que posúan DNI electrónico ou similar.
2º.- Descargar o impreso cuberto da aplicación e presentar a solicitude no centro de 1ª opción.
3º.- Descargar o impreso da 1ª páxina da aplicación , cubrilo manualmente e presentar a solicitude no centro de 1ª opción
Para acudir a aplicación premer neste enlace:https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
Lexislación:
De todo o proceso terán información neste mesmo apartado.
Formalización de matrícula : 25 de xuño a 10 de xullo
Probas de acceso a Ciclos Medios e Superiores 2018
Ven de publicarse no portal www.edu.xunta-es/fp o calendario de probas de acceso a ciclos medios e superiores
Publicada a convocatotia (borrador) de 22 de xaneiro 2018
Impreso de inscrición C.Medios
Impreso de inscrición C.Superiores
Semana Branca no IES Laxeiro
Un grupo de alumnas e alumnos de 1º, 2º e 3º de ESO estivo do 27 ao 3 de febreiro en Andorra iniciándose na práctica do esquí, no sector de El Tarter e Soldeu, no dominio de Grandvalira.
O IES Laxeiro en Turquía
Unha delegación do IES Laxeiro participou nunha reunión transnacional de mobilidade e aprendizaxe na cidade turca de Tekirdag, no marco do proxecto Erasmus+ Tunnel of Time. O grupo, formado por cinco alumnos e alumnas de 3º de ESO acompañadas polos profesores Mar García e Xosé M. García, viaxou o pasado xoves día 11 esta cidade costeira a carón do mar de Mármara, a uns 120 km ao oeste de Istambul, uníndose ao resto de delegacións participantes, procedentes de Francia e Finlandia.
Na Sehit Mehmet Sengül Ortaokulu, escola anfitrioa, desenvólvense as distintas actividades do intercambio. Ademais de participar na vida lectiva do centro e dar a coñecer os distintos lugares de procedencia, expuxeron os traballos realizados ao longo deste primeiro período do curso. Temas relativos a cuestións de xénero e habilidades para a vida, vistos a través de distintos grupos de idade, así como o multilingüismo e a interculturalidade inspiran as diferentes achegas. Para iso contan coa colaboración dos grupos de Educación Infantil do CEIP M. Rivero e a residencia d’As Dores, onde elaboraron vídeos e recolleron contos ilustrados polos nenos e nenas. Igualmente fotografaron un día na vida de nenos-as, adolescentes e avós para logo expoñer na reunión e participar en distintos talleres.
Os adolescentes foron acollidos por familias locais, unha experiencia altamente enriquecedora pois tiveron a oportunidade de coñecer desde dentro a cultura e vida diaria das familias de Tekirdag. Igualmente puideron coñecer de primeira man unha cidade cultural e historicamente tan relevante como é a vella Constantinopla, actual Istambul.
O grupo regresou o xoves 18; será agora cando toca escoitar as súas impresións acerca desta interesante experiencia.
![]() |
|
![]() |
|
![]() |
![]() |
Xornada Titoría Entre Iguais - TEI
O derradeiro día lectivo do primeiro trimestre, o xoves 21 de decembro, adicamos parte da xornada a fortalecer os lazos entre o alumnado participante no programa TEI por medio de xogos populares e tradicionais.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Sorteo da da cesta do nadal IES Laxeiro
Efectuado o sorteo das rifas da cesta de nadal 2017, comunicamos que o número agraciado co premio foi o seguinte
2764
Logo do proxecto Tunnel of Time
Xa temos logo do proxecto Tunnel of Time. Os votos dos participantes españois, fineses, franceses e turcos resultaron na elección, de entre os tres seleccionados en cada país, do logo dunha estudante finesa como logotipo oficial do proxecto no que participa o IES Laxeiro. Este é o elixido:
|
|
Premio a nosa Alumna Sara Granja Sanmartín
Parabéns a nosa alumna Sara Granja Sanmartín polo seu traballo:
"O maltrato crea cadeas, a igualdade dá a forza para rompelas".
#lalinsenviolencia @eigualdade
Anxo Moure e alumnas-os do Laxeiro no CEIP M. Rivero
Días atrás as nenas e nenos de Educación Infantil do CEIP M. Rivero aprenderon e divertíronse coas historias de O carballo con botas, contadas de primeira man polo seu autor Anxo Moure. Son historias que defenden os bosques de carballos, teixos, bidueiros... e tentan fomentar o coidado do noso hábitat natural, frecuentemente ameazado desde diversas frontes.
Na posta en escena participaron Zerua, Lucía e Brais, de 3º de ESO, nunha lucida actuación xunto con Anxo, para ledicia dos cativos e cativas.
A sesión de contacontos está vinculada á colaboración das profesoras e alumnado do M. Rivero co IES Laxeiro dentro do marco do proxecto Erasmus+ Tunnel of Time
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
