Tecnoloxía
O Club de Ciencias do noso centro presenta os seus estudios de investigación...
O Club de Ciencias presenta os resultados dos seus primeiros Proxectos de Investigación Científicos. No seu segundo ano de traballo, coordinado pola compañeira Concha Villar Moure, publicar os resultados e conclusións dos seus estudios científicos...
Profesorado Tecnoloxía
Nome e Apelidos |
Cargo/Titoría |
Lourdes |
|
Juan José Rodríguez Siaba | Xefe do Departamento |
Jorge Fuentes Montoto | |
Primer Taller de Robótica e Programación como iniciativa de Polos Creativos, co alumnado do Intercambio de Lalinde
Xa inauguramos a Dotación de Polos Creativos do noso Centro! De feito realizouse un Taller de Robótica e Programación que tíñamos no Programa de Actividades do Intercambio estudiantil cos alumnos do Collège Jean Monet, da localidade francesa de Lalinde.
Podemos decir que lles gustou traballar por parellas, práctica a modo bricolaje, resultándolles divertido e interesante. En canto ao entorno de programación resultoulles un pouco difícil.
Evidentemente, tamén foron capaces de resolver pequenas incidencias non só constructivas dos Robots coma na súa Programación "… ir hacia atrás cando tiñan que hacia adiante…" son cousiñas do directo!
Queda a evidencia recollida na prensa no Faro de Vigo [03/03/2023] ---> Fai Click
Fotografía de: Estudiantes franceses amplían el alumnado del Laxeiro | BERNABÉ/JAVIER LALÍN
Visita ao Parque Eólico Experimental de Sotavento
O pasado mércores 11 de xaneiro de 2023, o alumnado do Ciclo Medio de Instalacións Eléctricas e Automatismos e xunto co alumnado de 1º Bacharelato que cursan a área de Tecnoloxía industrial, participaron nunha actividade complementaria, coa visita ao Parque Experimental Eólico de Sotavento, situado na Serra da Loba. Os contidos estiveron centrados na parte técnica pero non faltou a compoñente transversal de do comportamento social e ético en canto a problemática medioambiental dos recursos enerxéticos. Nesta visita puideron afianzar os seus coñecementos de tecnoloxía e instalacións acerca das enerxías renovables. Como en anos anteriores, fomos recibidos e moi ben atendidos polo persoal deste parque, que é moito máis que unha central de produción de enerxía eléctrica, senón que funciona como unha aula divulgativa das vantaxes das fontes de enerxía renovables e de promoción de condutas sostibles e respectuosas co medio, tan necesarias para fomentar na cidadanía un consumo enerxético responsable.
Esta actividade estivo organizada polos depart. de Electricidade FP e Tecnoloxía Bach do noso centro.
Mes da Ciencia no IES Laxeiro
Como cada ano, celebramos o mes de novembro como da Ciencia en Galego. Dende o noso centron dende o Club de Ciencias e do Equipo de Normalización Lingüística, están a planificar un conxunto de actividades para disfrutar da Ciencia en Galego. A Proposta de actividades é moi diversa e conta coas seguintes, e moito máis...
Propostas de actividades para o mes da Ciencia Novembro | |
|
Departamento de Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía |
|
Departamento de Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía |
|
Departamento de Física e Química |
Temática: Eficiencia enerxética |
Xa temos testimonios de Boas Prácticas no noso centro, aquí tendes unha mostra no seguinte vídeo:
Vídeo realizado por Cristina Iglesias Iglesias - Profesora de Física y Química
Proxectos do Club de Ciencias 2022
Xa estamos a finais do curso escolar 2021-2022, e outro ano máis recollemos os Proxectos do noso Club de Ciencias:
Estudio complementario ao de Seguridade nas Aulas en tempos de COVID
Presentamos a memoria informe do estudio científico que fomos desenvolvendo ao longo de este curso 2020-2021 como proxecto complementario ao estudio de Seguridade nas Aulas en tempos de Covid.
Nesta parte fíxose mais caso a deseñar e fabricar un medidor de CO2, dende unha perspectiva do "hardware libre" coñecido como unha extensión do proxecto ARDUINO. O Medidor da calidade do aire das nosas aulas resultou económico, unha solución baseada no ESP32 conectado con dous sensores de tipo analóxico MQ-135 e de tipo dixital CSS811.
O "plus" de este estudio, realmente, foi o de experimentar unha das aplicacións do IoT (Internet of Things), o Internet das cousas e o servizo da nube, Cloud Computing (ThingSpeak), para un ámbito científico escolar.
Un éxito!
Acceso ao Documento --> Memoria Informe do Estudio complementario ao de Seguridade nas Aulas en tempos de Covid.
Acceso a unha Carpeta compartida onde está todos os recursos e materiais do estudio. Memoria Informe, documentos, gráficos, programas...
Impresión 3D, creatividade e diversión con xenomas.
Como se chega dende as largas secuencias con só catro letras (A, C, G, e T) á expresión de características e funcións biolóxicas? Que é o código xenético? A resposta atopámola empregando unha ferramenta orixinal e estimulante que permite aos estudantes investigar os pasos na síntese de proteínas: un puzzle elaborado con madeira e pintado polo alumnado empregando as plantillas que obtiveron por impresión 3D.
Acceder ao documento --> estudio científico
Seguridade nas aulas en tempos de COVID.
O alumnado do Club de Ciencia realizou unha exhaustiva investigación e análise estadístico para contrastar se co protocolo establecido a media de CO2 en aulas piloto podía considerarse por debaixo do umbral de 800 ppm e se as diferenzas en canto as características físicas da aula e número de alumnos e alumnas no grupo non influían nos niveles de CO2.
Documento adxunto ---> Seguridade nas aulas en tempos de COVID .pdf
Resultados do Estudo de Ventilación das Aulas do noso centro.
Xa temos resultados sobre o Estudo de Ventilación das Aulas do noso centro IES Laxeiro.
Tanto por parte das/os "científicas/os" do Club de Ciencias do IES Laxeiro coma do Grupo de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela coincidimos na necesidade de ventilar as nosas aula. En canto as pautas, en resumo, é preciso ventilar dúas veces uns quince minutos en cada hora. E no mellor dos casos, tan só é preciso ventilar uns cinco minutos en cada hora.
No documento adxunto temos as pautas recomendadas para todas as aulas do noso centro [Informe do día 3/3/2021]. Ver Documento -> PDF
As/Os nosas/os científicas/os fixeron as medicións de todas as aulas, recollendo datos de experimentación, da orientación das aulas, do número de fiestras, da súa situación ante as condicións meteorolóxicas… Igualmente, estiveron facendo medicións de niveles de CO2 en ppm ao longo das sesións de clase. Observaron como ao manter a ventilación da aula os valores se podían manter en situacións de baixa vulnerabilidade para a situación do COVID-19. Claramente, observaron como ao pechar portas e fiestras rápidamente se cargaba o ambiente. Nas gráficas obsérvase os picos que corresponde a esas situacóns coma de cando se realizaban tarefas de limpeza con sustancias hixienizantes (alcoholes e lexivias). Tamén se observa claramente como nos periodos dos recreos onde se aproveita para ventilar, se recupera as mellores condicións do aire das aulas.
Queda agora axustar "científicamente" o tempo de ventilación de cada aula para manter o confort axeitado para a práctica educativa. As/Os nosas/os ciéntificos seguen a traballar...
O alumnado participante é dos cursos de 4ºESO B e de 2ºESO C.
O Proxecto está a ser titorizado por os profesores do Departamento de Bioloxía – Conchi e do Departamento de Tecnoloxía - Diego e Jorge.
O Equipo de Física da USC que desenvolveu en consorcio coa Consellería de Educación da Xunta de Galicia é dirixida por os Catedráticos Jorge Mira y Alberto Pérez Muñuzuriz. Por parte de MeteoGalicia, Mari Luz Macho subdirectora de Meteorología y cambio climático. Y con presencia de Vicente Pérez Muñuzuriz (Vicerrector d lnnovación e Investigación científica da USC, e Román Rodríguez Conselleiro de Educación -> Ligazón do Acordo
Ligazón a aplicación Web -> https://ventilacion.usc.es/
Mostra do comportamento da calidade do aire e dos periodos de ventilacións na Aula de 4º ESO B.
Corresponde a monitorización do CO2 do 12 de febreiro de 2021.
Se facedes Click na imaxe, podedes consultar o monitoreo de CO2 en tempo real. só se mostran os últimos 300 datos -(feeds)-
Empregouse un medidor experimental, baixo a "filosofía ARDUINO", cun microcontrolador ESP32, dous sensores un analógico (MQ-135) e outro digital (CCS811) e con monitoreo na nube por parte de Thingspeak.
