Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Os Polos Creativos terán un deseño modular e innovador, estarán dotados de equipación especializada, ocuparán espazos físicos definidos nos centros educativos, organizaranse didácticamente para formentar a creatividade a través da superación de retos, a consecución de proxectos, a resolución de problemas, a realización de prototipos, a construción de resultados tanxibles, etc.
Enfocaranse á aprendizaxe conxunta, colaborativa e comunitaria. Tamén poderá albergar prácticas de investigación e experimentación. Terán unha visión ampla e integral do coñecemento e dos retos tecnolóxicos e dixitais en todos os campos do saber (humanidades, arte, ciencias sociais e naturais, artesanía, etc).
Funcionarán como centro de actividades no que se traballe a intelixencia artificial e outras tecnoloxías intensivas, o procesado audiovisual e artístico, a realidade virtual e a impresión 3D, as tecnoloxías de control computerizado e fabricación aditiva, o mecanizado de diferentes materiais, a electromecánica, a robótica e os microcontroladores, entre outras.
Serán, por tanto, espazos abertos ás comunidades locais para favorecer o desenvolvemento de competencias dixitais e científico-tecnolóxicas e artísticas do conxunto da cidadanía, polo que ofertarán actividades formativas para os diversos colectivos. En concreto, facilitará a solución conxunta de problemas coa participación de alumnado, profesorado e familias, e fomentará especialmente aquelas accións que impliquen a participación de nais e pais xunto cos seus fillos e fillas en actividades tanto de formación como de creación.
Máis información
Listaxe de centros adxudicatarios e de solicitudes denegadas na primeira reunión.
Listaxe de centros adxudicatarios, de solicitudes denegadas e de listaxe de agarda na segunda reunión.
Material dispoñible
Descrición orientativa do material
Prazo
O prazo de presentación de solicitudes abriuse o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e permanecerá aberto con carácter permanente.
Solicitudes en: https://edu.xunta.gal/programaseducativos/
Como acceder ao formulario de petición: