Física e química
O Club de Ciencias do noso centro presenta os seus estudios de investigación...
O Club de Ciencias presenta os resultados dos seus primeiros Proxectos de Investigación Científicos. No seu segundo ano de traballo, coordinado pola compañeira Concha Villar Moure, publicar os resultados e conclusións dos seus estudios científicos...
Profesorado Física e Química
Nome e Apelidos | Cargo / Titoría |
Mª Dolores Fernández Villanueva | Xefa de Departamento |
Celia López Pardo |
Profesora |
Cristina Iglesias Iglesias | Profesora, tutora 3ºA |
Proxectos do Club de Ciencias 2022
Xa estamos a finais do curso escolar 2021-2022, e outro ano máis recollemos os Proxectos do noso Club de Ciencias:
MES DA CIENCIA EN GALEGO
O club de ciencia do IES Laxeiro celebra o mes da Ciencia en Galego coa realización dunha serie de actividades que permiten divulgar o coñecemento dun xeito diferente e accesible a toda a comunidade educativa. A programación inclúe proxeccións audividuais, elaboración de carteis en honor aos homenaxeados, exposicións científicas e talleres para experimentar.
- Preparación e montaxe da exposición de minerais e rochas.
- Exposición recursos naturais de Galicia e xogos vinculados.
- Elaboración de carteis en honor aos homenaxeados.
- Exposición albúms ilustrados e outros libros de ciencia
- Snack experiments- efecto invernadoiro.
- Cine e debate - The Imitation Game e Ex Machina.
- Criptografía e construción de aparellos de encriptación-desencriptación.
Tabla periódica tridimensional terminada.
Este ano terminouse o proxecto da táboa periódica tridimensional. O ano pasado fixemos tres caras: o símbolo, as propiedades e as aplicacións. Este ano completamos con mulleres científicas galegas, e algunha internacional. Na cuarta cara está un código QR en cada científica que vos leva á información que buscastes o ano pasado, e que o departamento de galego axudou a pulir. Moitas gracias a tod@s por participar. Ide a ver como quedou o voso traballo.
Impresión 3D, creatividade e diversión con xenomas.
Como se chega dende as largas secuencias con só catro letras (A, C, G, e T) á expresión de características e funcións biolóxicas? Que é o código xenético? A resposta atopámola empregando unha ferramenta orixinal e estimulante que permite aos estudantes investigar os pasos na síntese de proteínas: un puzzle elaborado con madeira e pintado polo alumnado empregando as plantillas que obtiveron por impresión 3D.
Acceder ao documento --> estudio científico
Seguridade nas aulas en tempos de COVID.
O alumnado do Club de Ciencia realizou unha exhaustiva investigación e análise estadístico para contrastar se co protocolo establecido a media de CO2 en aulas piloto podía considerarse por debaixo do umbral de 800 ppm e se as diferenzas en canto as características físicas da aula e número de alumnos e alumnas no grupo non influían nos niveles de CO2.
Documento adxunto ---> Seguridade nas aulas en tempos de COVID .pdf
Programación do curso 2020/2021
Nas ligazóns que seguen pódese descargar a programación do departamento que rixe para o curso 2020-2021
Semana da Robótica no Laxeiro - [17-21 febreiro 2020]
Un grupo de alumn@s convertíronse en Profesores "chiflados" de Robots...
Nunha primeira fase, foron aprendices, construindo e programando os Kits de Robots que temos no Instituto.
Logo na seguinte fase, eran eles os que titorizaban a grupos de alumnos interesados de 1º ESO.
Esta actividade foi coordinada por o Club de Ciencia, na selección do alumnado participante, con criterios de igualdade de oportunidades, de paridade de xénero e de idade.
Ao profesorado tamén se lle "formou" no manexo dos Kit de Robótica pero coma sempre foron superados polo noso alumnado de 1º ESO...
Unha experiencia que volveremos a repetir e a contar en canto teñamos o noso Espazo Maker no noso centro.
Alumnos Titores:
- Matías Rubén Zorrilla Duarte - 2º ESO B
- Iria Carballude Beleda - 2º ESO A
- Guillermo Pérez Fernández - 2º ESO C
- Samuel Núñez Grove - 2º ESO C
- Tomás Hermida Paulaskiene - 2º ESO A
[17-21 febreiro 2020]
- LEGO WE.DO 2.0 - Conxunto de actividades de ciencias - KIT nivel principiante
- LEGO MINDSTORM EV3 - KIT nivel avanzado
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
