Música

Profesorado Música


Nome e Apelidos Cargo / Título
   
Álvaro Varela Ferradáns  
Ana Dios González Xefa do departamento

Musiqueando no Laxeiro

A COAEM (Confederación de Asociacións de Educación Musical do Estado Español) organiza cada ano unha proposta chamada Musiqueando, para visibilizar a importancia da música no ensino obrigatorio. Neste curso no que a pandemia condicionou tanto a práctica musical nas aulas, o Departamento de música celebrou o Musiqueando 2021 implicando a todo o alumnado de música da ESO do IES Laxeiro (uns 200 alumn@s), que representaron hoxe, 26 de maio, unha coreografía pautada por Santi Serratosa, nos xardíns xunto ao centro.

Esta semana colgarase este traballo nas redes sociais coas etiquetas: #musiqueando 2021, #musiqueandoviral, #nosimportalamusica.

Agradecemos a todo o alumnado a súa participación e ao profesorado e ao concello a súa colaboración.

Programación e contidos mínimos do departamento de Música. Curso 2020-2021

Nas ligazóns que seguen pódese descargar a programación do departamento e os contidos mínimos que rixen para o curso 2020-2021 tanto a nivel de música coma de Cultura Clásica

Distribuir contido