FINALISTAS nos desafíos sobre Economía Circular de GALICIENCIA
Os "Pitufos Científicos", equipo formado por Nuria Jar de la Fuente, África López Díaz e Samuel Núñez Grove, quedaron entre os 9 equipos finalistas dos 600 centros participantes para defender a súa proposta sobre economía circular no último reto final que tivo lugar, de xeito presencial, durante a celebración de Galiciencia. Competiron cos representantes doutros centros e aínda que non acadaron o premio defenderon con decisión e orixinalidade a súa idea.

Uníronse á visita das instalacións de Tecnópole os seus compañeiros e compañeiras de 4º ESO e todos/as tiveron a oportunidade de visitar a maior feira científica de Galicia. A temática deste ano, Economía circular, coincide coa do noso concurso de fotografía Luis Gustavo, no que ata o 30 de maio vos animamos a participar!
Ademais de visitar os stands, nos que alumnado de distintos centros galegos de primaria e secundaria presentaron os seus interesantes proxectos, o alumnado asistiu ao taller "Da liña ao círculo" no que se ofreceu unha perspectiva diferente do consumo potenciando o pensamento crítico e reflexivo de cada un de nós ante a necesidade de mudar a nosa actual economía lineal por unha economía circular baseada na planificación do deseño e vida dos produtos para lograr o máximo aproveitamento e reducir o consumo de recursos naturais.

Adxunto | Tamaño |
---|---|
IMG_3479.jpg | 1.26 MB |
IMG_3446.jpg | 1.5 MB |
PHOTO-2022-05-12-13-47-00.jpg | 216.92 KB |
PHOTO-2022-05-12-13-47-02.jpg | 172.08 KB |
IMG_3449.jpg | 1.72 MB |
»