VISITA Á CATEDRAL DE SANTIAGO E PÓRTICO DA GLORIA

Alumnado Historia Da Arte de 2º BAC.

Curso 2021-22

 

O día 28 de xaneiro o alumnado de Arte acompañado pola súa profesora, María Soledad Milmanda Cajaraville e polo profesor Jorge Fuentes Montoto visitaron a impresionante Catedral de Santiago e o Pórtico da Gloria. Admiramos a magnífica restauración levada a cabo, desfrutando da policromía do Pórtico do Mestre Mateo.

 

Contemplamos a impoñente fachada do Obradoiro e bordeamos a Catedral descubrindo a cabeceira e a única fachada románica, a de Praterías.

 

Tras o parón da pandemia que nos impediu o curso pasado realizar esta actividade, foi un enorme pracer retomala, nun curso onde contamos cun numeroso grupo de Arte.