Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
![]() IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Grupo TICGrupo de dinamización das Tecnoloxías da Información e da Comunicación Proba de Competencia Dixital alumnado de 4º ESO - Curso 2022-2023
» Plan Dixital - Curso 2021 - 2022No curso 2021-2022, o noso centro incorporouse a Rede Dixital Galega de Centros DixitalGal. Toda a Normativa está ligada ao Portal Educativo sobre a Competencia Dixital. Fai Click na icona para acceder --> Ao longo do curso 2021-2022, realizouse a Fase I de Diagnose e de Análise da situación de Partida, e logo, realizouse a Fase II a de Deseño e Elaboración do Plan de Acción na concreción de obxectivos... No curso 2022-2023 realizarase a Fase III, na implantación, seguimento e avaliación do Plan Dixital. O Plan Dixital é un instrumento para a mellora da Competencia Dixital de toda a nosa Comunidade Educativa, evidentemente, sempre na procura da mellora educativa ao noso alumnado. Un mecanismo accionado polo modelo de centro educativo dixital e enmarcado no Plan Estratéxico Europeo do Centro Común de Investigación | Comisión Europea . O documento foi presentado ao Claustro e aprobado polo Consello Escolar.
» Ligazón Cuestionario SELFIE alumnado - Plan DixitalAnimámos a todo o noso alumnado a realizar o cuestionario SELFIE para colaborar co noso Plan Dixital de Centro.
https://schools-go-digital.jrc.ec.europa.eu/self-assessment?s=SIUO6ns&lang=gl
Graciñas A día 16/11/2021, os resultados... Proxecto E-DixGal - Curso 2021 2022Na semana do 27 de setembro, procedemos a entrega dos equipos portátiles para o noso alumnado, en réxime de cesión para este curso 2021-2022. Aconsellamos as familias que revisen toda a información que está "centralizada" no espazo Abalar : Adxuntamos o folleto informativo sobre o Proxecto E-DixGal --> Descarga/ver folleto sobre o Proxecto E-DixGal Adxuntamos o folleto informativo sobre as condicións do seguro --> Descarga/ver folleto sobre o Seguro do Portátil A maiores, este ano, hai unha novidade para contratar o seguro anual para os equipos cedidos... » Proxecto E-DixGal 2021-2022Comezamos un novo curso escolar, e temos en marcha o Proxecto E-DixGal en 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO e 4º ESO. Dende o Equipo Directivo e o Grupo TIC, aportamos información sobre o proxecto dos Libros Dixitais. Pódese consultar en : https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/e-dixgal Temos acceso a información importante para as familias, en canto a equipo que r Liñas de Traballo Grupo TIC - 2020/21
Ao longo de todos estos cursos académicos, dende a incorporación do noso centro ao Proxecto de Webs Dinámicas, da nosa incorporación ao Proxecto Abalar e logo ao Proxecto E-Dixgal, todolos anos redactamos o plan de dinamización das tecnoloxías da información e da comunicación. Dende o grupo TIC, xa levamos anos traballando para elaborar o dito plan e algunhas das liñas de actuación que se van a recoller xa se comezaron a desenvolver. As liñas principais de traballo que se van a contemplar no plan TIC son as seguintes:
e por suposto ,
De todos xeitos mais Liñas de traballo a reforzar serían :
· Organización e liñas de actuación para a integración das TIC nas aulas (implicacións do profesorado, do alumnado, do resto de persoal do centro, emprego de recursos, disposición espacial das aulas, protocolos, etc.) · Emprego da metodoloxía de proxectos utilizando as TIC · Encerado Dixital Interactivo (EDI): coñecemento e uso das funcionalidades do EDI e elaboración de recursos didácticos para o emprego na aula. · Incorporación de boas prácticas educativas que usen as TIC como experiencias de aula. · Elaboración de actividades facendo uso do software que se inclúe no equipamento Abalar. · Elaboración de actividades facendo uso das ferramentas educativas da Web 2.0. · Emprego de ferramentas colaborativas, tanto de aplicación directa na aula como para compartir materiais e experiencias entre o profesorado e alumnado do mesmo ou outros centros. · Emprego de contidos dixitais educativos do Espazo Abalar e outros repositorios, e creación de novos contidos educativos dixitais mediante o uso de ferramentas de autor. · Clasificación de recursos de interese para a docencia. · Emprego didáctico das webs dinámicas dos centros (aulas virtuais, portal do centro). · Elaboración de “Aventuras na Web”. · Establecemento de estratexias para dinamizar as TIC no centro. ... Os nosos alumnos de 1º ESO participan nos obradoiros de Robótica na Cidade da Cultura.
Puideron coñecer a R2D2! Coñeceron ademais, a un grupo de persoas que se esforzan en traballar coas novas tecnoloxías, e fomentar unha cidadanía con coñecemento dixital. Os obradoiros estaban adicados a programar en Scratch (proxectos de programación nunha contorna de fácil aprendizaxe). Tamén traballaron programando uns Robots LEGO NXT e experimentaron con proxectos divertidos e asombrosos de ciencias e tecnoloxía... Ata tocaron un piano feito de froitas! Participaron nunha charla sobre os riscos de navegar por Internet. Sacaron en claro, que é fundamental o apoio dos pais (control parental) e tamén o de crear contrasinais súper-seguras... ("un para todos e todos para un!" = "1xaTo2eTo2xa1!"). Ollaron a Cidade da Cultura dende o Monte Gaias en Santiago de Compostela, un espazo aberto e cheo de posibilidades... Portáronse xenial e pasárono fenomenal! Graciñas por todo!
BENVIDOS PRIMEIROS!!
A nosa biblioteca está xa a pleno rendemento. O venres 18 recibimos entre globos e festa aos cursos de 1º da ESO. Foi un primeiro encontro dos 75 rapaces co entorno da biblio.
Ensinámoslles as nosas 3 xoias do século XIX: os tres libros máis antigos dos fondos bibliográficos. Tamén viron fotos de hai 40 anos das instalacións que había entón no instituto para ler e estudar. Todos quedaron abraiados cando descubriron que o noso centro conta con máis de 14600 volumes rexistrados…¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
…e é que a Biblioteca do Laxeiro é pequeniña , pero xeitosa. Aquí tes máis imaxes.
O Día da Ciencia en Galego no IES LaxeiroCelebramos o Día da Ciencia en Galego (4 novembro) co motivo dos sensores, e fixémolo no entorno mais común destes, no mundo da Robótica! Os alumnos de 4º prepararon unha mostra de Robots LEGO. ![]() |
Novos números
|