Distribución de máscaras a alumnado da ESO do IES Laxeiro

Segundo a Orde do 6 de novembro de 2020 e de acordo coas instrucións recibidas desde a Dirección Xeral de Centros da Consellería de EDucación, desde o día 16 ao 27 deste mes de novembro é o prazo para solicitar máscaras para o alumnado que segundo a citada orde teñen dereito.

A solicitude será presencial e realizarase cubrindo os Anexos 1 e 2 da citada orde.

IMPORTANTE:

1º.- O alumnado destinatario é o da ESO  e educación especial do centro

2º.- O alumnado que obtivo axuda de libros ou de material a través do Fondo solidario, non teñen que realizar a solicitude, xa que xa se consideran admitidos.

3º.- O demáis alumnado pode solicitala sempre que a renta per cápita da familia non exceda do umbral de 6000€

4º.- Terán dereito os matriculados en educación especial ou con discapacidades igual ou superior ao 65%

Para máis información consultar os arquivos adxuntos:

 

- Orde do 06 de novembro  de 2020(DOG do 13 de novembro)

- Instrucións da Dirección Xeral de Centros da Consellería de Educación

RECORDAR:

Prazo de solicitude: 16 a 27 de novembro

Cubrir os Anexos 1 e 2 e entregalos na Secretaría do centro coa documentación que se precisa na ORDE.

Os anexos pódense solicitar na Conserxaría do centro ou a través desta páxina Web no seguinte arquivo:

 

- ANEXOS I e II Solicitude de máscaras

 

 

Plan de continxencia_Covid19_IES Laxeiro actualizado con horarios espello para casos de ensino non presencial

En aplicación da Resolución da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se ditan instrucións para a elaboración de horarios nos centros docentes para o desenvolvemento de ensino a distancia en períodos de peche de aulas ou centros coma consecuencia da pandemia COVID19, publícase de novo o Plan de continxencia actualizado nunha nova versión e na que se inclúen os horarios-espello que seguiríanse no caso de peche de grupo ou centro.

Nos arquivos adxuntos publícanse tanto o Plan de Continxencia actualizado coma o documento de horarios-espello.

a) Plan de Continxencia actualizado

b) Horarios -espello para ensino á distancia

Novas de inicio de curso

 Normas de hixiene e seguridade en Educación Física ante a COVID19

O Departamento de Educación Física do IES Laxeiro ven de precisar as normas de hixiene, saúde e seguridade que van a terse en conta nas sesións semanais desta área. Consulta o arquivo adxunto.

 

Plantilla de novos horarios para o curso 2020-2021 no IES Laxeiro

Para información de toda a comunidade educativa, pero principalmente, para o alumnado e nais e pais, publícase no arquivo adxunto a tabla de horarios da mañá que rexirá no IES Laxeiro para o vindeiro curso escolar. No referente ás tardes-noite para Ciclos e Adultos non terá cambios, como podedes ver nas plantillas colocadas máis abaixo nesta mesma páxina web.

 

 

Listado de grupos e alumnado para o curso 2020-2021 no IES Laxeiro

Seguindo as pautas dos protocolos COVID para este curso publicamos no arquivo adxunto o listado de grupos e alumnado do IES Laxeiro para este curso

 

 

Plantillas de Horarios:

Suprímese a tarde do LUNS para ESO, Bacharelato e FPBásica e esas dúas horas engádense unha ao luns e outra ao mércores.

O LUNS NON HAI SERVIZO DE COMEDOR, XA QUE NON HABERÁ CLASE POLA TARDE

 

 

Presentación dos documentos COVID - IES Laxeiro 2020-2021

Dacordo aos Protocolos e Instruccións conxuntas da Consellería de Sanidade e da Consellería de Educación e Formación Profesional, debido a situación actual de pandemia do COVID19. Dende o noso centro, presentamos os seguintes documentos:

 De xeito complementario e organizativo, aportamos a seguinte documentación dirixido ás Familias, aos Titores, ao Profesorado e Alumnado:

 Ademáis, aconsellamos consultar como referencia a seguinte guía:

 Para máis información consultar en https://edu.xunta.gal

Proxecto TI© EMPRENDES

Temos Información relativa ao proxecto TI© EMPRENDES da Deputación de Pontevedra, cofinanciado polo Programa Operativo de Emprego Xuvenil do Fondo Social Europeo (axudas EMP-POEJ) e a Deputación de Pontevedra.

A datas previstas para empezar son a partir de setembro de 2020.

Desde o proxecto TI© EMPRENDES ofrécese:

–      11 itinerarios formativos de 125 horas de duración (100h. de formación específica e 25 de emprendemento): Formación específica (eminentemente práctica) en sectores co maior crecemento e demanda nos últimos anos como tecnoloxías da información e comunicación, turismo, lecer, deportes e restauración

–      Formación en autoemprego e/ou creación de empresas

Visibilizar as mulleres nas Letras

O club de Letras do IES Laxeiro centrouse este curso en visibilizar as mulleres en tres eidos: o literario, o histórico e o musical.

 

Hecho con Padlet

"Cantas mulleres científicas coñeces?"

Seguramente, a maior parte de nós, e de vós, contestaría unha, e a resposta sería unánime: Marie Curie. É a única muller científica que a historia patriarcal non logrou ocultar, debido á súa extrema importancia. Aínda así, houbo quen desexou concederlle o mérito ao seu cónxuxe; é o que ten a historia de Occidente, que mesmo se empeñou en tirar o apelido propio da muller para que adquirise o do esposo, como sinal última pero tamén primixenia da perda da individualidade da muller.
Pero cantas mulleres científicas hai e houbo? Moitísimas mulleres traballaron e traballan neste eido sendo tan ou máis importantes que moitos homes científicos que si constan nos manuais, nas enciclopedias, nos libros. E queremos rescatalas. Queremos que no IES Laxeiro se coñezan os seus nomes. Que se saiba que existiron e que existan. Que se transmita que o seu labor é esencial no decurso da humanidade.

Porque vós, mozas, alumnas, tedes o mesmo dereito e as mesmas capacidades ca os vosos compañeiros en calquera eido. Incluído o científico.

Hecho con Padlet

Calendario de exames de setembro 2020

Publícanse nos seguintes arquivos os calendarios de exames de setembro do curso 2019-2020 no IES Laxeiro

 

Calendario de exames da ESO e FP Básica

 

Calendario de exame de bacharelato e adultos

 

Matrícula 2021-2022 no IES Laxeiro

Comeza o período ordinario de matrícula na ESO e BACHARELATO para o curso 2021-2022.

O período de matrícula ordinaria abrangue do 25 de xuño  ao 10 de xullo .

O período de matrícula extraordinario vai do 6 ao 10 de setembro

O período de matrícula é para todo o alumnado con reserva 2021-2022 e que promocionara ao seguinte curso.   

Preme neste icono para iniciar o teu rexistro e a túa  matrícula 

 
 Matrícula 2021-2022

O proceso de matrícula é telemático, onde consta dun primeiro paso de rexistro/acceso e dun segundo paso para a escolla de curso/materias.

Se o proceso está ben realizado recibirás na túa conta de correo electrónico o resgardo da túa matrícula.

Se o proceso está incompleto ou defectuoso recibirás un aviso para revisala e volvela a enviar.

O período de matrícula ordinaria abrangue do 25 de xuño  ao 10 de xullo

O período de matrícula extraordinario vai do 1 ao 10 de setembro

Por se tendes algunha dúbida durante o proceso podedes chamar aos teléfonos seguintes:

  886151941 ( Xefatura) - 886151942 (Xefatura) - 886151943 (Dirección)  - 886151947 (Administración)

 

 

Distribuir contido