Distribución de máscaras a alumnado da ESO do IES Laxeiro
Segundo a Orde do 6 de novembro de 2020 e de acordo coas instrucións recibidas desde a Dirección Xeral de Centros da Consellería de EDucación, desde o día 16 ao 27 deste mes de novembro é o prazo para solicitar máscaras para o alumnado que segundo a citada orde teñen dereito.
A solicitude será presencial e realizarase cubrindo os Anexos 1 e 2 da citada orde.
IMPORTANTE:
1º.- O alumnado destinatario é o da ESO e educación especial do centro
2º.- O alumnado que obtivo axuda de libros ou de material a través do Fondo solidario, non teñen que realizar a solicitude, xa que xa se consideran admitidos.
3º.- O demáis alumnado pode solicitala sempre que a renta per cápita da familia non exceda do umbral de 6000€
4º.- Terán dereito os matriculados en educación especial ou con discapacidades igual ou superior ao 65%
Para máis información consultar os arquivos adxuntos:
- Orde do 06 de novembro de 2020(DOG do 13 de novembro)
- Instrucións da Dirección Xeral de Centros da Consellería de Educación
Prazo de solicitude: 16 a 27 de novembro
Cubrir os Anexos 1 e 2 e entregalos na Secretaría do centro coa documentación que se precisa na ORDE.
Os anexos pódense solicitar na Conserxaría do centro ou a través desta páxina Web no seguinte arquivo:
- ANEXOS I e II Solicitude de máscaras
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Orde do 6 de novembro distribución de máscaras alumnado ED330E.pdf | 608.65 KB |
INSTRUCCIÓNS ORDE MÁSCARAS definitivo asinado.pdf | 227.34 KB |
ANEXO I E II_ED330E_G_Alternativa.pdf | 139.36 KB |