Calendario de exames de setembro 2019

Publícanse nos seguintes arquivos os calendarios de exames de setembro do curso 2018-2019 no IES Laxeiro

 

Calendario de exames da ESO e FP Básica

 

Calendario de exames de Bacharelato e adultos

 

Caderno do proxecto Tunnel of Time

No caderno do proxecto podemos ollar o resultado das tarefas realizadas polos estudantes dos catro países socios. A versión impresa do caderno está dispoñible nos centros escolares da comarca, biblioteca así como nas institucións colaboradoras.

booklet_cover

A vida escolar nos centros participantes no proxecto Tunnel of Time

Un filme que mostra a vida durante o curso nas escolas socias no proxecto Erasmus+ 2017-19 Tunnel of Time.

Montando a exposición final do proxecto no centro comercial Pontiñas

No remate do noso proxecto Erasmus+ Tunnel of Time montamos unha exposición cos traballos realizados no centro comercial Pontiñas. Moitas grazas pola colaboración!

expoToT

Physics and Chemistry

 

There are some of our experiments. It was a good year. Thanks to everybody.

Charla de difusión da visita ao Jynkänlahden koulu (Kuopio, Finlandia)

O alumnado participante na cuarta actividade de ensino, aprendizaxe e formación do proxecto Tunnel of Time difunden a súa experiencia entre as e os compañeiras/os.

 

 difusion_Kuopio

Graduación IES Laxeiro 2019

O pasado sábado 25 de maio, o noso alumnado de 2º Bacharelato rematou o curso 2018-2019 e celebrámolo cun Acto de Graduación moi emotivo...

Para ver todas as fotos, clica na imaxe e entra usando a túa conta de correo do IES Laxeiro (@ieslaxeiro.com).

Moita sorte nesta nova andadura...

 

Xornada de ráfting no IES Laxeiro

Na solleira mañanciña deste venres 31 de maio mozas e mozos de 1º de bacharelato, con algunha intrépida alumna de 4º de ESO, descenderon un tramo do río Ulla a bordo de tres balsas neumáticas, completando unha fantástica experiencia de ráfting. O Ulla, un dos ríos máis longos e caudalosos de Galicia, e grazas ás temperaturas destes días, convidaba a mollarse e así foi, non só polas salpicaduras se non tamén polos chapuzóns (algúns adrede e outros non tanto). O bo facer dos profesionais de Arrepions contribuiu ao éxito desta xornada de ráfting desenvolta na zona de Herbón.

Velaquí unhas instantáneas dos mellores momentos.

 grupo rafting 

 Para ver todas as fotos, clica aquí ou en calquera das dúas fotos anteriores e entra usando a túa conta de correo do IES Laxeiro (@ieslaxeiro.com).

Distribuir contido