Probas de acceso a Ciclos Medios e Superiores 2021
Convocadas as probas de acceso a Ciclos Medios e Superiores do ano 2021. No portal www.edu.xunta.es/fp pódese consultar toda a información relativa a esta convocatoria. Nos arquivos adxuntos podedes informarvos de todo o relativo ao proceso desta convocatoria.
Na convocatoria de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior para o ano 2021 as persoas solicitantes soamente poderán cubrir a solicitude de admisión ás probas a través da
aplicación informática "Ciclosprobas" , que funcionará como asistente, desde a opción dispoñible na páxina www.edu.xunta.gal/fp/probas ou ben directamente na desde a seguinte ligazón:
(https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do). Polo tanto, os centros de inscrición soamente deberán recoller aquelas solicitudes que foran realizadas a través da aplicación "Ciclosprobas".
A aplicación informática Ciclosprobas para a convocatoria 2021 estará dispoñible desde o día 18 de febreiro.
O prazo de presentación de solicitudes para a inscrición as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior comenzará o 18 de febreiro e finalizará o 3 de marzo de 2021.
O prazo de presentación de solicitudes para a inscrición as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio comenzará o 15 de marzo e finalizará o 26 de marzo de 2021.
- Orde do 21de xaneiro de 2021 que regula a convocatoria
- Información Probas de acceso a Ciclos Superiores
- Información Probas de acceso a Ciclos Medios
_ Guía do asistente informático grado superior
- Guía do asistente informático grado medio
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Orde_21_xaneiro_2021_gal Probas de acceso Ciclos 2021.pdf | 789.1 KB |
Calendario probas de acceso 2021.pdf | 198.01 KB |
Información probas de acceso a GS_2021_VF.pdf | 1.19 MB |
Guía asistente informático_GS_2021.pdf | 2.14 MB |