Matrícula 2024-2025 - ESO & BACH.

Comeza o período ordinario de matrícula na ESO e BACHARELATO para o curso 2024-2025.

O período de matrícula ordinaria abrangue do 26 de xuño ao 7 de xullo.

O período de matrícula é para todo o alumnado con reserva 2024-2025 e que promocionara ao seguinte curso.   

Preme neste icono para iniciar o teu rexistro e a túa  matrícula

O proceso de matrícula é telemático, onde consta dun primeiro paso de rexistro/acceso e dun segundo paso para a escolla de curso/materias.

Se o proceso está ben realizado recibirás na túa conta de correo electrónico o resgardo da túa matrícula.

Se o proceso está incompleto ou defectuoso recibirás un aviso para revisala e volvela a enviar.

Por se tendes algunha dúbida durante o proceso podedes chamar aos teléfonos seguintes:

886151941 (Xefatura) - 886151942 (Xefatura) - 886151943 (Dirección)