C.S Mantemento de Equipo Industrial

Ciclo formativo de grao superior

Duración: 2000 horas

  Que se aprende a facer?

Programar e organizar a realización dos plans de mantemento de maquinaria e equipo industrial, partindo da documentación técnica. Coordinar e supervisar a execución dos procesos de mantemento e realizar a instalación en planta da maquinaria e equipo industrial e a posta a punto dos mesmos, optimizando os recursos humanos e medios dispoñibles, dándolles soporte necesario aos técnicos de nivel inferior e conseguindo os niveis de calidade e condicións de seguridade establecidas e de normalización vixente. Desenvolver proxectos de modificación ou de mellora da maquinaria a partir do anteproxecto, de acordo coas normas establecidas e garantindo a viabilidade da fabricación.

  En qué ámbitos se traballa?

Enxeñaría planificación, programación, compras, execución e control de calidade e loxística de mantemento e reparación de maquinaria e equipo industrial; instalación e montaxe en planta de maquinaria e equipo industrial.

  Que ocupacións se desempeñan?

Técnico en instalacións e montaxes de equipos industriais. Técnico en organización do mantemento.

Módulos Horas
 Calidade no mantemento e na montaxe de equipos e instalacións 90
Elementos de máquinas 80
Formación e orientación laboral 55
 Formación en centros de traballo 380
 Montaxe e mantemento de sistemas automáticos de produción 165
Montaxe e mantemento do sistema mecánico 185
Montaxe e mantemento dos sistemas eléctrico e electrónico 185
Montaxe e mantemento dos sistemas hidráulico e pneumático 130
Plans de seguridade no mantemento e na montae de equipos e instalacións 55
Procesos e xestión do mantemento  110
Proxectos de modificación do equipo industrial  165
Relacións no contorno de traballo  55
Representación gráfica en maquinaria  110
 Técnicas de fabricación para o mantemento e a montaxe  160

  Que título se obtén?

Técnico superior en mantemento de equipo industrial

  A que outros estudos se pode aceder?

Diplomado en máquinas navais; Diplomado en navegación marítima;Diplomado en radioelectrónica naval;Enxeñeiro técnico aeronáutico;Enxeñeiro técnico agrícola;Enxeñeiro técnico de minas;Enxeñeiro técnico de obras públicas;Enxeñeiro técnico en deseño industrial;Enxeñeiro técnico en informática;Enxeñeiro técnico forestal;Enxeñeiro técnico industrial;Enxeñeiro técnico naval;Licenciado en física.