Equipo de Normalización, Grupo TIC, Grupo Convivencia, Axenda 21, Información xeral, Integrantes e grupos , Actividades, Recursos, Información xeral, Recursos, Funcións, Plan de convivencia, Recursos, Actividades, Actividades, Igualdade de xénero, Información xeral, Actividades

O IES.Laxeiro acada o 1º Premio ao Proceso de Implantación ou Desenvolvemento da Axenda 21 escolar

Na Resolución do 26 de Outubro , publicada no DOG do 12 de novembro,a Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe da Xunta da Galicia ven de conceder ao IES. Laxeiro un premio de 1.200€ pola súa labor de implantación ou Desenvolvemento da Axenda 21 escolar en Galicia en centros educativos do ensino público non universitario correspondente ao curso 2009 - 2010.

O arquivo adxunto queda coma testemuña do éxito acadado e polo que felicitamos aos Departamentos que están desenvolvendo estas actividades e en nome de todos eles, profes e alumnos/as, ao Xefe do Departamento de Bioloxía  e Ciencias Naturais, Luís Jar, verdadeiro impulsor destas iniciativas.

A Comunidade do IES.Laxeiro séntese unha vez máis orgullosa pola labor que se está levando a cabo en tantos eidos educativos e polos que segue colleitando tantos éxitos. ¡NORABOA!

Obradoiro de Habilidades Sociais para 1º ESO

O luns 8 de novembro, os grupos de 1º ESO participaron un obradoiro de habilidades sociais impartido por psicopedagogas do Servizo de Drogodependencias do concello. Os temas tratados abranguían a asertividade, importancia de saber dicir que non, técnicas para levalas a cabo.

 

VACA FILMS NO IES LAXEIRO

O vindeiro venres 22 de outubro, VACA FILMS,
produtora galega de cine, responsable entre outros títulos de Celda
211
, vai desenvolver  no IES
Laxeiro de Lalín un programa de achegamento e promoción do cine aos estudantes
de 2º de bacharelato.

Acceso e matrícula aos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPIs) para o curso 2010-2011 no IES.Laxeiro

No arquivos adxuntos podes informarte do proceso de admisión e matrícula para os Programas de Cualificación Profesional Inicial no curso 2010-2011 no IES. Laxeiro.

Admisión e matrícula de adultos para o curso 2010-2011 no IES.Laxeiro

 No arquivo adxunto podedes informarvos do calendario de admisión e matrícula tanto de Educación Secundaria coma de Bacharelato de adultos para o curso 2010-2011 no IES-Laxeiro

SIXA, un Sistema Informático de Xestión Académica no IES.Laxeiro

A partires de setembro, no inicio do curso 2010-2011, o IES.Laxeiro porá en marcha un novo plan de xestión académica. SIXA, un programa informático creado por ENXENIO en colaboración coa Facultade de Informática de A Coruña, vai significar un novo paso na vida académica do noso centro.Un programa que vén a completar a Xade e que costituirá unha ferramenta esencial no traballo do profesorado. A través del os profesores , Dirección e Secretaría do Centro poderán xestionar todo o traballo tanto académico coma de titorías e comunicación cos pais/nais do noso alumnado.

Un programa que funcionará tanto a través da rede wifi do profesorado coma a través de terminais coma un móbil PDA ou un simple "pendrive" conectado a un PC para poder traballar dende a propia casa.

O sistema constará de tres módulos ou aplicacións:

  • Aplicación para o profesorado
  • Aplicación para o Equipo Directivo
  • Comunicación coas familias

No arquivo adxunto poderás informarte máis polo miudo do que vai a consistir este proxecto que o IES.Laxeiro , no seu afán de millora continua, porá en marcha no vindeiro curso.

    

Éxito rotundo dos alumnos/as do IES.Laxeiro nas PAAU 2010

O 100% de alumnos de Bacharelato diurno do IES.Laxeiro veñen de superar as Probas de Selectividade que se celebraron en Santiago de Compostela. Sen dúbida un resultado que vén certificar que o camiño percorrido foi acertado.

A este feito hai que engadir que a maioría destes alumnos/as poderán acceder aos estudos desexados debido aos resultados acadados. Subliñar que algúns deles, sumando a nota ponderada da parte específica das Probas de Selectividade , chegan a ter notas de acceso superiores a doce que lles permitirán entrar en calquera carreira do Sistema Universitario Galego . Estas cualifcacións sitúan a algúns deles entre os mellores de Galicia e por suposto na Comarca do Deza.

Destacar entre todos eles a Paula Taboada Troitiño e Roi Gallego Fernández, que o vindeiro 9 de xullo acudirán ao Acto que terá lugar no Auditorio de Galicia e que servirá para premiar a aqueles alumnos/as que acadaron un nove ou superior na nota ponderada entre Bacharelato e as PAAU.

Dende esta páxina Web, fiestra do noso Instituto, tan só agradecer a todos/as o esforzo realizado e o ter deixado o pavillón da nosa Comunidade Educativa nun nivel tan alto.

 ¡GRAZAS, CHAVALES!

Plan de Convivencia do I.E.S. Laxeiro

Despois de moitas reunións e moito traballo xa foi elaborado o Plan de Convivencia. Desde a Comisión de Convivencia tratamos de que sexa un plan aplicable e práctico e que, sobre todo, axude a mellorar a convivencia no centro. Esperamos que sexa un punto de partida, xa que é un plan que revisaremos tódolos cursos, mellorando ou cambiando as actividades segundo a avaliación final que fagamos de cada unha delas.

Tamén trataremos de darlle unha maior participación ao alumnado mediante a creación dos Consellos de Aula e mediante a dinamización da Asemblea de Delegados.

O Plan xa foi aprobado polo claustro e polo Consello Escolar e será aplicado no vindeiro curso 2010-2011.

Lugar e data das probas de acceso a Ciclos Medios

 O IES. Pintor Colmeiro de Silleda acollerá o venres 4 de xuño as Probas de Acceso a Ciclos Medios. No arquivo que se adxunta pódese consultar máis cumprida información ao respecto

 

 

Un grupo de alumnos do IES Laxeiro, gañador da primeira edición Parlamento xove de debate

Coordinados polo profesor Manuel Igrexas, os alumnos de Bacharelato do IES Laxeiro Yolanda Gordedo, Marcos Vilas, Lucía Riádigos, Fátima Mosteiro e Roi Gallego, resultaron gañadores da primeira edición do Parlamento Xove, anteriormente denominado Liga de Debate, tras superar na final ao centro SEK Atlántico de Pontevedra.

Distribuir contido