Éxito rotundo dos alumnos/as do IES.Laxeiro nas PAAU 2010

O 100% de alumnos de Bacharelato diurno do IES.Laxeiro veñen de superar as Probas de Selectividade que se celebraron en Santiago de Compostela. Sen dúbida un resultado que vén certificar que o camiño percorrido foi acertado.

A este feito hai que engadir que a maioría destes alumnos/as poderán acceder aos estudos desexados debido aos resultados acadados. Subliñar que algúns deles, sumando a nota ponderada da parte específica das Probas de Selectividade , chegan a ter notas de acceso superiores a doce que lles permitirán entrar en calquera carreira do Sistema Universitario Galego . Estas cualifcacións sitúan a algúns deles entre os mellores de Galicia e por suposto na Comarca do Deza.

Destacar entre todos eles a Paula Taboada Troitiño e Roi Gallego Fernández, que o vindeiro 9 de xullo acudirán ao Acto que terá lugar no Auditorio de Galicia e que servirá para premiar a aqueles alumnos/as que acadaron un nove ou superior na nota ponderada entre Bacharelato e as PAAU.

Dende esta páxina Web, fiestra do noso Instituto, tan só agradecer a todos/as o esforzo realizado e o ter deixado o pavillón da nosa Comunidade Educativa nun nivel tan alto.

 ¡GRAZAS, CHAVALES!