Equipo de Normalización, Grupo TIC, Grupo Convivencia, Axenda 21, Información xeral, Integrantes e grupos , Actividades, Recursos, Información xeral, Recursos, Funcións, Plan de convivencia, Recursos, Actividades, Actividades, Igualdade de xénero, Información xeral, Actividades

3º ESO B participou no RALLY MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS 2010

O grupo 3º ESO B do IES LAXEIRO participou no XVII RALLY MATEMÁTICO SEN FRONTEIRAS.

O RALLY celébrase desde 1991 a iniciativa do IREM (Institute pour la Recherche et L'Enseignement des Mathématiques) de Aquitaine. Participan grupos de alumnos de 3º e 4º de ESO de distintas comunidades (Cataluña, Baleares, Aragón, Galicia) e doutros países como Portugal, Andorra e Francia. 

Todas as clases inscritas resolveron o mesmo día, 22 de marzo, e á mesma hora os problemas propostos polo IREM de Toulouse.

Os gañadores de cada unha das zonas participarán na Fase Internacional o día 7 de maio en Toulouse.

Postura do Consello Escolar ante a remodelación da avenida Bos Aires

 

Con esta nota queremos facer chegar á Comunidade Educativa a postura acordada polo Consello Escolar ante a remodelación da Avenida Bos Aires, co fin de evitar malas interpretacións que poidan derivarse da rumoroloxía ou de escritos que xurdan doutras instancias.

Xornadas de Orientación Laboral no IES.Laxeiro

Os días 23, 24 e 25 do mes de marzo terá lugar no IES. Laxeiro de Lalín unha nova edición das Xornadas de Orientación Laboral, nas que o eido agrario, as enerxías renovables , os procesos de selección e o futuro do automóbil serán algúns dos temas destacados .

Programa Semanas Brancas 2010 na estación de esquí de San Isidro

Alumnos e alumnas de 1º da ESO do IES Laxeiro participarán entre o 22 e o 26 de marzo na estación San Isidro (León), no programa Semanas Brancas. Os escolares conxugarán a práctica do esquí na estación situada na comarca do Alto Porma, no municipio de Puebla de Lillo, con actividades como a práctica de sendeirismo ou a visita á cidade de León.

A maxia da robótica

O pasado luns 9 de novembro asistimos en Santiago ao Obradoiro "A maxia da robótica".

Alí puidemos experimentar coa montaxe e programación de robots Lego e gozar das múltiples posibilidades que a robótica nos oferta para levar a cabo tarefas de todo tipo. 

Podedes ver fotos de esta actividade na galería de fotos do IES Laxeiro.

Como mostra unha foto desta actividade:

 

Robot segueluz

Crear ficheiros pdf

Nunha entrada anterior explicámosvos por que era vantaxoso traballar co formato pdf e como se podía obter un arquivo pdf a partires dun procesador de textos.

Nesta ligazón tedes unha presentación onde vos mostra de forma moito máis visual como é o proceso. 

Xornada de Convivencia cos alumnos de 1º da E.S.O.

O venres 16 de outubro, 82 alumnos de 1º da ESO e dez profesores participamos nunha xornada de xogos cooperativos, castañas e refrescos á sombra da carballeira do Rodo. A actividade, promovida desde a Comisión da Convivencia, ocupou un recreo e as dúas últimas sesións de clase. Con ela perseguíase un mellor coñecemento e achegamento entre alumnos e docentes de 1º da ESO.

Resultados das enquisas realizadas polo observatorio estatal da convivencia

O Observatorio Estatal da Convivencia realizou en abril de 2008 enquisas a alumnos, profesores, equipo directivo e Departamento de Orientación do IES Laxeiro. O noso Centro fora escollido aleatoriamente xunto a outros trinta de Galicia para participar nun estudo de ámbito estatal sobre a Convivencia nos Centros Escolares.

En abril de 2009 pasoulles as enquisas ás familias para completar todos os sectores da comunidade educativa. E acabamos de recibir os resultados de tales enquisas. Deixámolos aquí expostos para consulta de quen estea interesado.Os gráficos que se expoñen, recollen unha comparativa dos resultados do noso Centro cos resultados da media.

Liga Fútbol Sala

O xoves 11 de xuño, no pavillón municipal de Lalín, xogouse a Final da Liga de Fútbol Sala 08/09 do IES Laxeiro. Os equipos que disputaron este partido foron "Entendes" e "Castigadores" cun resultado de 7-4 a favor de "Entendes". O equipo que acadou o 3º posto foi "Unión Penosa".  

Obradoiro de papiroflexia

O pasado día 4 de xuño anticipamos a celebración do día do medioambiente dunha forma moi especial. O alumnado de primeiro ciclo da ESO que forma parte do comité ambiental asistiu a un obradoiro de papiroflexia, onde coñeceron a historia de Sadako Sasaki e fixeron grúas de papel.

Distribuir contido