Como crear un arquivo pdf

Seguro que algunha vez tivestes a necesidade de crear un arquivo pdf a partires dun dos vosos documentos. Este minitutorial explícavos brevemente como se pode facer isto de forma sinxela.

Vantaxes dos arquivos PDF:

Os arquivos pdf ofrécennos unha serie de vantaxes que xa os fan practicamente un formato estándar. Entre estas temos, por exemplo:

  • Ocupan pouco espazo.
  • Poden abrirse en calquera ordenador e calquera sistema operativo sen necesidade de software comercial.
  • Manteñen con fiabilidade o formato e visualización do arquivo a partires do que foron creados.

Por suposto, hai moitras outras vantaxes, pero vedes que vos poden ser de grande axuda. Por exemplo, para enviar arquivos por correo electrónico que non teñan que ser editados son unha solución óptima.

Como crear un arquivo pdf a partires doutro documento:

Moi sinxelo!! Temos varias opcións ao noso alcance.

Con Openoffice:

Se estamos a traballar con Openoffice (está en galego, tédelo instalado nos ordenadores da sala de profesores e nalgún da biblioteca e pódese descargar por exemplo dende mancomún) a cousa é moi sinxela. Chega con utilizar a opción do menú:

Ficheiro -> Exportar como PDF...

 

ademais, podemos configurar varios parámetros antes de exportar.

Ben, e que ocorre se non traballamos con Openoffice, por exemplo se estamos con Microsoft Office, cun programa de imaxes, co navegador de Internet?

Co PDF Creator:

O PDF Creator é un programa de software libre moi sinxelo de utilizar. Os pasos que tedes que dar son os seguintes:

  • Descargar o programa dende o enlace de arriba.
  • Instalar o programa no noso ordenador. 
  • O PDF Creator instala unha impresora virtual no ordenador. Cando imprimimos nesa impresora, en vez de obter o documento en papel, obtemos un arquivo PDF. Así de fácil!.

Exemplo traballando co Word:

Imaxinade que temos o programa instalado e estamos a traballar co Microsoft Word.

  • Facemos o noso documento como de costume.
  • Imos a Arquivo -> Imprimir e sairanos a seguinte ventana:
Captura

  • Asegurámonos de que está seleccionado o PDF Creator na caixa "Nome" (remarcado en vermello na imaxe).
  • Dámoslle a Aceptar e vainos aparecer unha ventana de confirmación do PDF Creator.
  • Nesta ventana dámoslle a Gardar, poñésmolle un nome ao arquivo e... Listo!.