Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Equipo de Normalización, Grupo TIC, Grupo Convivencia, Axenda 21, Información xeral, Integrantes e grupos , Actividades, Recursos, Información xeral, Recursos, Funcións, Plan de convivencia, Recursos, Actividades, Actividades, Igualdade de xénero, Información xeral, ActividadesII Xornada de Formación: Experiencia dunha Aula da Convivencia
O día 20 de maio de 2009 celebramos unha segunda xornada de formación de profesorado relacionada coa convivencia. Para esta ocasión contamos como relatora coa orientadora do IES Pintor Colmeiro de Silleda, Rosa Andrade Expósito. A disertación versou sobre a experiencia levada a cabo no IES silledense na implantación e funcionamento da Aula da Convivencia. Xornada de Formación do Profesorado: A mellora da convivencia escolar: mediación e resolución de conflitos.
O día 16 de abril de 2009 acudiron ao IES Laxeiro as profesoras Ana Ulloa e Esther Vila do IES Chamoso Lamas d'O Carballiño para falarlles aos profesores, nunha xornada de formación, sobre a experiencia que levan a cabo no seu centro relacionada coa resolución de conflitos e a mediación escolar. Igualmente trataron sobre como afrontar a disrupción na aula. A xornada foi seguida por unha estimable representación de profesores do noso instituto. Talleres Igualdade de xénero para profesoradoO día 6 de Maio celebrouse un Taller de Igualdade de xénero para profesorado. A encargada de impartilo foi Susi Payo, psicopedagoga da Oficina da Igualdade do Concello de Lalín. Tratáronse distintos aspectos deste tema: linguaxe sexista, a utilización da muller na publicidade, os estereotipos, etc...Foi unha boa ocasión para reflexionar sobre este problema social e concienciarnos acerca das verdadeiras dimensións do mesmo. O taller rematou cun conto que vos animo a que leades: "La cenicienta que no quería comer perdices" http://api.ning.com/files/VMLtmyUm8WSPMgnUHaZA7d-DRkDSWmRTX2wAtLmFStXzHk7rtae*blgPiBjsM-FE2gGZMVjCV9erEhv6OVLBhkQGj1a*-QWT/nuestro_cuento.pdf
Rematado outro traballo AudiovisualRecén acabada a producción dunha curtametraxe, xa é anunciada na prensa local.
Un grupo de alumnado do Laxeiro presentará a pelicula curta "Corazón de tres",
O pequeno
É
Desexámoslle grandes éxitos, e que sigan a amosarnos os seus traballiños.
Participación no Correlingua 2009O xoves 14 de maio 44 alumnos e alumnas de 2º e 3º ESO do IES Laxeiro participan na edición do Correlingua 2009 que se celebra na Estrada. Talleres Igualdade de xéneroO xoves 16 de Abril do 2009 a Psicopedagoga da Oficina de Igualdade do Concello de Lalín impartiu un taller sobre Igualdade de Xénero ós alumnos/as de 2º curso da ESO. O taller xirou, fundamentalmente, en torno os estereotipos do xénero feminino e masculino, sobre a falta de igualdade de oportunidades á hora de acceder a un posto de traballo, a utilización da muller na publicidade, a linguaxe sexista etc...
lexislaciónA LOE (lei orgánica de educación) no artigo 126.2.,relativo á composición do Consello Escolar, establece que : "unha vez constituido o consello escolar do centro, designará unha persoa que impulse medidas educativas que fomenten a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres". No título preliminar da devandita lei establécese, así mesmo, que a actividade educativa desenvolverase atendendo ós seguintes puntos: Punto c) Efectiva igualdade de dereitos entre os sexos, rexeitamento a todo tipo de discriminación e o respecto a todas as culturas". http://www.boe.es/boe/dias/2006/05/04/pdfs/A17158-17207.pdf 1º PREMIO ESPIRAL DE EDUBLOGS 2009 PARA O BLOG DO CICLO SUPERIOR DE MANTEMENTO INDUSTRIAL
Este premio é organizado pola Asociación Espiral, Educación y O vindeiro 6 de xuño farase a entrega dos premios en Caixa Fórum de Madrid.
Nestes premios valóranse os recursos ofrecidos,
Este blog premiado mostra información relativa ó » Blog de Ciclo Superior de Mantemento de equipo industrialBlog creado no noso centro. Destinado ó Ciclo Superior de Mantemento de equipo industrial. Neste blog poderás videos das instalacións do IES Laxeiro, ofertas de emprego, traballos feitos polos alumnos, información de automatismos, enerxía eólica, ... Este blog está de noraboa. Na III edición do Premio Espiral, de Blogs educativos que se está ha celebrar, este é finalista na categoría de Blog de aula - FP y Ciclos. » Introdución á Aula Virtual do CentroO martes día 28 de abril ás 16:00 horas terá lugar unha xornada de introdución ao funcionamento da Aula Virtual do Centro dirixida ao profesorado. A razón de convocar esta xornada é mostrarlle ao profeorado tódalas posibilidades que ofrece a Aula Virtual como plataforma de organización do curso e de traballo durante o mesmo, así como animalos a que empecen a empregala de forma regular. A sesión durará aproximadamente dúas horas e media e será case na súa totalidade práctica. Ensinarase, entre outras cousas, como crear cursos, matricular alumnado, subir material (arquivos de texto e imaxes, vídeos, arquivos de son, etc.), poñer ligazóns a páxinas web, realizar actividades en liña, cuestionarios, actividades de avaliación, etc.
|
Novos números
|