BloGalízate!

BloGalízate! Este é o ´slogan´ a prol do Galego dende o IES Laxeiro de Lalín.

Xa podedes participar no concurso de blog´s, só se precisa empregar o noso galego!

Ata pronto e un saúdo,

Cartel_Blog

Para "Crear" un blog

Debedes crear e manter un blog ao longo de todo o concurso. Como sabedes, na súa orixe un blog era unha especie de diario dixital na que o/os autor/es ían escribindo as súas opinións ou sobre a súa vida. Agora o concepto de blog é máis amplo, nalgúns casos trátase de auténticas páxinas web.

Hoxe en día hai millóns de blogs en Internet. Antes de crear un blog é crucial ter algo que dicir, así que o máis importante é buscar unha temática que vos interese.

Realizaremos o traballo de forma individual ou en parellas. As condicións nas que debe funcionar o blog e que determinarán a avaliación positiva do mesmo son as seguintes:

  • Número de entradas.- Un blog que non se actualiza con frecuencia está morto. Non se trata de escribir unha entrada cada día, pero sí manter certa regularidade na actualización. É máis importante actualizar con regularidade que ter un número grande de entradas. Como criterio estimativo, é necesario ter polo menos unha entrada por quincena para os blogs individuais e dúas entradas por quincena para os blogs por parellas.
  • Tamaño das entradas.- As entradas non deben ser moi longas. Para conseguir que a xente lea o que escribides é importante que non vos enrolledes demasiado, porque resultades aburridos. As entradas moi curtas poden ser interesantes nalgúns momentos (dar información puntual sobre algo en concreto, por exemplo), pero o blog non debe estar construído só con entradas curtas. 
  • Recursos utilizados nas entradas.- Algúns recursos que podedes empregar son insertar imaxes, videos, ligazóns, etc. Pero, Coidado cos dereitos de autor!. Maior variedade de recursos, se son procedentes, fai o blog máis dinámico. Pero tampouco se debe sobrecargar o blog, a base do blog é o contido, non o continente. 
  • Procedencia das entradas.- Por suposto, tódalas entradas deben respectar escrupulosamente a netiqueta (sen contidos ofensivos, respectando as normas de ortografía, sen contido ilegal, etc). Tede en conta que as vosas entradas vai poder lelas calquera persoa.
  • Estética.- Manter certa estética e coherencia no voso blog tamén se terá en conta. Non será, de todas maneiras, o máis importante na avaliación.

Para comezar podes navegar un pouco pola rede consultando os blogs doutras persoas. Un directorio de blogs en español podes atopalo en: directorio-blogs.com, e na páxina deWordpress podes utilizar a nube de etiquetas que atopas á dereita para bucear noutros blogs. Tamén podedes empregar blogger (non ten o idioma--> Galego) e outros...


Tamén podedes seguir algúns consellos sobre cómo ser o mellor Blog