Proba de Competencia Dixital alumnado de 4º ESO - Curso 2022-2023

Competencia DixitalCOMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO
4º ESO - PROBA DE PILOTAXE


O noso centro educativo foi seleccionado para a realización dunha proba piloto coa que se pretende analizar a competencia dixital do alumnado de 4º de ESO.


A competencia dixital enténdese a combinación de coñecementos, habilidades e aptitudes para o uso seguro, crítico e responsable das TIC na aprendizaxe, o traballo, o lecer, a participación na sociedade e a interacción con ditas tecnoloxías. A nivel práctico estrutúrase en cinco grandes áreas (Información e datos, Comunicación e colaboración, Creación de contido dixital, Seguridade e privacidade e Contorna dixital e solución de problemas). Pódese acceder na seguinte Ligazón ao portal para realizar a proba de demostración ---> Fai Click!


Mediante esta proba piloto obterase información de gran valor de cara ás decisións executivas que a CCEFPU tomará nos vindeiros cursos en relación ás accións de impacto definidas na Estratexia Educación Dixital 2030, as cales están enfocadas a unha maior presenza da educación dixital nas aulas co fin de acadar, entre outros obxectivos, a cidadanía dixital plena (convivencia dixital pacífica, alfabetización informacional e loita contra a desinformación, pensamento crítico) e atallar a fenda dixital.


Dita proba realizarase de xeito online a través da plataforma deseñada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), a cal garante en todo momento a privacidade dos datos dos participantes. ComDix: Plataforma de certificación en el Marco Gallego de Competencias Digitales (xunta.gal)


Esta pilotaxe non terá como consecuencia ningún tipo de acreditación para o alumnado. Servirá para valorar a oportunidade, viabilidade e funcionamento das ferramentas que
permitirán facelo no futuro.


DÍA DA PROBA - Mércores 31 de maio de 2023

08:55 - 09:45  4 ESO B
A23
4 ESO C
A26
12:05 - 12:55 4 ESO A
(APLICADAS)
A29
4 ESO A
(ACADÉMICAS)
A22


LUGAR & PROCEDEMENTO: NAS PROPIAS AULAS DO ALUMNADO COS SEUS EQUIPOS EDIXGAL


REALIZARÁN A PROBA SUPERVISADOS POLO EQUIPO ADIX E PROFESORADO DO CENTRO

 

Agradecer a tod@s, o tempo e a vosa participación!

 

AdxuntoTamaño
INFO_ALUMNADO_FAMILIAS COMDIX 31_05_2023.pdf400.29 KB