Novas

Acceso e matrícula aos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPIs) para o curso 2010-2011 no IES.Laxeiro

No arquivos adxuntos podes informarte do proceso de admisión e matrícula para os Programas de Cualificación Profesional Inicial no curso 2010-2011 no IES. Laxeiro.

Admisión e matrícula de adultos para o curso 2010-2011 no IES.Laxeiro

 No arquivo adxunto podedes informarvos do calendario de admisión e matrícula tanto de Educación Secundaria coma de Bacharelato de adultos para o curso 2010-2011 no IES-Laxeiro

Convocadas becas e axudas para para niveis postobrigatorios non universitarios

 Dende o 5 de xullo ata o 30 de setembro está aberto o prazo para poder solicitar becas e axudas de estudos postobrigatorios. A solicitude deberase facer VIA ON LINE a través da páxina www.educación.es  e previamente o solicitante deberá rexistrarse coma usuario para poder tramitar a súa petición.

Nos arquivos adxuntos podedes obter información correspondente.

Éxito rotundo dos alumnos/as do IES.Laxeiro nas PAAU 2010

O 100% de alumnos de Bacharelato diurno do IES.Laxeiro veñen de superar as Probas de Selectividade que se celebraron en Santiago de Compostela. Sen dúbida un resultado que vén certificar que o camiño percorrido foi acertado.

A este feito hai que engadir que a maioría destes alumnos/as poderán acceder aos estudos desexados debido aos resultados acadados. Subliñar que algúns deles, sumando a nota ponderada da parte específica das Probas de Selectividade , chegan a ter notas de acceso superiores a doce que lles permitirán entrar en calquera carreira do Sistema Universitario Galego . Estas cualifcacións sitúan a algúns deles entre os mellores de Galicia e por suposto na Comarca do Deza.

Destacar entre todos eles a Paula Taboada Troitiño e Roi Gallego Fernández, que o vindeiro 9 de xullo acudirán ao Acto que terá lugar no Auditorio de Galicia e que servirá para premiar a aqueles alumnos/as que acadaron un nove ou superior na nota ponderada entre Bacharelato e as PAAU.

Dende esta páxina Web, fiestra do noso Instituto, tan só agradecer a todos/as o esforzo realizado e o ter deixado o pavillón da nosa Comunidade Educativa nun nivel tan alto.

 ¡GRAZAS, CHAVALES!

Plan de Convivencia do I.E.S. Laxeiro

Despois de moitas reunións e moito traballo xa foi elaborado o Plan de Convivencia. Desde a Comisión de Convivencia tratamos de que sexa un plan aplicable e práctico e que, sobre todo, axude a mellorar a convivencia no centro. Esperamos que sexa un punto de partida, xa que é un plan que revisaremos tódolos cursos, mellorando ou cambiando as actividades segundo a avaliación final que fagamos de cada unha delas.

Tamén trataremos de darlle unha maior participación ao alumnado mediante a creación dos Consellos de Aula e mediante a dinamización da Asemblea de Delegados.

O Plan xa foi aprobado polo claustro e polo Consello Escolar e será aplicado no vindeiro curso 2010-2011.

Probas libres para obtención do título de Graduado en Educación Secundaria ( ESO )

Convócanse probas para obtención do título de Graduado en Educación Secundaria (ESO ) para alumnos/as que cumpran 18 anos o día anterior ao día da proba. Para máis infromación consultar o arquivo adxunto.

Lugar e data das probas de acceso a Ciclos Medios

 O IES. Pintor Colmeiro de Silleda acollerá o venres 4 de xuño as Probas de Acceso a Ciclos Medios. No arquivo que se adxunta pódese consultar máis cumprida información ao respecto

 

 

Xornadas de Orientación Laboral no IES.Laxeiro

Os días 23, 24 e 25 do mes de marzo terá lugar no IES. Laxeiro de Lalín unha nova edición das Xornadas de Orientación Laboral, nas que o eido agrario, as enerxías renovables , os procesos de selección e o futuro do automóbil serán algúns dos temas destacados .

Nova regulación das PAAU

Publicouse no DOGA do luns 11 de xaneiro, a orde que regula as probas de acceso ao sistema universitario (ensinanzas de grao).

Para ter máis información, consultade en orientación (que xa está realizando sesións informativas con alumnado de 2º Bacharelato Nocturno e Diurno) e tamén podedes consultar directamente a orde na  páxina web da Consellería de Educación.

Menos opcións para seguir o Bacharelato

00/00/
Array

Recentemente anunciouse que o Tribunal Supremo anulaba a opción de poder seguir avanzando no Bacharelato
se tés máis de 2 suspensas, anque na normativa se permitía completar
esas 4 con outras tantas de 2º, e non repetir todo Primeiro outra vez.

 

A medida era polémica.

  • -Por unha banda quen dicía que era darlle facilidades esaxeradas aos que cursan Bacharelato, e que non se ían esforzar, dado que podían matricularse en materias de 2º
  • -Por outra banda quen dicía que o Bacharelato en 2 anos é moi comprimido, e que daquel xeito, hoxe anulado, podían dosificar os esforzos, e rematar en 3 anos os contidos do Bacharelato
  • -Por
    outra banda,-- quen denunciou ao Supremo-- quen dicía que lles obrigaba
    --aos Centros privados de ensino relixioso-- a contratar máis persoal, e facer un curso "intermedio" máis.
  • -O tribunal Supremo di que a Normativa que o propuña é de menor rango que a Lei de Educación, e que se na Lei maior non di nada, na normativa menor non se pode reorganizar o Bacharelato.

 

 

 

Pero ¿Que pensan as familias, que teñen fillos e fillas no Bacharelato, ou en 4º da ESO?

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido