Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
3º E.S.O.O IES Laxeiro participa no proxecto Erasmus+ "Tunnel of time"O IES Laxeiro foi seleccionado para desenvolver, en calidade de socio, un proxecto de aprendizaxe e mobilidade Erasmus+ para o persoal docente e alumnas e alumnos do centro durante os próximos cursos 2017/18 e 2018/19. O proxecto, titulado Tunnel of time, conta con financiación da Comisión Europea e foi escollido logo dun complexo proceso de avaliación por parte da axencia nacional finesa, país que actúa como coordinador. O proxecto conta coa participación de profesores e estudantes dos seguintes centros:
Tunnel of Time nace coa idea de impulsar la adquisición de habilidades e competencias de calidade así como favorecer a interculturalidade, a inclusión social e o multilingüismo. Este proxecto inclúe unha serie de actividades a realizar en cada centro e en coordinación e comunicación cos socios así como reunións periódicas cos profesores e alumnos dos outros centros. O proxecto aborda dous temas principais: a igualdade entre homes e mulleres e as habilidades necesarias no traballo hoxe en día e no futuro, ambos vistos desde unha perspectiva interxeracional tratando de percibir como teñen cambiado co paso do tempo. Para iso os alumnos e alumnas van contar coa colaboración dos residentes e persoal da residencia As Dores e do profesoras e rapaces e rapazas de Educación Infantil do CEIP M. Rivero.
» Xornada de cohesión TEIO pasado día 7 de abril desenvolvemos unha xornada de cohesión, enmarcada no programa TEI (Titoría entre iguais), protagonizada polos alumnos e alumnas de 1º da ESO (titorandos) e os de 3º de ESO (titores). Titores e titorandos participaron nunha serie de actividades e xogos onde a cooperación entre ambos se tornaba imprescindible: Cruzar o río, Eu guío, A miña prenda... No video podedes ver algúns momentos da xornada. Visita ao Parlamento
O xoves día 15 de outubro o alumnado de 3º de ESO visitou o Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela. Actividade promovida desde o Departamento de Ciencias Sociais, para ver e entender unha das Institucións máis importantes da Comunidade Autónoma de Galicia. Os alumnos e alumnas disfrutaron, das diferentes dependencias do Pazo do Hórreo, onde os diputados e diputadas galegos levan a cabo a súa labor. O edificio en sí, xa chama a atención pola súa envergadura, fundado para ser Facultade de Veterinaria, cumple hoxe perfectamente cas necesidades dun Parlamento actual e moderno. Chama a atención as extraordinarias vidrieiras-mosaico, unha delas, obra do pintor Laxeiro, que cubre o teito dunha das estancias da entrada. Pero sen dúbida, un dos espazos que máis gustaron foi o hemiciclo, onde os diputados/as discuten, propoñen e defenden as súas ideas. O alumnado sentouse nas cadeiras do goberno e da oposición e algún alumno saliu á tribuna de oradores, semellando ser un parlamentario. Ver máis fotos.
Aprendendo a convivir
Novamente a educadora social Isabel Presas do centro Quérote+ colabora con nós no Obradoiro de Convivencia para o alumnado de 3º de ESO enmarcado dentro do Plan Proxecta. O alumnado aprendeu a convivir, poñendo en práctica habilidades como a escoita activa, asertividade, empatía,... Fai clik aquí para ver algunhas imaxes.
O IES Laxeiro toma á Cidade da CulturaO 10 de xaneiro os alumnos/-as de 3º da ESO acompañados de catro profesores visitaron na Cidade da Cultura a exposición ORINOCO. O Departamento de CCSS organizou a visita a esta colección da Fundación Cisneros que trata de acercar o mundo índixena da selva venezolana bañada polo río Orinoco. Neste ligazón podes atopar máis información sobre estes pobos e a súa cultura, ademáis dunhas preciosas fotografías. Acompañados por un guía, tamén coñecemos os diferentes edificios que forman parte deste conxunto arquitectónico tan polémico como atractivo. Aprendemos que secreta simboloxía encerra cada un deles, que materiais se empregaron para construílos, a dificultade constructiva que supuxeron e outra serie de datos referentes ao emplazamento no Monte Gaiás. Nesta galería podedes botar unha ollada ás fotos que se fixeron nesta actividade.
Baloncesto 3x3 nos recreos
REGULAMENTO DE BALONCESTO 3X3 IES Laxeiro
» Liga de fútbol sala nos recreos de IES LaxeiroBASES E NORMAS DO TORNEO
» Os equipos de 1ºESO B e 3ºESO B gañaron as finais de CIFRAS E LETRAS
O venres 25 de maio celebráronse as finais do concurso de Cifras e Letras que organizaron os departamentos de Matemáticas dos dous Institutos de Lalín, “Ramón Mª Aller” e “Laxeiro”. Houbo dúas finais, unha para 1º e 2º de ESO e outra para 3º e 4º de ESO. Á final de 1º e 2º de ESO, que se celebrou no salón de actos do IES “Ramón Mª Aller”, chegaron os catro equipos gañadores das finais por cursos que se celebraron nos seus respectivos centros. Nela participaron os alumnos:
1º ESO IES “LAXEIRO: JACOBO JORGE HERMIDA / JUAN MANUEL PÉREZ PEDROUZO 1ºESO IES “RAMÓN Mª ALLER”: RUBÉN FERREIRO ARIAS / RUBÉN NOGUEIRA TABOADA 2º ESO IES “LAXEIRO: XABIER GARCÍA ANDRADE / ADRIÁN OURO MIGUÉLEZ 2º ESO “RAMÓN Mª ALLER”: DANIEL CAGIDE RIVAS / SANTIAGO BUJÁN FERREIRA
Á final de 3º e 4º de ESO, que se celebrou no salón de actos do IES “Laxeiro”, chegaron os catro equipos gañadores das finais por cursos que se celebraron nos seus respectivos centros. Nela participaron os alumnos e alumnas:
3º ESO IES “LAXEIRO: BELÉN FERNÁNDEZ LÓPEZ / NOELIA FERNÁNDEZ VÁZQUEZ 3º ESO “RAMÓN Mª ALLER”: GABRIEL VÁZQUEZ FREIJEIRO / BRAIS PARDO AREÁN 4º ESO IES “LAXEIRO: MARCOS OTERO VÁZQUEZ/ JUAN CARLOS ORO VIDAL 4º ESO “RAMÓN Mª ALLER”: BRYAN TREJOS RESTREPO / NICOLÁS VARELA GARCÍA
As finais estiveron moi competidas, na de 1º e 2º resolveuse na última rolda e na de 3º e 4º tivo que recurrirse a unha rolda adicional de cifras para resolver o empate entre o 2º e 3º clasifcado. Gañaros as respectivas finais os alumnos de 1ºESO B do IES “Laxeiro”: JACOBO JORGE HERMIDA e JUAN MANUEL PÉREZ PEDROUZO e as alumnas de 3ºESO B do IES “Laxeiro”: BELÉN FERNÁNDEZ LÓPEZ e NOELIA FERNÁNDEZ VÁZQUEZ Todos os alumnos participantes recibiron agasallos e camisetas deseñadas expresamente para esta final.
Visita de alumnado de 3º de ESO aos museos Aquarium e DOMUS de A CoruñaO pasado luns, día 16 de abril de 2012 o alumnado de 3º de ESO do IES Laxeiro acompañados de tres profesores realizaron unha visita didáctica aos museos Aquarium e DOMUS de A Coruña. Nesta visita tiveron ocasión de ver de cerca a fauna do noso litoral e o reparto de comida ás focas e aos peixes da sala Nautilus (un dos acuarios máis grandes de España). Asemade realizaron actividades interactivas sobre os ecosistemas mariños o que lles serviu de complemento ás explicacións das clases. Na DOMUS viron unha película en 3D sobre a necesidade que temos todos de coidar o medio ambiente e loitar contra o cambio climático, realizaron actividades sobre a estrutura e o funcionamento dos distintos aparatos e sistemas do corpo humano, e finalmente tiveron ocasión de ver a disección dun corazón de porco seguido da explicación do funcionamento do mesmo a cargo dunha monitora do museo.
O grupo 4º ESO A acadou o 2º posto no XX RALLYE MATEMÁTICO SEN FRONTEIRASO alumnado de 4º ESO-A do noso centro acadou o segundo posto na edición número 20 do Rallye Matemático sen Fronteiras no que participaron uns 50 grupos de alumnos de Galicia. O día 13 de abril desprazaranse a Santiago para recibir os seus premios. »
|
Novos números
|