3º E.S.O.

Montamos a exposición dos traballos presentados en Turquía no CEIP M. Rivero

Un grupo de alumnas e alumnos de 3º A montaron a exposición dos traballos da primeira reunión en Tekirdag (Turquía) no CEIP Manuel Rivero

O IES Laxeiro en Radio Voz

O domingo 18 de febreiro María Meizoso, locutora de Radio Voz e conductora do programa Con Voz, entrevistou a algúns dos participantes na xuntanza transnacional en Tekirdag (Turquía), dentro do proxecto Tunnel of Time.  Paula, Lucas, Mar e Xosé Manuel contan as súas impresións no programa dominical da emisora con sede n'A Coruña.

Correspondentes xuvenís 3.0, antena informativa do IES Laxeiro

Correpondentes xuvenís 2018A maioría do alumnado de 3º ESO – A exerce este curso de “Correspondentes Xuvenís”. Manteñen un blogue para informar a toda acomunidade educativa, pero sobre todo a compañeiros e compañeiras de canto se lles envía dende a OMIX do noso concello e dende a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado sobre bolsas, programas europeos, concursos...

Asemade, no corredor que vai cara á Cafetería do noso centro, hai dous taboleiros que tamén informan e que se revisan periodicamente.

Visita o blogue

 

Preparando a exposición dos traballos presentados en Turquía

No día de hoxe preparamos a exposición dos traballos exhibidos na reunión en Turquía; na semanas vindeiras tamén os levaremos ás dúas entidades colaboradoras, O CEIP Manuel Rivero e a residencia As Dores. Tamén podedes ver os vídeos finais no Twinspace do proxecto e na web da coordinación finesa Peda.net

Semana Branca no IES Laxeiro

Un grupo de alumnas e alumnos de 1º, 2º e 3º de ESO estivo do 27 ao 3 de febreiro en Andorra iniciándose na práctica do esquí, no sector de El Tarter e Soldeu, no dominio de Grandvalira.

Difusión da reunión en Tekirdağ - Turquía entre o alumnado do IES Laxeiro

Os cinco alumnos e alumnas participantes na reunión transnacional enTekirdağ contáronlles aos seus compañeiros e compañeiras a experiencia e actividades levadas a cabo na escola turca asociada.

 

 

O IES Laxeiro en Turquía

Unha delegación do IES Laxeiro participou nunha reunión transnacional de mobilidade e aprendizaxe na cidade turca de Tekirdag, no marco do proxecto Erasmus+ Tunnel of Time. O grupo, formado por cinco alumnos e alumnas de 3º de ESO acompañadas polos profesores Mar García e Xosé M. García, viaxou o pasado xoves día 11 esta cidade costeira a carón do mar de Mármara, a uns 120 km ao oeste de Istambul, uníndose ao resto de delegacións participantes, procedentes de Francia e Finlandia.
Na Sehit Mehmet Sengül Ortaokulu, escola anfitrioa, desenvólvense as distintas actividades do intercambio. Ademais de participar na vida lectiva do centro e dar a coñecer os distintos lugares de procedencia, expuxeron os traballos realizados ao longo deste primeiro período do curso. Temas relativos a cuestións de xénero e habilidades para a vida, vistos a través de distintos grupos de idade, así como o multilingüismo e a interculturalidade inspiran as diferentes achegas. Para iso contan coa colaboración dos grupos de Educación Infantil do CEIP M. Rivero e a residencia d’As Dores, onde elaboraron vídeos e recolleron contos ilustrados polos nenos e nenas. Igualmente fotografaron un día na vida de nenos-as, adolescentes e avós para logo expoñer na reunión e participar en distintos talleres.
Os adolescentes foron acollidos por familias locais, unha experiencia altamente enriquecedora pois tiveron a oportunidade de coñecer desde dentro a cultura e vida diaria das familias de Tekirdag. Igualmente puideron coñecer de primeira man unha cidade cultural e historicamente tan relevante como é a vella Constantinopla, actual Istambul.
O grupo regresou o xoves 18; será agora cando toca escoitar as súas impresións acerca desta interesante experiencia.

One day in my life - Un día na miña vida

Os alumnos e alumnas montan a exposición fotográfica "Un día na miña vida": revelacións sobre a vida das persoas de diferentes grupos de idade en diferentes países. Tamén podedes ver as dos países socios no Twinspace do proxecto e na web da coordinación finesa Peda.net.

Os noso colaboradores no proxecto: presentación en Turquía

                                                                  

Os nosos socios en Finlandia, Francia e Turquía tamén presentaron os seus colaborades. Podedes ollalos no Twinspace e en Peda.net

 

Distribuir contido