Publicada a convocatoria de participación no fondo solidario, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2023/24
O obxeto da Orde é convocar a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao seguinte alumnado:
Fondo solidario: 3º, 4º de Educación Primaria.
Axudas para libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e EE.
Material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º.
Só será preciso presentar unha única solicitude, incluíndo nela a todos/as fillos/as que estean escolarizados no centro. (Se a presentación é por vía electrónica deben presentar unha solicitude por cada fillo).
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal. Tamén poderán presentarse na secretaría do centro.
Prazo de presentación da solicitude: ata o 21 de xuño de 2023.
Documentación:
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
- Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.
Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2021, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
- Certificado ou volante de convivencia.
- Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
Artigo 29. 3.- Quedarán excluídas as solicitudes que non se puidesen validar por estar presentadas fóra de prazo, por falta de emenda das deficiencias da solicitude e/ou da documentación ou por falta da devolución dos libros de texto recibidos do fondo solidario adquiridos coas axudas nos cursos anteriores.
Para máis información dirixirse á secretaría do centro ou picar no seguinte enlace.
Documentos para descargar:
Publicación de listaxes definitivas de admitidos e non admitidos no proceso de admisión de alumnado para o curso 2022/23
Están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2023/2024.
Póden consultalas no taboleiro de anuncios do centro.
Tamén son accesibles para a cidadanía con certificado dixital, DNI electrónico ou Chave365, a través do menú SOLICITUDES > AS MIÑAS SOLICITUDES.
Lémbrase que cada persoa, pode ver o estado da súa solicitude a través do menú SOLICITUDES > ADMISIÓN > RECUPERAR.
Os alumnos e alumnas que resultaron admitidos deben pasar pola secretaría do centro para formalizar a matrícula entre o 20 e o 30 de xuño.
Viaxe de fin de curso.
Os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria atópanse estes días en Madrid de viaxe de fin de curso. Pasádeo ben rapaces!
Admisión de alumnado para o curso 2023/24
A partir do 1 de marzo comeza o procedemento de admisión de alumnado para o curso escolar 2023/2024.
Para obter máis información dirixirse á Secretaría do Centro.
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO: DE 9:30h. a 13:30h.
CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2023-2024 | |
Publicación vacantes | Antes do 1 de marzo |
Presentación solicitude de admisión | Do 1 ao 20 de marzo |
Presentación documentación acreditativa dos criterios do baremo | Do 21 de marzo ao 11 de abril |
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos | 25 de abril |
Reclamación ás listaxes provisionais | Do 26 de abril ao 3 de maio |
Publicación das listaxes definitivas | Antes do 15 de maio |
Formalización de matrícula en EI e EP |
Do 20 ao 30 de xuño |
Pódense consultar e/ou descargar os documentos relacionados nas ligazóns seguintes:
- DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro.
- ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro.
- Nota informativa.
- Resultado do sorteo ao que fai referencia o artigo 34 da Orde do 21 de outubro do2022..
- Relación de documentación acreditativa dos criterios do baremo.
- Postos escolares vacantes ofertados para o curso 2023/24.
- Zona de Influencia.
- Anexo-Impreso solicitude de praza.
ENTROIDO 2023
PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA XOGADE
Os alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria participaron hoxe na Final Provincial de campo a través do programa Xogade en Portas. Parabéns, rapaces e rapazas.
