Admisión de alumnado para o curso 2021-2022

A partir do vindeiro  1 de marzo  comeza o procedemento de admisión de alumnado para o curso escolar 2021/2022.

 Para obter máis información dirixirse á Secretaría do Centro.

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO: DE 9:30h. a 13:30h.

CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2021-2022
Publicación vacantes  Antes do 1 de  marzo
Presentación solicitude de admisión Do 1 ao 22 de marzo
Presentación documentación xustificativa  Do 25 de marzo ao 14 de abril
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos  23 de abril
Publicación das listaxes definitivas  Antes do 15 de maio

Formalización de matrícula en EI e EP

 Do 20 ao 30 de xuño

              Pódense consultar e/ou descargar os documentos relacionados nas ligazóns seguintes:

ENTROIDO 2021

Chega un ano máis o entroido e con el Don Manoel e Dona Xertrudis.

Estade atentos aos seus mandados!

 

Comezamos:                                                     

LUNS 8:                                                          

Comezamos o luns.

Queremos quedar na cama!

Por iso, coma sempre,

nos toca vir en pixama.

MARTES 9:   

Da igual calcetín, bota ou zapato.

O martes tócalle ao calzado.

O importante é que ata o gato

veña con algo disparatado.

MÉRCORES 10:  

Para este mércores, coidado!

Buscamos algo refinado.

Mellor aínda, disparatado.

A ver que se che ocorre

co teu peiteado.

XOVES 11:

Xoves, día do deporte!

Que non che dea corte.

Mellor canto máis variados,

a ver se quedamos pasmados.

VENRES 12:

Xa chega o venres de entroido.

Busca na casa algo colorido

que sexa moi divertido.

Ven como queiras vestido.

 

 

Nadal 2020

Este ano temos un Nadal diferente pero cheo de ilusión para os nenos e nenas do centro que queren compartir coas súas familias un ano máis as representacións navideñas que teñen preparadas e os seus mellores desexos nestas datas, que son os  mesmos que os de todo equipo docente e non docente.

PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE ENSINO OBRIGATORIO

 Publicada a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E). Diario Oficial de Galicia nº 230, do 13.11.2020.

ALUMNADO BENEFICIARIO:

Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000€.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

SOLICITUDES (SÓ PARA ALUMNADO NON BENEFICIARIO DA AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR)

Forma de presentación da solicitude:

- Presentarase o anexo I e II xunto coa documentación que se precisa na Orde segundo a situación familiar de cada un.

- Os anexos poden recollelos na secretaría ou descargalos desde esta páxina web.

(Lémbrase que o horario de atención ao público é de 10:00h. a 13:30h.)

• Prazo:

Do 16 ao 27 de novembro de 2020.

O ALUMNADO QUE FOI BENEFICIARIO ESTE CURSO DA AXUDA DE MATERIAL NON TEN QUE FACER NADA, XA SE CONSIDERA ADMITIDO. 

-IMPRESO-SOLICITUDE

- ORDE do 6 de novembro de 2020.

 

Calendario escolar curso 2020/21

Benvidos ao curso 2020/2021. 

Inicio das clases:

  • Día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantll e 1º, 2º e 3º de primaria.
  • Día 11 de setembro incorporarase tamén o alumnado de 6º de educación infantl e 4º, 5º e 6º cursos de educación primaria.  

 

 

 

 

 

 

Publicación de listaxes definitivas de usuarios admitidos e de reserva no servizo de comedor para o curso 2020/21.

Están publicadas  as listaxes definitivas de usuarios admitidos e de reserva para o servizo de comedor para o curso 2020/21. Poden consultalas no taboleiro de anuncios do centro.

Todos aqueles alumnos e alumnas admitidos deben cubrir o anexo II autodeclaración e entregalo na secretaría do centro a partir do 1 de setembro e antes do día 10. Poden recollelo na secretaría do centro ou descargalo no seguinte enlace:

ANEXO II AUTODECLARACIÓN

 

Publicación de listaxes definitivas de admitidos e reparto para o fondo solidario de libros de texto

Están publicadas as listaxes definitivas de admitidos no fondo solidario de libros de texto, así como os libros que lles corresponden. Poden consultalas no taboleiro de anuncios do centro ou no documento seguinte:

En 5º de Primaria non lles corresponde libros de texto en papel xa que entran no programa de libro dixital E-DIXGAL.

O reparto dos libros asignados realizarase no mes de setembro.

Distribuir contido