Excursión á Coruña

            Os alumnos e alumnas de Educación Infantil e 1º de Primaria foron onte visitar o Acuario.

Leo no recreo

Actividades de fomento da lectura aproveitando o bo tempo.

 

Admisión de alumnado para o curso 2018/19

              A partires do vindeiro  1 de marzo  comeza o procedemento de admisión de alumnado para o curso escolar 2018/19.

              Para obter máis información dirixirse á Secretaría do Centro.

CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2018-19
Publicación vacantes  Antes do 1 de  marzo
Presentación solicitude de admisión Do 1 ao 20 de marzo
Presentación documentación xustificativa  Do 23 de marzo ao 3 de abril
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos  25 de abril
Publicación das listaxes definitivas  Antes do 15 de maio

Formalización de matrícula en EI e EP

 Do 20 ao 30 de xuño

              Pódense consultar e/ou descargar os documentos relacionados nas ligazóns seguintes:

Os alumnos, alumnas e mestres do IES Laxeiro presentáronnos en Turquía.

Vídeo de presentación elaborado polos alumnos, alumnas e mestres do IES Laxeiro dentro do programa .

 

Entroido

Baile de Entroido no patio.

Entroido

Xa chegou o entroido! E con el a visita máis esperada, Don Manuel e Dona Xertrudis que van empezar o Camiño de Inverno.

Estade atentos aos seus mandados

se non queredes acabar... ENFARIÑADOS!

Comezamos:                                                     

LUNS 5:                                                          

Coma os Tonechos imos facer que para vir a Lalín 

puxeron as mellores galas,...e apareceron en pixama!

MARTES 6:

 O martes aínda na casa se comen sobras do cocido

e para demostralo, todos con rabo, orellas e fociño.

MÉRCORES 7:

 O entroido está cerca, ben o ves,

o mércores... todo do revés.

XOVES 8:

O camiño de inverno quero comezar.

Perdín os zapatos e traio un de cada par.

VENRES 9:

Pasiño a pasiño chegamos ao final do camiño.

Vístete como queiras, todo vale, amiguiño!

Datos de seguimento do proxecto ELISA

Saíu o primeiro número de ELISA conta, onde se poden ver os datos do seguimento do proxecto ELISA no que participa o noso centro.

 

Distribuir contido