Os alumnos e alumnas de 2ª de Primaria visitaron o Concello.

Os alumnos e alumnas de 2º visitaron o Concello e foron recibidos polo Sr. Alcalde en persoa. Fixeron un percorrido polas distintas dependencias e comprobaron de primeira man que se sinte ao sentarse nos asentos dos concelleiros. Agradecemos a atención recibida por todo o persoal.

   
   

Braulio no CEIP Manuel Rivero

A semana pasada recibimos a visita de Braulio dos Bolechas no centro e estivo cos nenos e nenas de segundo.

Admisión de alumnado para o curso 2017/18

A partires do vindeiro  1 de marzo  comeza o procedemento de admisión de alumnado para o curso escolar 2017/18.

Para obter máis información dirixirse á Secretaría do Centro.

CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2017-18
Publicación vacantes  Antes do 1 de  marzo
Presentación solicitude de admisión Do 1 ao 20 de marzo
Presentación documentación xustificativa  Do 23 de marzo ao 3 de abril
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos  25 de abril
Publicación das listaxes definitivas  Antes do 15 de maio

Formalización de matrícula en EI e EP

 Do 20 ao 30 de xuño

Pódense consultar e/ou descargar os documentos relacionados nas ligazóns seguintes:

Entroido 2017

Xa chegou o entroido! E con el a visita máis esperada, Don Manuel e Dona Xertrudis que van empezar a volta ao mundo.

Estade atentos aos seus mandados

se non queredes acabar... ENFARIÑADOS!

Comezamos:                                                     

LUNS 20:                                                         

China visitaremos

e algo de alí traeremos.

MARTES 21:

De safari a Kenia imos

e con algo de alí vimos.

MÉRCORES 22:

Por Europa en tren-hotel viaxamos

e co noso mellor pixama nos levantamos

XOVES 23:

A nosa viaxe en América rematamos

e con algo de alí nos preparamos 

VENTRES 24:

 Un pouco de aquí e un pouco de alá

para disfrazarse hoxe todo servirá.

Braulio e os cacharelos estiveron onte no centro

Braulio dos Bolechas estivo onte con nenos e nenas de segundo. Tamén os cacharelos viñeron facernos unha visita para anunciar que pronto chega o entroido.

30 de xaneiro de 2017. Día da Paz

 

Os alumnos e alumnas do centro xuntáronse hoxe no patio para escribir a palabra...

 

 

                                        PAZ

Libros de texto para Educación Infantil e Primaria para o curso 2016/17

Pódense consultar e descargar aquí as listaxes de libros de texto e  material impreso que deben mercar para os niveis de Educación Infantil e Primaria para o vindeiro curso 2016-2017.

EDUCACIÓN INFANTIL

 

4º (3 anos) 5º ( 4 anos) 6º ( 5 anos)

EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 1º

3º 
 5º

Galicia no corazón

Lip Dub interpretado polo alumnado do centro a partir de dous poemas de Manuel María, Galiza e Mapa de Galiza, coa música de Roberto Coya e as voces dos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria.

Distribuir contido