Gratuidade solidaria: Curso 2014/2015

Está aberto o prazo para solicitar axudas para a adquisición de libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, en educación secundaria obrigatoria ou en educación especial, en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, no curso escolar 2014/15.

Para o alumnado de educación primaria e educación especial o prazo de solicitude é do 2 de xuño ao 2 de xullo de 2014, ambos inclusive.

Requisitos:

  1. Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria origatoria ou educación especial, un centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia durante o curso escolar 2014/2015, e non repetir curso neste ano académico. Non obstante, o alumnado que repita 1º ou 2º de educación primaria poderá solicitar a axuda, xa que neste ciclo emprégase material que non pode ser reutilizado.
  2. Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
  3. Para o alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros. Para a determinación da renda per cápita familar terase en conta o disposto no artigo 6 da orde da convocatoria.

Unha vez presentadas as solicitudes poderán pasar a recoller os vales pola Secretaría do Centro ata o 2 de xullo.

Para máis información picar aquí.

Descargas de documentos:

Orde da convocatoria.

Impreso solicitude (Anexo I)

PUBLICACIÓN DE LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2014/15

 

Publicadas as Listaxes Definitivas de amisión de alumnado para o curso 2014-15.

Para máis información deben pasar pola Secretaría do centro.

As listaxes, que tamén se atopan expostas no taboleiro de anuncios do centro, son as seguintes:

O alumnado admitido debe pasar polo centro para a formalización da matrícula do 20 ao 30 de xuño.

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2014-15.

Están publicadas as Listaxes Provisionais de amisión de alumnado para o curso 2014-15.

Ábrese un prazo de reclamación de cinco días hábiles dende o venres 25 de abril (inclusive), de non estar dacordo coa puntuación obtida.

Para máis información deben pasar pola Secretaría do centro.

As listaxes, que tamén se atopan expostas no taboleiro de anuncios do centro, son as seguintes:

Admisión de alumnado para o curso 2014/15

 

A partires do vindeiro  1 de marzo  comeza o procedemento de admisión de alumnado para o curso escolar 2014/15.

Para obter máis información dirixirse á Secretaría do Centro.

 

CALENDARIO PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2014-15
Publicación vacantes  Antes do 1 de  marzo
Presentación solicitude de admisión Do 1 ao 20 de marzo
Presentación documentación xustificativa  Do 24 de  marzo ao 3 de abril
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos  Até o 25 de abril
Publicación das listaxes definitivas  Antes do 15 de maio
Formalización de matrícula en EI e EP  Do 20 ao 30 de xuño

 

Pódense consultar e/ou descargar os documentos relacionados nas ligazóns seguintes:

Cacharelos

Onte recibimos a visita dos Cacharelos.

Ao principio algún pasou un pouco de medo, sobre todo os  máis pequenos, pero pasámolo moi ben e aprendemos moito.

Moitas grazas a todos, e en especial a Miguel, o Cacharelo máis novo.

ENTROIDO 2014

XA CHEGOU O ENTROIDO!!!!!

Como cada ano por estas datas Don Manuel e Dona Xertrudis veñen pasar o Entroido con nós. Como sempre debemos estár atentos aos seus mandados diarios, que este ano terán unha pequena novidade: súmanse cada día cos dos días anteriores.

Atentos rapaces se non queredes acabar enfariñados!

O venres... TODOS DISFRAZADOS!!!!

 

LUNS 24: Algo orixinal na cabeza.

MARTES 25: Algo orixinal na cabeza e tamén... no pescozo.

MÉRCORES 26:Algo orixinal na cabeza, no pescozo, e tamén...na cintura.

 XOVES 27: Algo orixinal na cabeza, no pescozo, na cintura e... tamén nas pernas.

VENRES 28: TODOS DISFRAZADOS!!!!

 

Magosto

O venres celebramos o magosto con xogos, música, castañas, doces,...

E como xa ven sendo habitual cada magosto, celebramos o V CONCURSO DE DOCES ELABORADOS CON FROITOS DE OUTONO, co seguinte resultado:

 

1º PREMIO:

"Pedras do Deza", presentado por Roberto Agra de 6º E.P.

2º PREMIO E MELLOR PRESENTACIÓN:

"Chupa chups de mazá recubertos de chocolate e froitos secos", presentado por Lara González Moure de 6º de E.I.

3º PREMIO:

"Torta de queixo e castañas", de Federico e Alex García Insaurralde de 4º E.P e 4º de E.I.

Queremos agradecer a todos os pais e nais a súa participación e tamén aos alumnos/as de 6º a colaboración na organización.

Se queredes ver máis fotos picade na galería.

 

 

 

 

Distribuir contido