Datos de seguimento do proxecto ELISA

Saíu o primeiro número de ELISA conta, onde se poden ver os datos do seguimento do proxecto ELISA no que participa o noso centro.

 

Visita de Anxo Moure cos alumnos do IES Laxeiro

Recibimos de novo aos alumnos e alumnas de 3º da ESO do IES Laxeiro, pero...esta vez veñen moi ben acompañados. Escenificaron historias do Carballo con Botas, que fixeron as ledicias dos máis pequenos.

 

Sesión de contacontos cos alumnos e alumnas do IES Laxeiro

Alumnos e alumnas do IES Laxeiro levaron a cabo unha sesión de contacontos, no marco do proxecto Tunnel of Time. Estiveron encantados os nosos alumnos de Educación Infantil, que esperan ansiosos outra visita con máis actividades. Moitas grazas a eles e aos seus mestres.

 

Listaxes de libros de texto e material impreso para o curso 1017/18

Pódense consultar e descargar aquí as listaxes de libros de texto e  material impreso que deben mercar para os niveis de Educación Infantil e Primaria para o vindeiro curso 2017-2018. O resto de libros de texto para os niveis 3º, 4º, 5º e 6º de EP seranlles asignados do fondo solidario a todos aqueles que o teñan solicitado.

EDUCACIÓN INFANTIL


MODIFICACIÓN: ENGADIDO LIBRO DE RELIXIÓN EN EI 4 ANOS


 

4º (3 anos) 5º ( 4 anos) 6º ( 5 anos)

EDUCACIÓN PRIMARIA

 

 1º

3º 
 5º

Formalización de matrícula para o curso 2017/18

O prazo para formalizar a matrícula do alumnado que foi admitido non noso centro para o curso 2017/18 ábrese o día 20 de xuño ata o 30 deste mesmo mes. Pódese recoller e entregar a documentación na secretaría do centro.

Documentación:

Para os alumnos e alumnas de 4º de Educación Infantil:

Para os alumnos e alumnas de outros niveis non é preciso a enquisa lingüística nin as fotos.

Publicada a convocatoria de participación no fondo solidario, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2017/18.

O obxeto da Orde é convocar a participación no fondo solidario de libros de texto, axudas para adquisición de libros de texto e material escolar destinadas ao seguinte alumnado:

Fondo solidario: 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

Axudas para libros de texto: 1º e 2º de Educación Primaria e EE.

Material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º.

Só será preciso presentar unha única solicitude, incluíndo nela a todos/as fillos/as que estean escolarizados no centro.

Prazo de presentación da solicitude: ata o 23 de xuño de 2016.

Documentación:

 As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

     Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación en 31 de decembro de 2015, poderán acreditar o número de membros utilizando, entre outros, algún dos seguintes medios:

  1. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  2. Certificado ou volante de convivencia.
  3. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

 Artigo 24. 3.- Quedarán excluídas as solicitudes que non se puidesen validar por estar presentadas fóra de prazo, por falta de emenda das deficiencias da solicitude e/ou da documentación ou por falta da devolución dos libros de texto recibidos do fondo solidario adquiridos coas axudas no curso 2016/2017.

Para máis información dirixirse á secretaría do centro ou picar no seguinte enlace.

Documentos para descargar:

Letras Galegas 2017: excursión da ANPA

 

O día 17 de maio, as familias participaron na excursión que tódolos anos organiza a ANPA. Nesta edición visitamos o ecomuseo de Arxeriz (Escairón) coa guía de Sonia que nos amosou elementos típicos da casa tradicional: o lagar, a cociña... pero tamén a navegación fluvial e artes da pesca no Miño e Sil, así como as catas arqueolóxicas do castro onde desfrutamos da vista do cabo do mundo.

Despois de comer fomos ao embarcadeiro de Belesar onde o capitán Miguel e o guía Anxo explicáronnos con detalle tanto o entorno, o impacto da presa de Belesar, a viticultura, o arte románico... 

Acabamos o día cunha merenda en Chantada.

Agradecemos a tod@s que nos acompañarades e emplazámovos para a vindeira convocatoria.

Publicación de listaxes definitivas para a admisión de alumnado para o curso 2017/18

Publícanse as listaxes definitivas  para a admisión de alumnado para o curso 2017/18.

Para máis información poden dirixirse á secretaría do centro.

 

Os alumnos e alumnas que obtiveron praza deben pasar polo centro do 20 ao 30 de xuño para formalizar a matrícula.

Os alumnos e alumnas de 5º de EI visitaron unha granxa

Os alumnos e alumnas de 5º de EI visitaron hoxe unha granxa.

O noso agradecemento para os propietarios, pais dun alumno, que acolleron a toda a clase na súa casa.

 

Os demais saíron á alameda a merendar.

                                              .

Distribuir contido